Francisco José Fernández Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1959 (65 anos) Louredo, España |
Alcalde de Leiro | |
1995 – | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Leiro |
Ocupación | farmacéutico, político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Francisco José Fernández Pérez, nado en Louredo (Cortegada) o 12 de xullo de 1959, é un farmacéutico e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Farmacéutico, é titular da oficina de farmacia de Leiro dende 1982. Nas eleccións municipais de 1991 foi elixido concelleiro de Leiro polo Partido Popular de Galicia. Nas municipais de 1995 presentouse á alcaldía encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións (1999, 2003, 2007, 2011) sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial (1999-2003 e 2009-2011) e Presidente da Mancomunidade de concellos do Ribeiro dende 2009. Tamén é Presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense (2010-2011).
Nas eleccións xerais de 2011, 2015, 2016 e abril de 2019, presentouse nas listas do Partido Popular ao Senado pola provincia de Ourense e saíu elixido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Francisco José Fernández Pérez: ‘La consigna política era el derribo de la Mancomunidad porque funcionaba bien’" La Región, 6/5/2009 (en castelán).
- Ficha no Senado
Predecesor: Abelardo Reinoso Riande |
Alcalde de Leiro 1995 - actualidade |
Sucesor: no cargo |