Cervantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°52′22″N 07°03′44″W / 42.87278°N 7.06222°W / 42.87278; -7.06222

Cervantes
Escudo de Cervantes
Concello Cervantes.jpg

Casa consistorial
Situacion Cervantes.PNG
Situación
Xentilicio[1] cervantego
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca dos Ancares
Poboación 1.528 hab. (2014)
Área 277,6 km²
Densidade 5,5 hab./km²
Entidades de poboación 21 parroquias
Capital do concello San Román
Política (2015)
Alcalde Benigno Gómez Tadín
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Cervantes
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 93,59%
Na rede
concellocervantes.es

Cervantes é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE no 2014 tiña 1.528 habitantes (1.844 no 2007, 1.914 no 2006, 1.973 no 2005, 2.031 no 2004, 2.080 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervantego».

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo Total 1.528 (2014)
Menores de 15 anos 69 (4,52%)
Entre 15 e 64 anos 837 (54,78%)
Maiores de 65 anos 622 (40,7%)

Evolución da poboación de Cervantes   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
7.181 7.245 7.952 3.218 2.031 {{{6}}} {{{7}}} {{{8}}} {{{9}}} {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello ten unha superficie de 276 km². Está enmarcado no leste da provincia de Lugo, xa lindando con Asturias. Os seus cumios máis importantes son O Mustallar (1.924 m), Pico Penalonga (1.890 m), Pico Lagos (1.876 m), Pico Corno Maldito (1.848 m), Pico dos Charcos (1.847 m) e Pico Pena Rubia (1.821 m).

Está atravesado polos ríos Navia, Ser, Quindous, Cancelada, Cervantes, Barcia, Cabana, Castro, Cales, Cereixedo, Covas, Pontorrón, Ribón, Vilarello e Vilaver.

Historia[editar | editar a fonte]

O topónimo Cervantes fai referencia a que a zona é terra de cervos.

Castelo de Doiras.

Os primeiros asentamentos no concello de Cervantes son de orixe prerromana. Da cultura castrexa consérvanse o castro de Santa María de Cervantes. Desa mesma época proceden as pallozas típicas dos Ancares, existentes aínda en aldeas coma Piornedo.

Durante a Idade Media as terras pertenceron a diferentes nobres, coma o marqués de San Sadurniño (que residiron até finais do século XIX no castelo de Quindós), ou o señor de Cervantes, conde de Villanueva de Cañedo e marqués de Alcañices, que exerceu xurisdición na zona desde o castelo de Doiras. A actual demarcación do concello chegou a estar dividida entre dous señoríos: o de San Miguel dos Agros e o dos condes de Grajal.

Sobre a orixe do escritor Miguel de Cervantes, tense falado da súa descendencia da liñaxe dos Cervantes. O cardeal das Indias Españolas, Álvaro Mendoza Caamaño y Sotomayor, era natural do Pando de Donís, e mandou construír en Lama de Rei un suntuoso pazo.

Durante a Guerra de Independencia as tropas napoleónicas, chegadas polo Camiño Real de Castela atoparon confrontación por parte das alarmas populares, que amparados pola orografía comarcal causaron varias baixas no exército invasor.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O patrimonio arquitectónico máis coñecido do concello son as pallozas, conservadas en Piornedo, Donís, Robledo, Pozo, Pando, Sevane e Vilarello. Outras construcións populares son os frecuentes hórreos e pombais.

O castelo de Doiras é un dos mellores conservados de Galiza. A torre de Donís sinala a supervivencia señorial dun pobo de pastores, habitantes das pallozas. A fortaleza de Ferreira pertenceu aos dominios de Pedro Osorio Manrique.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Cervantes.

Lugares de Cervantes[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cervantes vexa: Lugares de Cervantes.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervantes

Ambasvías (Santalla) | Castelo (San Pedro) | O Castro (Santa María) | Cereixedo (Santiago) | Donís (San Fiz) | Dorna (Santa María) | Lamas (San Xiao) | O Mosteiro (San Xoán) | Noceda (San Pedro) | O Pando (Santa María) | Quindous (San Xusto) | A Ribeira (San Martín) | San Pedro de Cervantes (San Pedro) | San Román de Cervantes (San Román) | San Tomé de Cancelada (San Tomé) | Vilapún (Santa Comba) | Vilaquinte (San Breixo) | Vilarello (Santa María) | Vilasante (Santiago) | Vilaspasantes (San Xoán) | Vilaver (San Xusto)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. «Evolución do uso do galego por concellos». Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cervantes

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]