Saltar ao contido

A Pontenova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Pontenova
 Nome oficial
A Pontenova (gl) dende 1984
Puente Nuevo-Villaodrid (es) dende 1963 ata 1984
Puente Nuevo (es) dende 1951 ata 1963
Villameá (es) ata 1951 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
3.358 (2001) rexistro civil
3.261 (2002) rexistro civil
3.125 (2004) rexistro civil
3.063 (2005) rexistro civil
3.016 (2006) rexistro civil
2.971 (2007) rexistro civil
2.918 (2008) rexistro civil
2.892 (2009) rexistro civil
2.785 (2010) rexistro civil
2.732 (2011) rexistro civil
2.673 (2012) rexistro civil
2.610 (2013) rexistro civil
2.534 (2014) rexistro civil
2.470 (2015) rexistro civil
2.402 (2016) rexistro civil
2.330 (2017) rexistro civil
2.283 (2018) rexistro civil
2.264 (2019) rexistro civil
2.201 (2020) rexistro civil
2.207 (2021) rexistro civil
2.191 (2022) rexistro civil
2.126 (2023) rexistro civil
2.124 (2024) rexistro civil
2.106 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   1.182 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   1.082 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   133,3 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   5 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal27720 Editar o valor en Wikidata
Código INE27048 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap340777 Editar o valor en Wikidata
VIAF316735016 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z4qgk Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 169962 Galiciana: 29433 BNE: XX461642
Wikidata G:Commons C:Commons

A Pontenova é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE) en 2015 tiña 2.470 habitantes (1.196 homes e 1.274 mulleres) (3.016 no 2006, 3.063 no 2005, 3.125 no 2004, 3.199 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontenovés»[1].

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo A Pontenova fai referencia a unha ponte sobre o río Eo, xa mencionada como tal en 1645.[2]

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación da Pontenova caracterízase por un forte envellecemento e unha escasa natalidade.

Censo total 2470 (2015)
Menores de 15 anos 168 (6,8 %)
Entre 15 e 64 anos 1.422 (57,57 %)
Maiores de 65 anos 880 (35,63 %)
Cantidade de poboaciónAno210024002700300033003600200020052010201520202025A PontenovaEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está atravesado polo río Eo na zona media-alta do seu percorrido, formando fermosos vales e paisaxes montañosas. O clima é de transición entre o propio da costa e o do interior da provincia de Lugo. Limita ó norte con Trabada, ó sur coa Fonsagrada e A Ribeira de Piquín, ó leste con Asturias e ó oeste con Riotorto. Polo concello pasa a estrada N-640, que vai de Lugo á Veiga.

Casa do concello.

O concello está na Terra de Miranda, feudo de estirpes de fidalgos. O nome alude á existencia doutra ponte antiga sobre o Eo, que comunicaba a vila coa outra beira do río, onde xa se explotaban xacementos mineiros desde épocas antigas.

Existen probas arqueolóxicas da súa poboación cara á idade de Pedra, e hai restos posteriores de poboados castrexos. Non existen moitos restos da época da antiga Roma. Porén, é posible que o trazado da actual estrada N-640 siga o da antiga calzada romana, que serviu de entrada a suevos e árabes.

Durante a idade Media a comarca estivo dominada polo monacato, que colonizou e repoboou as terras abandonadas polos sarracenos. Proba disto son os abundantes templos e construcións relixiosas que se conservan desta época, como o mosteiro de Meira, construído no século XII pola orde do Císter. A titularidade laica tamén tivo posesións dentro do termo municipal.

Os señoríos laico e eclesiástico repartíanse a posesión das terras da Pontenova, aínda que foi a igrexa quen acadou un maior patrimonio, mercede as doazóns que recibía da realeza e do pobo, para remisión dos seus pecados. A partir do século XII comezou a aparecer na documentación referencias sobre a "Vila de Goios" entre as propiedades do mosteiro de Meira, antecedente da actual A Pontenova.

Declinado o poder eclesiástico, as terras desta comarca pertenceron a varias casas nobres, como os Pardo de Cela, os Osorio, os Losada e os Miranda.

Houbo dous fenómenos sociais que afectaron ás terras de Miranda. Un foi a fundación no século XVIII da gran fábrica de Sargadelos, no concello de Cervo, de onde saíron os ladrillos que serviron para construír os fornos das minas de Viloudriz. Xa no século XIX, iniciouse a explotación dos xacementos de limonita por parte dunha sociedade vasca, explotación que continuou ata a guerra civil española. A importancia desta actividade provocou a comezos de século a construción dun ferrocarril mineiro entre Viloudriz e Ribadeo para transportar o mineral cara ó porto de Ribadeo.

Ata 1845 o termo estaba dividido en tres concellos: Conforto, Miranda e Vilameá. Nese ano Miranda e Conforto uníronse no de Viloudriz. En 1950 o concello de Vilameá mudou o seu nome polo oficial de Puente Nuevo, e en 1963 fusionouse co de Viloudriz, chamándose ata 1979 Puente Nuevo-Villaodrid. O 9 de xuño dese ano pasou a chamarse oficialmente A Pontenova.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares da Pontenova

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pontenova vexa: Lugares da Pontenova

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pontenova

Bogo (San Pedro) | Conforto (Santa María) | A Pontenova (Sagrado Corazón) | Rececende (San Xoán) | Santo Estevo de Rececende (Santo Estevo) | Vilaboa (San Xulián) | Vilameá (San Vicente) | Vilarmide (San Salvador) | Viloudriz (Santiago) | Vilouruz (San Martiño) | Xudán (Santa María Madanela)

  1. ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os Xentilicios de Galicia. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7.
  2. ↑ Marqués Valea, Xulia (2021). Toponimia da Pontenova. A Coruña: Real Academia Galega. p. 71-74. ISBN 978-84-17807-10-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.