Montederramo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°16′36″N 07°30′15″O / 42.27667, -7.50417

Montederramo
Escudo de Montederramo
Casa do Concello.
Igrexa mosteiro.
Casa do Concello e Fachada do Mosteiro de Santa María de Montederramo.
Situacion Montederramo.PNG
Situación
Xentilicio[1] montederramés
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca da Terra de Caldelas
Poboación 807 hab. (2015)
Área 135,6 km²
Densidade 5,95 hab./km²
Entidades de poboación 13 parroquias
Política (2015)
Alcalde Antonio Rodríguez Álvarez
Concelleiros BNG: 3
PPdeG: 4

Eleccións municipais en Montederramo
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 83,30%
Na rede
http://www.montederramo.com/

Montederramo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Caldelas e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2015 tiña 807 habitantes (1.188 en 2003), cunha poboación menor de 15 anos do 2,55%.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 807 (2015)
Menores de 15 anos 20 (2.48 %)
Entre 15 e 64 anos 418 (51.79 %)
Maiores de 65 anos 369 (45.72 %)
Evolución da poboación de Montederramo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
4.076 3.795 3.443 2.047 1.130
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

Na parroquia de Santa María atópase o Mosteiro de Santa María de Montederramo Trátase dun mosteiro medieval posiblemente fundado no século X e que chegou a se converter nun dos mosteiros de maior poderío económico e social durante moitos anos en Galicia e na actualidade o seu templo é un dos mellores exemplos do estilo arquitectónico Herreriano.

Montederramo na cultura popular[editar | editar a fonte]

Conta a lenda que San Mamede era un ermitán que vivía no alto da serra que, co tempo, tomaría o seu nome. Alí levantou unha ermida. hoxe derruída, utilizando para traer a pedra un carro no que xunguía dous corzos que tiña amestrados. Pero o caso é que dunha volta veu un lobo e comeulle un dos corzos. Como castigo, San Mamede xunguíu o lobo co outro corzo e tivo que turrar do carro ata rematar a construción da capela [3].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Montederramo

Os Abeledos (San Vicente) | As Chás (San Xoán) | Covas (San Xoán) | Gabín (San Pedro) | Marrubio (Santo André) | A Medorra (Santiago) | Montederramo (Santa María) | Nogueira (Santa María) | Paredes (Santa María) | San Cosme de Montederramo (San Cosme) | Sas do Monte (San Pedro) | Seoane Vello (San Xoán) | Vilariño Frío (Santa María)


Lugares de Montederramo[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Montederramo vexa: Lugares de Montederramo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Vicente Risco 1962, 345.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.