A Pobra de Trives
Coordenadas: 42°20′22″N 07°15′11″O / 42.33944, -7.25306
A Pobra de Trives | |
---|---|
![]() | |
![]() Casa do Concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | trivés / trivesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Terra de Trives |
Poboación | 2.014 hab. (2020)[2][3] |
Área | 84,2 km²[3] |
Densidade | 23,92 hab./km² |
Entidades de poboación | 19 parroquias[4] |
Capital do concello | A Pobra de Trives |
Política (2019[5]) | |
Alcaldesa | Patricia Domínguez Barja (PSdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 4 Outros: Son de Trives-En Marea 2 |
Eleccións municipais na Pobra de Trives | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 59,67% |
Na rede | |
http://www.apobradetrives.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 2.067 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense» ou «trivés».
Demografía[editar | editar a fonte]
Censo total | 2.067 (2019) |
---|---|
Menores de 15 anos | 153 (7.40 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.147 (55.49 %) |
Maiores de 65 anos | 767 (37.11 %) |

Evolución da poboación da Pobra de Trives Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
5 541 | 5 446 | 5 713 | 5 305 | 2 721 | 2 664 | 2456 | 2388 | 2319 | 2280 | 2245 | 2191 | 2150 | 2118 | {{{15}}} | {{{16}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía[editar | editar a fonte]
A Pobra de Trives sitúase nas estribacións occidentais da Serra de Queixa, que superan os 1 500 m (Cabeza dos Bois, 1 707 m e As Chairas de Maceda, 1 685 m), no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. O terreo baixa cara o oeste e as ribeiras do río Bibei, formando vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.
O Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na Serra da Segundeira, a 1 840 m. de altitude e constitúe case todo o límite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e os San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, que rematan en cascadas.
Nas partes altas predomina un clima de montaña e nos vales é case mediterráneo. Os invernos son duros e longos (9 °C) e os veráns mornos (15 °C en xullo). As precipitacións aumentan coa altura e van dos 874 mm do fondo do val aos case 2 000 mm das montañas.
Historia[editar | editar a fonte]
Hai restos de castros, a maioría romanizados, como A Cividá, O Castro, O Castelo ou As Cigadoñas. Os poboadores eran os tiburos, cuxa capital se chamaba Nemetóbriga e que pode corresponder a Trives Vello, Ponte Navea ou Mendoia.
A Vía XVIII do Itinerario de Antonino, coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia, e saía pola ponte do Bibei.
A comezos da Idade Media, a maioría das terras pertencían ao conde de Lemos. Nesa altura, construíronse varios eremitorios e cenobios, como o de Cirragosa, en Cova.
Economía[editar | editar a fonte]
O concello dedícase ao comercio e ao turismo. Neste ámbito é de salientar o complexo hoteleiro de Cabeza Grande de Manzaneda e a súa estación invernal. Abundan os hoteis e hai un cámping. Entre os cultivos destaca o castiñeiro.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes da Pobra de Trives.
Pazo do Marqués na Pobra de Trives.
Igrexa do Santo Cristo na Pobra de Trives.
Vista da parroquia da Encomenda desde o cumio da Escrita.
Igrexa e torre de campás da parroquia de Sobrado de Trives.
Sequeiros na Pena Folenche.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares da Pobra de Trives[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pobra de Trives vexa: Lugares da Pobra de Trives.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "A Pobra de Trives".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ "Patricia Domínguez Barja, a nova alcaldesa da Pobra de Trives". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Pobra de Trives ![]() |