Saltar ao contido

Toén

Modelo:Xeografía políticaToén
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°18′53″N 7°57′14″O / 42.314722222222, -7.9538888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalToén Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.378 (2023) Editar o valor en Wikidata (40,79 hab./km²)
Xeografía
Superficie58,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude356 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRicardo González Gómez (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Toén Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32930 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32081 Editar o valor en Wikidata

Sitio webtoen.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: 100080037327942 Twitter: turismotoen Editar o valor en Wikidata

Toén é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. Segundo o IGE no ano 2015 tiña 2.426 habitantes (2.521 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «toenés».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está constituído por 41 núcleos de poboación agrupados en oito parroquias. Limita cos concellos de Barbadás polo leste, con Ourense ao norte (separados polo río Miño), con Cartelle ao sur, e con Castrelo de Miño ao sur.

As zonas de maior altitude sitúanse nas franxas sur e leste, pero sen cumios moi elevados, de pouco máis de 600 metros. As terras do norte, oeste e centro forman o extenso val do río Miño. Este río está embalsado no encoro de Castrelo de Miño, onde recibe as augas do rego de Puga, rego de Xestosa e o rego de Fragoso.

Hai un gran contraste nas temperaturas, baixas en inverno e altas en verán, con néboas persistentes e chuvias escasas (uns 800 mm).

Os produtos máis abundantes son a vide no val e a pataca e o centeo no interior, pero a maior parte das terras están marcadas pola masa forestal, sobre todo por matos. O sector agrario en Toén xira fundamentalmente en torno á produción vinícola, cun 53% da superficie total cultivada. As parroquias de Alongos, Puga e Feá pertencen á Denominación de Orixe O Ribeiro, sendo unha das zonas de maior produción de caldos autóctonos.

En relación coas actividades industriais destaca a existencia de varias canteiras de pedra de moita importancia no terzo norte do concello, en torno aos núcleos de Mugares, Puga e Feá.

A estrada secundaria OU-342 comunica a cidade de Ourense co concello entrando pola parroquia de Mugares, mentres que a OU-317 o fai polas Airas. Dende a autovía A-52, tomando a saída de Cortegada, pódese coller cara a Feá á dereita, Alongos á esquerda ou Toén de fronte.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2.426 (2015)
Menores de 15 anos 200 (8.24 %)
Entre 15 e 64 anos 1.422 (58.62 %)
Maiores de 65 anos 804 (33.14 %)

A poboación municipal sufriu grandes cambios durante o século XX. En 1900 Toén contaba con 3.881 habitantes, alcanzando o seu máximo de poboación en 1950 (4.369). A proximidade coa capital da provincia freou en certa medida unha emigración masiva como ocorreu noutros concellos. Porén, este feito non impediu un descenso paulatino da poboación desde 1950 até a actualidade.

Evolución da poboación de Toén   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.881 3.875 4.369 3.474 2.573 2.635 2.605 2.567 2.527 2.511
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Atopáronse restos do paleolítico na Piteira e O Loureiro (Moreiras).[1]

Da época castrexa queda o castro de Trelle, situado a uns 600 m de altitude, na parroquia de Trelle. Desde el divísanse os vales do Miño e do río Arnoia. É un castro de dous recintos en forma de dúas terrazas ovaladas, superpostas e concéntricas cinguidas polos seus respectivos terrapléns. O castro de Louredo está entre as parroquias de Mugares e Alongos (Freixendo), no límite co concello de Barbadás, emprazado no monte de Louredo (437 m). Nel acháronse numerosos útiles de pedra paleolíticos e neolíticos. Posteriormente foi un asentamento estratéxico na época castrexa, quizais formando parte doutros que controlaban o curso do Miño pertencentes á tribo dos "Coelerni" cuxa capital era Castromao, Celanova (Celanova). Descubriuse abundante cerámica indíxena e romana decorada na zona, así como dúas aras romanas (a Xúpiter e outra a Diana) conservadas no Museo Arqueolóxico de Ourense.

Consérvase dous documentos en lingua galega asinados polo cura e notario de Xestosa Pedro Martínez a mediados do século XIII: un de compra-venda do 3 de marzo de 1259[2], e outro de venda do 30 de marzo de 1260.[3]

A través da documentación medieval do tombo do mosteiro de Celanova sábese da existencia do mosteiro de Santa Uxía, cara ao Porto dos Abades, e do mosteiro de San Vicente, fundado como mosteiro particular polo converso Esgas e doado polo seu pai Fafila a san Rosendo no ano 952 xunto con varios lugares como Mugares e diversas terras. Existiu tamén un castelo en Louredo, doado polo rei ó bispo Martiño de Ourense. No Pozo Meimón foi asasinado o bispo de Ourense no século XV por Lope de Alongos e uns criados seus a instancias duns nobres (entre eles os Puga) dentro do contexto das guerras civís nobiliarias de finais do XV.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de Santa María de Mugares.
  • Capela de San Xoan de Fondón: Unha nave de planta rectangular. Muros de cadeirado granítico. Sinxela fachada con dous ocos rectangulares flanqueando a porta alintelada e unha soa espadana con arco de medio punto. Nos arredores da capela é costume que os veciños celebren as festividades en honor de San Xoán.
  • Pazo do Olivar: Atópase na parroquia de Puga e é un dos máis característicos da provincia.
  • Hospital Psiquiátrico de Toén: Foi inaugurado en 1959. Nel tiveron gran protagonismo os profesionais que traballaron no mesmo agrupados en torno á figura e a obra de Manuel Cabaleiro Goás. Aquí pasou algúns veráns a popular psicóloga ourensá Elena Ochoa iniciándose no mundo da psicoloxía aproveitando que Manuel Cabaleiro era amigo dos seus pais.

Festividades

[editar | editar a fonte]
  • Festa de San Xoán (24 de xuño) en Fondón e Gradeira; popular romaría celebrada na alameda que existe ao redor da capela de san Xoán en Fondón.
  • Festa da Nosa Señora do Perpetuo Socorro, na segunda fin de semana de setembro, na Eirexa de Puga, na Parroquia de San Mamede de Puga.
  • Festa de San Pedro (29 de xuño) en Moreiras.
  • Festa da Nosa Señora dos Anxos (2 de agosto) en Trelle.
  • Festa de San Roque, do 16 ao 19 de agosto en Alongos.
  • Festa de Santo Antón, 6 e 7 de setembro en Toén.
  • Festa dos Remedios, 8 e 9 de setembro en Feá.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Toén.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Toén

Alongos (San Martiño) | Feá (Santa María) | Moreiras (San Pedro) | Mugares (Santa María) | Puga (San Mamede) | Toén (Santa María) | Trelle (Nosa Señora dos Anxos) | Xestosa (Santa María)

Lugares de Toén

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Toén vexa: Lugares de Toén.

  1. "Colección da prehistoria". Museo Arqueolóxico de Ourense. 
  2. Boullón, A.; Monteagudo, H. (2009). De verbo a verbo. Documentos en galego anteriores a 1260. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 133-134. ISBN 978-84-9887-266-8. 
  3. Amigos do Patrimonio de Toén. "O primeiro documento redactado en galego do concello de Toén foi feito en Xestosa o 30 de marzo de 1260". Twitter. Consultado o 2021-12-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]