Vilanova de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°33′43.40″N 08°49′36″O / 42.5620556, -8.82667

Vilanova de Arousa
Escudo de Vilanova de Arousa
Ayuntamiento 001. Villanueva de Arosa.jpg
Casa do concello.
Situacion Vilanova de Arousa.PNG
Situación
Xentilicio[1]vilanovés - arousán
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación10.240 hab. (2022)[2][3]
Área33,7 km²[3]
Densidade303,86 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeGonzalo Durán (PPdeG[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 5
Outros: Gañemos Vilanova de Arousa 1
Eleccións municipais en Vilanova de Arousa
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes57,05%
Na rede
http://www.vilanovadearousa.com (en castelán)
editar datos en Wikidata ]

Vilanova de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 10.406 habitantes, dos que 5.304 eran mulleres e 5.102 eran homes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilanovés» ou «arousán».

Poboación[editar | editar a fonte]

Fonte: Instituto Nacional de Estadística 1857-2011

Evolución da poboación de Vilanova de Arousa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
6.817 8.614 11.277 15.282 10.421 10.719 10.614 10.590 10.502 10.459 10.422 10.406 10.352 {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Estatua de Julio Camba.

Atópanse restos paleolíticos na praia das Sinas e achados da Idade de Bronce en Tremoedo e Baión. Ademais hai restos castrexos en Baión, existen referencias escritas ao chamado Castro Lupus, que se cre que estaba no monte Lobeira, e hai unha ponte romana coñecida como a "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas. Consérvase tamén un pequeno tesouro de 717 moedas atopado en Tremoedo.

A fundación de Vilanova de Arousa data do século VII, cando foi construído o mosteiro de Calogo, do que aínda se conserva a torre do campanario. A vila foi queimada polas incursións normandas da Idade Media, que cobizaban os tesouros da Catedral de Santiago de Compostela.

No século VI, durante a expansión do cristianismo nestas terras, estableceuse unha organización baseada na división en parroquias. Estas son, dentro de Vilanova de Arousa, as de András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova. A fundación do mosteiro de Calogo en Vilanova de Arousa, atribuída a San Froitoso no século VII, e a presenza do Castelo de Lobeira, son unha proba da expansión do cristianismo e da necesidade de defender Compostela das incursións estranxeiras, especialmente dos normandos, e de resgardar unhas terras de importancia económica pola explotación mariña e a produción de sal.

Xa entrado o século XII, as posesións da mitra compostelá aumentan, achándose entre elas as igrexas de Baión, Santa María de Caleiro co seu casarío e parte de Deiro.

Entre as torres e pazos de Vilanova de Arousa cómpre citar os sitos en Baión (pazos de Fontán e do Cabido) e na vila (torre de Calago, pazo do marqués de Bolaños -convertido en fábrica de salgadura- e pazo do Cuadrante -casa natal de Ramón María del Valle-Inclán e hoxe en día casa museo). Da fortaleza da rúa Nova, en András, do século XIV, apenas fica unha torre e o pazo construído máis tarde nas súas terras. A orixe deste pazo remóntase ó 1738 e foi levantado por Miguel Inclán Santos, de familia vilanovesa de tradición mariñeira, tras regresar enriquecido de América, e cuxa continuidade asegurou no 1751 coa fundación dun vínculo e morgado que lle transferiu á súa irmá, Antonia de Inclán, casada con Pablo del Valle.

No ano 1996 o concello da Illa de Arousa escindiuse do de Vilanova de Arousa, pasando a ter a Illa 15.198 habitantes e Vilanova 10.431.

Recursos[editar | editar a fonte]

Vilanova ten un litoral costeiro de 20 km e atópase fronte á Illa de Arousa. En canto á importancia de Vilanova como porto pesqueiro, no século XVI abastecía de peixe a Castela e as súas ostras escabechadas eran moi estimadas [Cómpre referencia]. A chegada de cataláns con novas técnicas de aproveitamento dos recursos marítimos orixinou a creación de fábricas de salgado que foron as precursoras das industrias conserveiras actuais, numerosas en toda a comarca e importante fonte de riqueza.

Vilanova de Arousa pertence ó val do Salnés, de cuxa riqueza agrícola dan fe numerosas crónicas dende a Idade Media. Vilanova forma parte do territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas, viño que é producido por numerosas adegas no concello. Destaca pola súa extensión o Pazo Baión.

Cultura[editar | editar a fonte]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

  • Casa natal de Valle-Inclán, do século XVI, declarada Monumento Histórico-Artístico.
  • Casa natal dos irmáns Camba, Julio e Francisco, en Vilamaior.
  • Pazo da rúa Nova en András.
  • Torre de Miranda, en Caleiro.
  • Igrexa de Santa María de Caleiro, de orixe románica e que conserva elementos da fábrica medieval (ábsida, canzorros...).

Vilanova na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Aí vén o maio/ polo pico de Lobeira,/ vén a patadas/ ca filla da Oleira [8].
  • As mozas de Vilanova/ dicen que non beben viño/ e debaixo do mantelo/ levan o xarro escondido [9].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilanova de Arousa

András (San Lourenzo) | Baión (San Xoán) | Caleiro (Santa María) | Deiro (San Miguel) | Tremoedo (Santo Estevo) | Vilanova de Arousa (San Cibrán)

Lugares de Vilanova de Arousa[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilanova de Arousa vexa: Lugares de Vilanova de Arousa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Vilanova de Arousa".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 05 de xuño de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vilanova de Arousa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. O Monte Lobeira está situado na parroquia de András. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177. No texto: Ahí, ven, pol-o.
  9. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]