San Cibrao das Viñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°17′54.03″N 07°52′25.32″O / 42.2983417, -7.8737000

San Cibrao das Viñas
Escudo de San Cibrao das Viñas
Casa do concello de San Cibrao das Viñas.JPG

Casa do Concello.
Situacion San Cibrao das Viñas.PNG
Situación
Xentilicio[1] cibrense
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca de Ourense
Poboación 5.036 hab. (2015)
Área 39,5 km²
Densidade 127,49 hab./km²
Entidades de poboación 7 parroquias
Política (2015)
Alcalde Manuel Pedro Fernández Moreiras
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en San Cibrao das Viñas
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 50,24%
Na rede
http://www.sancibrao.es/
info@sancibrao.es

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 5.036 (2015)
Menores de 15 anos 659 (13.09 %)
Entre 15 e 64 anos 3.283 (65.19 %)
Maiores de 65 anos 1.094 (21.72 %)
Evolución da poboación de San Cibrao das Viñas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
3.410 3.913 3.789 3.303 3.867 4.441 4.579 4.745 4.906 4.972
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 37,4 km², sitúase no noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte con Ourense e Pereiro de Aguiar, ao leste con Paderne de Allariz, ao oeste con Barbadás e ao sur coa Merca e Taboadela. As principais vías de comunicación son a estrada N-525 (Benavente - Santiago de Compostela), a estrada N-540 (Ourense - Maceda), a estrada N-120 (Vigo - Logroño), e a autovía A-52.

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Os primeiros xacementos humanos datan do paleolítico inferior. Un deles atopouse na parroquia de Santa Comba de Gargantós. O outro achouse na parroquia de Pazos de San Clodio, nos terreos hoxe ocupados polo Polígono Industrial. Nel levouse a cabo en 1977 unha cata arqueolóxica, descubríndose numerosas pezas de talla de pedra de cuarcita adscrita ao período acheulense, hai entre 700.000 e 120.000 anos. Atopáronse bifaces, fendedores, raediras e útiles sobre lasca.

A capital do concello está situada polo paso dunha vía romana dirixida dende San Cibrao cara á Rabeda e enlazando posteriormente coa Vía Nova do itinerario de Antonino. Na vila atopouse un miliario do século III, unha peza de granito ben executada co seguinte texto en letra capital rústica:

MºAUR
CARINO
NOB
CAES

Aparece o pouco frecuente tratamento co praenomen Mº. O emperador Carino é de procedencia ilírica, e gobernou entre os anos 283 e 285, se ben o miliario está datado no ano 282, cando foi elixido César polo seu pai, o tamén emperador Caro. Trátase dun fito viario de carácter honorífico. O miliario foi descuberto en 1972 na capela románica do Santo Cristo, situado en posición vertical coas letras invertidas. Estaba pegado ao muro absidal, embutido no piso de madeira e sostendo o retablo. Actualmente constitúe o pedestal do altar da capela.

Daquela época tamén se conservan os alicerces dunha ponte sobre o río Barbaña á altura da aldea de Ponte Noalla.

O rei Afonso III desmembrou a dotación á catedral de Ourense para descargar ao cabido da susceptione peregrinorum et sustentationibus pauperum, ao que antecedera o abade da Trindade co seu hospital. O coto xurisdicional de San Cibrao das Viñas foi asignado, xunto cos da Valenzá, Villaescusa, Lamas e Pontón, á abadía da Trindade de Ourense, a máis pobre das doce dignidades que ocuparon un lugar preponderante durante a Baixa Idade Media, con posición relevante a carón dos bispos e con xurisdición común sobre as igrexas do seu territorio.

O abade Alonso de Fonseca e Ulloa fixo as capitulacións cos veciños de San Cibrao das Viñas para a creación da igrexa parroquial baixo a advocación de San Ildefonso no lugar sinalado polo merino Nuño Ortega. A nova igrexa foi costeada polos veciños, así como as súas reparacións, dependendo os seus capeláns da abadía. Os veciños posuidores de viñas pagaban anualmente á abadía 6 azumes de viño, e estaban obrigados a ir á abadía en Pascuas e o día da Santísima Trindade, asistir á misa e ás procesións, baixo pena dunha libra de cera.

Fronte a todos estes privilexios da abadía, un elevado número de fregueses promoveron a emancipación da parroquia respecto da abadía, obtendo o apoio de Henrique IV e dos Reis Católicos, e en 1577 a Audiencia do Reino de Galicia resolveu ao seu favor, obtendo a vila xurisdición propia.

Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, presidente do Consello de Indias e Vicerrei de Nápoles, solicitou da Corte un privilexio de iguais prerrogativas e condicións cás da abadía, as que accedeu a Corte, dando a San Cibrao das Viñas o título de Vila e Coto. O Conde mandou construír xunto á Igrexa de San Ildefonso unha capela para o seu culto particular. Tamén construíu unha casa vivenda con muralla dende onde se divisa a capela.

Co tempo, as posesións dos condes de Lemos pasaron á familia de Tor, precedente e orixinaria da provincia de Lugo, que tiñan por señorío os cotos de San Xoán procedentes dun cóengo de Bobadela.

Daquel período de fidalguía e nobreza consérvanse algunhas casas ou pazos con paredes brasonadas. Boa parte da documentación perdeuse no incendio que en 1890 asolou o arquivo municipal.

Actualidade[editar | editar a fonte]

O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965.

A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Gran Área de Expansión Industrial de Galicia.

As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Cibrao das Viñas

Gargantós (Santa Comba) | Noalla (San Salvador) | Pazos de San Clodio (San Clodio) | Rante (Santo André) | San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso) | Santa Cruz da Rabeda (Santa Cruz) | Soutopenedo (San Miguel)

Lugares de San Cibrao das Viñas[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de San Cibrao das Viñas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Cibrao das Viñas Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca de Ourense Comarca de Ourense
Amoeiro
Amoeiro
Barbadás
Barbadás
Coles
Coles
Esgos
Esgos
Nogueira de Ramuín
Nogueira de Ramuín
Ourense
Ourense
O Pereiro de Aguiar
O Pereiro de Aguiar
A Peroxa
A Peroxa
San Cibrao das Viñas
San Cibrao das Viñas
Taboadela
Taboadela
Toén
Toén
Vilamarín
Vilamarín