Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLalín
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°39′41″N 8°06′40″O / 42.6614, -8.111Coordenadas: 42°39′41″N 8°06′40″O / 42.6614, -8.111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalLalín Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación20.282 (2023) Editar o valor em Wikidata (62,06 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie326,83 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude541 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataXosé Crespo Iglesias (2019–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Lalín Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36500 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE36024 Editar o valor em Wikidata

Sitio weblalin.gal Editar o valor em Wikidata

Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Deza. O municipio tiña unha poboación de 20.282 habitantes (2023),[1] repartida entre o núcleo urbano, onde viven algo máis de 10.000 persoas, e as 47 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 61,83 hab./km² e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.

O concello atópase no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita cos concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur. Todos eles pertencen á comarca do Deza agás O Irixo, concello da provincia de Ourense.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total 20.103 (2018)
Menores de 15 anos 2.467 (12.27 %)
Entre 15 e 64 anos 12.564 (62.5 %)
Maiores de 65 anos 5.072 (25.23 %)
Evolución da poboación de Lalín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
16.238 17.529 19.001 17.666 20.698 21.216 21.127 20.409 20.048 20.158 20.005 20.044 20.075 20.103 20.218 20.207 {{{17}}} {{{18}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Antiga Casa do concello

En tempos prehistóricos, xa estiveran poboadas estas terras. Así o testemuñan os castros de Donramiro e Goiás, a pouca distancia de Lalín, e mesmo o castro que algúns historiadores sitúan no lugar que hoxe ocupa o parque do aviador Loriga, sobre o que na época sueva se construíu unha torre-fortaleza. Precisamente ao abeiro desta fortaleza medieval xurdiu o casal da Torre, que con outros casais illados formou o primitivo núcleo urbano de Lalín no século XIX. Torre-fortaleza que logo pasaría aos Suárez de Deza-Churruchao, e nos últimos tempos, antes da súa destrución, ao Conde de Lemos. Derrubado en 1846, só quedou en pé ata os primeiros anos deste século a torre da homenaxe, á beira da que se erguía un vello carballo chamado "da manteiga". A finais do XVIII, o lugar da Torre estaba formado por sete casas, nas que se daba comida e aloxamento a moitos feirantes, que concorrían ás dúas feiras mensuais, e aos viaxeiros que transitaban de Ourense a Santiago, e de Lugo a Pontevedra.

En Lalín editáronse os periódicos La Defensa (1905-1909), La Lucha (1916-1918), Verdad y Justicia (1922-1924) e Razón (1933-1934).

A vila de Lalín, formada xa polos casais da Torre, Barrio de Abaixo, Tirabeque, Cacharela, Pontillón e outros, contaba en 1930 con pouco máis de trescentos veciños. Virían logo os anos do desenvolvemento e do progreso, ata converterse nos nosos días nunha vila de referencia da Galicia Central.

Cultura[editar | editar a fonte]

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome de Lalín vén de "Lalino", un colono do Conde de Deza que tivo ao seu cargo as terras nas que, anos máis tarde (980), se erixiu o mosteiro de San Martiño de Lalín de Arriba.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]

Arquitectura civil[editar | editar a fonte]

  • Pazo de Quiroga. Miguel Pérez de Deza foi administrador das terras do Conde de Lemos e señor da xurisdición de Deza. A súa filla Asunción, casou con Pedro Antonio Quiroga. O segundo dos seus fillos, José Quiroga, casou con dona Emilia Pardo Bazán no ano 1868.
  • Ponte dos Cabalos. Construída no ano 970, sobre o río Arnego. Ponte feita en pedra, conta con dous arcos de medio punto sobre os que se apoia o taboleiro feito de grandes laxes. Na actualidade carece de peitoril. É a única que queda en pé das seis que se construíron na Idade Media e que enlazaban a bisbarra do Deza con Antas de Ulla. Esta ponte, un dos monumentos máis antigos da bisbarra, tamén era coñecida como “ponte do portádego” xa que cumpría pagar un imposto para cruzala, para esta fin había unha pedra que estaba no lugar de Parada, este nome designa todos aqueles lugares ao longo dos camiños onde se cobraba a “parata”, a aduana. Hoxe aínda funciona como conexión entre Gurgueiro e Parada. Ambos concellos, Agolada e Lalín, impulsaron de maneira conxunta a súa rehabilitación finalizada no ano 2021.
  • Pontenoufe. Ponte de fábrica granítica reforzada con formigón. Pode ter orixe medieval e sería reedificada no século XVIII. [2]
  • Pazo de Liñares

Patrimonio natural[editar | editar a fonte]

O concello salienta pola súa paisaxe de pastos e fragas. Cómpre destacar a fraga de Catasós, carballeira declarada monumento natural en 2000 na parroquia de Catasós.

Actividade cultural[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Nas cifras de 1996, predominaba o sector primario cun 38% da poboación ocupada. A construción daba emprego a un 13% da poboación ocupada. O sector secundario posuía o seu peso supoñendo un 18%. O sector servizos tiña importancia co 31% dos activos.

Os datos do ano 2001 amosan unha redución importante do sector primario, pasando dun 38% a un 27%. Porén, a construción aumenta un punto ata chegar ao 14%, igual que o sector industrial cun 19%. O crecemento máis salientábel encabézao o sector servizos cun 40%, presentando unha serie de servizos tanto públicos como privados (comercio, sanidade, educación, xustiza etc.).[3]

Concentración industrial[editar | editar a fonte]

Pode dicirse que, igual que A Estrada é a "capital do moble", Lalín é unha das "capitais da moda" de Galicia. Nos límites do seu territorio pódense atopar factorías das seguintes marcas do sector téxtil:

A comezos de década, en 2021, a Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa (Cepyme) galardoou á industria do frío industrial de Lalín, MEGODEZA fundada por Ramiro Mejuto Pumar, e a impresión industrial Tecglass ao incluílas nas 500 empresas con maior liderado económico no Estado. Segundo datos do Rexistro Mercantil do Consorcio Zona Franca de Vigo ambos sectores tecnolóxicos industriais lalinenses, frío e maquinaria industrial, superan os 80 millóns de euros de facturación anual [4]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

  • Gastronomía
  • Romarías
    • Na parroquia de Losón celébrase a romaría do Corpiño cara ao 23-24 de xuño.
  • Cinema
    • ANIRMAU, festival de cine de animación.

Irmandada[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Lalín.

Conxunto escultórico creado por Sergio Portela Campos, en 2002, na carballeira do Rodo, próxima ó casco urbano:

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Lugares de Lalín[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lalín vexa: Lugares de Lalín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información estatística de Lalín no IGE". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de febreiro de 2008. 
  2. "Pontenoufe". 20 de marzo 2022. Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  3. Rodríguez González, Román. Os concellos galegos para o século XXI (VOL. II). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 8460802310. 
  4. "Doblete emprendedor lalinense en Madrid". 07 de febreiro de 2022. Consultado o 30 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]