Outeiro de Rei
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia de Lugo | ||||
| Capital | Outeiro de Rei | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.420 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 134,2 km² | ||||
| Altitude | 414 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | José Pardo Lombao | ||||
| Eleccións municipais en Outeiro de Rei | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 27150 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 27039 | ||||
| Sitio web | outeiroderei.gal | ||||
Outeiro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o INE en 2016 tiña 5.047 habitantes (4.695 no 2006, 4.645 no 2005, 4.528 no 2004, 4.428 no 2003).
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo Outeiro é o latín altarium, que é unha parte alta ou elevación do terreo.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Hai indicios no concello da existencia de poboación dende o paleolítico. Na zona de Silvarrei localizouse un bifaz de tipo Achelense. Da época megalítica (4.000-2.000 antes da era actual) hai gran número de mámoas localizadas no termo municipal como a Medorra da Pedra Dereita en Martul. Os enxovais encontrados nos monumentos funerarios consérvanse na actualidade en museos e coleccións privadas, e os gravados rupestres ou petróglifos nos seus montes, amosan a presenza dunha poboación bastante numerosa e activa.
As evidencias arqueolóxicas e os achados evidencia que a zona estivo continuamente habitado. Primeiro, pola poboación castrexa. Ningún dos castros foi escavado, Castro de Candai.
A ocupación romana chegou despois da fundación de Lugo deron o nome de Octodorum á zona pola que pasaba a vía romana XX, Braga-Astorga. A romanización chegou aos castros como o castro de Tourón ou o castelo do Picato. Construción de dúas vías que atravesaban o citado Outeiro de Rei así como a constitución dalgunha casa de campo agropecuaria ou "villae" na parroquia de Vilela u poboados sen fortificar "vici" como é o caso da actual Santa María de Cela, entón chamada Augas Celenas. En 1909 atopouse unha ara adicada ao deus Lucoubu en Sinoga (Santa Mariña), hoxe no Castelo de Santo Antón.
A época sueva supuxo a organización do territorio en condados, pasando ao denominado condado de Superata (Sobrada). A aldea de Astariz (Caboi) era Coto Real e tiña as súas propias autoridades.
No século XV co bispo lucense Odoario viviuse o máximo esplendor. Estaba organizado en dúas xurisdicións: Sobrada de Aguiar (señorío de Pedro Freire) e Outeiro de Rei (señorío do Conde de Lemos). Outeiro de Rei era privilexio de Isabel a Católica do 1501, converteuse no berce dalgunhas das principais liñaxes nobiliarias de Galiza, entre as que destacan os Gayoso, os Montenegro ou os Aguiar. Estes construíndo os castelos-fortalezas e rematada a inestabilidade medieval do século XVI, fixeron a transformación a civil da arquitectura militar, xurdindo os pazos e casas señoriais.
A proximidade á cidade de Lugo supuxo unha concentración de casas señoriais:
- Pazo de Mirapeixe (Santa Mariña), orixe dos Gayoso.
- Casa Forte de Outeiro de Rei, orixinaria do século XV da familia irlandesa O´Kelly e posteriormente dos Gayoso.
- Casa-torre da Barreira do 1575.
- Pazo de Guevara, de finais do século XVII dos Pardo-Rivadeneira.
En Outeiro de Rei hai vinte e sete igrexas e dez capelas, construídas a maior parte delas entre os séculos XVII e XVIII, así como un regato chamado o regato do Cepelo, que é moi querido polos veciños. Os templos de Francos, Martul e Robra son de orixe románica con modificacións posteriores mantendo pequenas construcións primitivas[3].
Poboación
[editar | editar a fonte]| Censo total 2016 | 5.047 habitantes |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 559 (11,08%) |
| Entre 15 e 64 anos | 3.201 (63.47 %) |
| Maiores de 65 anos | 1.283 (25,4 %) |

| Evolución da poboación de Outeiro de Rei Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 5.903 | 6.536 | 5.904 | 5.109 | 4.528 | 4.936 | 5.001 | 5.046 | 5.098 | 5.083 | 5.068 | 5.043 | 5.063 | 5.093 | 5.151 | 5.210 | ||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Economía
[editar | editar a fonte]- A poboación ocupada no sector servizos é maioría 48,47 %
- Sector secundario 30,17 %
- Sector primario, que segue a ter un peso relevante na economía municipal da emprego ao 21,3 %
As principais industrias do concello son:
- Na parroquia de Robra a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.L. ten instalada unha central eléctrica aproveitando o Salto do Piago.
- Zona Industrial de Outeiro de Rei, alí están as empresas: Coren, Norpresa, Polinox ou Ben Alonso.
- Na N-VI está Corporación Alimentaria Peñasanta e Alimentos Lácteos S.A.[4]
Parques zoolóxicos
[editar | editar a fonte]Neste municipio pódense atopar dous parques zoolóxicos: Marcelle Natureza e Avifauna.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Outeiro de Rei
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outeiro de Rei vexa: Lugares de Outeiro de Rei.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Outeiro de Rei.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 110, 280 e 322. ISBN 84-85170-20-2
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Historia. Concello de Outeiro de Rei". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2012. Consultado o 17 de setembro de 2012.
- ↑ "Situación económica do Concello". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Outeiro de Rei |
