Andrés Feal Varela
Andrés Feal Varela | |
---|---|
Nacemento | 1959 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Andrés Feal Varela, nado en 1959, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empregado nos estaleiros da ría de Ferrol. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido alcalde de Monfero. Presentouse ás municipais de 1991 encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións ata 2011, sempre con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2011 Feal perde a alcaldía ao pasar o PSdeG-PSOE a ser a segunda forza por detrás de Independentes do Concello de Monfero. No 2015 Feal volve a ser elixido alcalde tras ser de novo o PSdeG-PSOE o partido máis votado nas eleccións municipais dese ano, gobernando desta vez en minoría. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[1], conseguindo a maioría absoluta.
Predecesor: Juan Antonio Varela Espiñeira |
![]() Alcalde de Monfero 1987 - 2011 |
Sucesor: Benjamín Rodríguez Abad
|
Predecesor: Benjamín Rodríguez Abad |
![]() Alcalde de Monfero 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo
|