Entrimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°56′N 8°7′W / 41.933°N 8.117°W / 41.933; -8.117

Entrimo
Escudo de Entrimo
Iglesia de entrimo.JPG

Situacion Entrimo.PNG
Situación
Xentilicio[1] entrimeño (non oficial)
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca da Baixa Limia
Poboación 1.323 hab. (2014)
Área 85,4 km²
Densidade 15,49 hab./km²
Entidades de poboación 5 parroquias
Política (2011)
Alcalde Ramón Alonso López
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 6
Outros: -
Eleccións municipais en Entrimo
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 79,57%
Na rede
http://www.concelloentrimo.es/

Entrimo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Baixa Limia. En 2014 tiña 1.323 habitantes, segundo o padrón municipal (1.386 en 2003).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 85,43 km², abrangue 5 parroquias e 18 lugares. Limita ao norte con Melgaço (Portugal), ao nordeste con Lobeira, ao sueste con de Lobios a través do río Limia (encoro de Lindoso no sur), e ao oeste con Arcos de Valdevez a través do río Barcia e con Castro Laboreiro (Melgaço).

É un concello de orografía montañosa, cunha altitude media de 511,40 m sobre o nivel do mar. Ao oeste do concello están as serras do Quinxo, e ao leste a serra de Queguas (extremo Oriental).

Historia[editar | editar a fonte]

Na zona hai restos de asentamentos humanos desde a época do megalitismo, como as mámoas de San Fiz. Da época castrexa son os castros do Monte do Quinxo, a Pía da Moura e o Penedo das Serpes. Antes da romanización de Galicia, a zona estaba habitada polos quarquernos.

A toponimia dos montes Lumiares e Penedo da Facha parece indicar lugares onde se facían fogueiras de sinais.

O topónimo Entrimo aparece como Interimi nun documento de concordia do 6 de xaneiro de 1149, entre o bispo Martiño de Ourense e o abade Paio de Celanova. O mosteiro de Celanova exerceu dominio xurisdicional sobre varias aldeas durante bastante tempo. O abade era copartícipe do Rei, e nomeaba xuíces ordinarios e cobraba as rendas.

O 15 de xaneiro de 1368 a zona a zona foi doada xunto coas de Lobeira, Araúxo e Abelenda por Henrique II a Xoán Rodríguez de Biedma, principal secuaz dos Trastámara. A doazón foi feita antes de que Henrique tivese a coroa nin dominio de Galicia. Posteriormente, a herdanza dos Biedma pasou a mans do Condado de Monterrei. Con todo os Trastámara cederon a xurisdición de Entrimo a Diego Pérez Sarmiento, conde de Santa Marta, pasando despois ao condado de Ribadavia.

En marzo de 1608 o rei Filipe III eximiu a Entrimo de cargas militares polo estado constante de alarma debido á situación na fronteira con Portugal. A zona sufriu incursións, requisas de gando e colleitas e queima de arquivos. Esta exención foi confirmada o 30 de xullo de 1643 por Filipe IV.

En 1909 apareceu en Entrimo o periódico Picaraño, subtitulado Periódico Republicano Radical Revolucionario.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1.323 (2014)
Menores de 15 anos 70 (5,29 %)
Entre 15 e 64 anos 719 (54,35 %)
Maiores de 65 anos 534 (40,36 %)

Evolución da poboación de Entrimo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
3.389 3.602 3.257 2.777 1.370 1.367 1.398 1.391 {{{9}}} {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de Santa María a Real.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Entrimo.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Entrimo

Entrimo (Santa María a Real) | Galez (San Fiz) | A Illa (San Lourenzo) | A Pereira (San Facundo) | Venceáns (San Tomé)

Lugares de Entrimo[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Entrimo vexa: Lugares de Entrimo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. «Evolución do uso do galego por concellos». Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Entrimo Modificar a ligazón no Wikidata