Carlos Gómez Blanco
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1968 Xunqueira de Espadanedo |
| 24 de outubro de 2011 – ← Ricardo González Lage | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Xunqueira de Espadanedo |
| Ocupación | mestre, político |
| Partido político | Partido Popular de Galicia |
Carlos Gómez Blanco, nado en 1968 en Xunqueira de Espadanedo, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre, foi elixido concelleiro de Xunqueira de Espadanedo polo PPdeG e, en 2011, uns meses despois de que a súa formación revalidase a sexta maioría absoluta consecutiva, accedeu á alcaldía logo da renuncia do anterior rexedor Ricardo González Lage[1].
Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que non saíu elixido á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia do conselleiro José González ao seu escano[2].
| Predecesor: Ricardo González Lage |
Alcalde de Xunqueira de Espadanedo 2011 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El alcalde de Xunqueira de Espadañedo renuncia al cargo Arquivado 08 de xullo de 2012 en Wayback Machine., La Región, 23/10/2011.
- ↑ T, X. A. (2021-09-16). "Renovación en el PP gallego tras la renuncia al escaño de siete conselleiros". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-09-16.