Manuel Prado López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1958 (66 anos) Boborás, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
23 de xaneiro de 1990 – 13 de abril de 1993 ← Vitorino Núñez Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Alcalde de Beariz | |
1983 – ← Manuel Cendón Caíña | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Beariz |
Ocupación | político |
Período de actividade | 1983 - |
Manuel Prado López, nado en Boborás o 5 de xuño de 1958, é un político galego do Partido Popular de Galicia (PPdeG).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre de Formación Profesional. Accedeu á alcaldía de Beariz tras as eleccións municipais de 1983, ó presentarse coa Coalición Popular. Nesa lexislatura acadou cinco concelleiros, o que lle deu a maioría absoluta, que repetiu en 1987 coa coalición AP-CdeG, coa particularidade de obter todos os concelleiros en xogo, acontecemento que logrou nos sucesivos comicios ata a actualidade[2]. En 1990 ocupou o escano de Vitorino Núñez no Congreso dos Deputados. En 1996 e 2000 foi elixido membro do Senado pola provincia de Ourense. Tamén é vogal da directiva provincial do PPdeG de Ourense[3]
Tamén foi presidente da Mancomunidade de Municipios do Carballiño e vogal na Fundación Terras de Beariz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ www.elcorreogallego.es (ed.). "Regidores en la provincia de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 18/01/2012. Consultado o 18/12/2010. (en castelán)
- ↑ www.ourensedixital.com (ed.). "Procesos electorales en Ourense". Consultado o 18/12/2010.[Ligazón morta] (en castelán)
- ↑ www.ppou.es (ed.). "Xunta Directiva". Consultado o 18/12/2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Manuel Cendón Caíña |
Alcalde de Beariz 1983 - actualidade |
Sucesor: no cargo |