Tomiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°59′46″N 08°43′53″O / 41.99611, -8.73139

Tomiño
Escudo de Tomiño
Casa do Concello de Tomiño.JPG
Casa do concello.
Situacion Tomiño.PNG
Situación
Xentilicio[1] tomiñés, -esa
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca do Baixo Miño
Poboación 13.548 hab. (2016)
Área 106,6 km²
Densidade 127,09 hab./km²
Entidades de poboación 15 parroquias
Capital do concello O Seixo
Política (2015)
Alcaldesa Sandra González
Concelleiros BNG: 10
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 1
Outros: Centristas de Tomiño: 2
Eleccións municipais en Tomiño
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 51,93%
Na rede
http://concellotomino.com
alcaldia@concellotomino.com

Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 13 548 habitantes (6813 homes e 6735 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tomiñés.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total (2014) 13 707 habitantes
Menores de 15 anos 1 980 (14,44 %)
Entre 15 e 64 anos 9055 (66,06 %)
Maiores de 65 anos 2672 (19,49 %)
Evolución da poboación de Tomiño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
10 186 10 201 9817 10 603 11 776 13 315 13 604 13 738 13 740 13 707 13 662 13 548
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 106,6 km², e sitúase no antigo territorio de Turonio. A súa densidade de poboación é de 124,91 hab./km².

O municipio, limitado por montañas, forma parte do val do Miño e fai fronteira con Portugal. De forma natural, encóntrase enmarcado pola serra do Argallo ó oeste, que o separa do municipio do Rosal e de Oia; ó norte, a prolongación dos montes de A Groba e do Galiñeiro, limítao dos municipios de Baiona e Gondomar; ó leste continúan as estribacións desta serra, que vai perdendo altitude a medida que se vai acercando as terrazas fluviais do Miño, relevo que o separa do municipio de Tui; e ó sur, separado tamén polo río Miño, limita con Portugal.

O concello está conectado a través da estrada PO-552 (Tui - A Guarda) coa autoestrada do Atlántico.[3]

Clima[editar | editar a fonte]

O concello ten temperaturas medias suaves, con precipitacións abondosas (1 500 mm anuais) e veráns secos.

Eleccións municipais[editar | editar a fonte]

En 1936, logo do Alzamento Nacional, foi detido o alcalde Manuel Vicente Alonso. Foi condenado a morte, mais conmutóuselle a pena por cadea perpetua.

Desde o ano 2007 a alcaldesa do concello é Sandra González Álvarez, quen substituíu no cargo a José Luis Fernández Lorenzo (1983-2007).

Economía[editar | editar a fonte]

É salientábel a agricultura tradicional e de novos cultivos (flor e kiwi), pesca fluvial (lamprea e meixón).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Centros educativos[editar | editar a fonte]

  • IES de Tomiño.
  • CEIP Pintor Antonio Fernández.
  • CEIP de Sobrada.
  • CEP Pedro Caselles Beltrán.
  • CRA Mestre Manuel Garcés.
  • CEIP de Tebra.
  • CEIP de Barrantes.

Deportes[editar | editar a fonte]

Tomiño na cultura popular[editar | editar a fonte]

Na parroquia de Figueiró levántase o Santuario de San Campio de Lonxe (ou San Campio do Monte), ó que van as persoas que sospeitan padecer un mal de ollo. Para expulsar o meigallo deben ir, na romaría do santo, para dar nove voltas ó redor dos dous cruceiros que hai no adro da igrexa [4].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Tomiño.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Santa María de Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Lugares de Tomiño[editar | editar a fonte]

Tomiño ten 134 lugares, agrupados en 15 parroquias. Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tomiño vexa: Lugares de Tomiño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Como chegar?, na web do concello.
  4. Antón Fraguas, 84

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • FRAGUAS FRAGUAS, Antón: La Galicia insólita. Tradiciones gallegas. Cuadernos do Seminario de Sargadelos, 51. Ed. do Castro, Sada 1990.