Concello de Cesuras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concello de Cesuras
Escudo de Concello de Cesuras
Antiga casa consistorial.
Situación
Xentilicio[1]cesurán
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación2131 hab. (2013)[2][3]
Área79,7 km²[3]
Densidade26,74 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias[4]
Capital do concelloO Forte, Bragade
Política (2013)
AlcaldeJulián Lucas Ramírez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Cesuras
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes66,99%
Na rede
www.cesuras.es
editar datos en Wikidata ]

Cesuras foi un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. O 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión do concello co de Oza dos Ríos polo que se creou o concello de Oza-Cesuras.[6]

Segundo o IGE en 2013 tiña 2131 habitantes (2174 no 2012, 2225 no 2011, 2209 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cesurán».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

O concello tiña 79,46 km², repartidos en trece parroquias. Limitaba ao norte co Concello de Oza dos Ríos, ao sur con Mesía, ao leste, con Curtis e ao oeste con Abegondo.

Orografía[editar | editar a fonte]

Estaba formado fundamentalmente por terras de montaña, aínda que contaba tamén con outeiros e chans fértiles cun clima morno e de boa ventilación. Os cumios máis importantes eran os montes de Seixas, San Gregorio, Alto da Espenuca, Montouro, Montevello e o Pico de Medela. Entre os seus vales, destacaba o de Filgueira de Barranca.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Fervenza do Mendo.

O Mero, que nace na Tieira (Borrifáns) e vai cara ao sur, servía de límite natural polo oeste con Abegondo.

O río Mendo nace nas proximidades da Illana (Curtis), percorrendo o concello polas parroquias de Filgueira de Barranca, Bragade e Trasanquelos, indo cara a Oza dos Ríos. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía (antigo salto de corrente eléctrica), o muíño de Delgado (abandonado), e en Trasanquelos, no cruzamento da estrada a Curtis, o muíño de Buxía.

O río Corbeiro, afluente do Mero, nace en Dordaño (Os Leiros e Castelo). O río de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Concello de Cesuras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4989 5572 6408 3740 2463 2219 2225 2174 2131 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Conserva Cesuras castros que falan de vellos asentamentos, se ben a súa historia comeza a singularizarse a partir da época cristiá, ó estar rodeadas estas terras de importantes mosteiros coma o de Sobrado dos Monxes ou San Salvador de Cinés, que exercen xurisdición sobre elas. Logo dos mosteiro virá o tempo dos señorios, Andrade e Traba repartirán este territorio.

En febreiro de 1809, a xente das parroquias de Carres, Cesuras, Mandaio, Trasanquelos,Loureda e Dordaño, movida polos párrocos, fai desaparecer dous escuadróns do tren de artilleria do sexto corpo do exército francés que ocupaba Galiza baixo o mando do mariscal Ney. Os soldados son soterrados nun piñeiral e o equipamento enviado ó marqués da romana que organizaba exército en Portugal. Só se salvou un cabo que dá conta do feito, provocando a represión sobre os homes e as mulleres das aldeas.[7][8]

Esta foi terra de acción da IV agrupación do exército guerrilleiro de Galiza, até a súa desaparición en 1947.

Fusión con Oza dos Ríos[editar | editar a fonte]

En marzo de 2012 iniciou un proceso de fusión xunto ao veciño concello de Oza dos Ríos[9].

O 11 de xaneiro de 2013 o Concello de Cesuras aprobou en pleno da corporación municipal a súa fusión co Concello de Oza dos Ríos[10]. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos polo que se creou o concello de Oza-Cesuras.[6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias do antigo concello[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cesuras

Borrifáns (San Pedro) | Bragade (San Mamede) | Carres (San Vicenzo) | Cutián (Santa María) | Dordaño (Santa María) | Figueredo (Santa María) | Filgueira de Barranca (San Pedro) | Filgueira de Traba (San Miguel) | Loureda (Santo Estevo) | Mandaio (San Xiao) | Paderne (Santiago) | Probaos (Santaia) | Trasanquelos (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Concello de Cesuras".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. 6,0 6,1 DECRETO 83/2013, do 6 de xuño, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Oza dos Ríos e Cesuras e se constitúe o municipio de Oza-Cesuras., DOG, 7 de xuño de 2013.
  7. Juan José Bande (2014). Gentes, sucesos, contiendas (en castelán). 
  8. López Morillo, Adriano (1910). "Sobre la desaparición de dos escuadrones del tren de artillería del ejército francés, en la provincia de Betanzos, los cuales pertenecían al 6.º Cuerpo del mando del Duque de Elchingen" Arquivado 25 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Boletín de la Real Academia Gallega 39.
  9. "Oza y Cesuras abren la espita de las fusiones entre ayuntamientos", artigo en La Voz de Galicia, 14 de marzo de 2012 (en castelán).
  10. "El PP aprueba en solitario la fusión definitiva de los concellos de Oza y Cesuras", artigo en La Voz de Galicia, 11 de xaneiro de 2013 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]