Saltar ao contido

Castrelo do Val

Castrelo do Val
 Nome oficial
Castrelo do Val (gl) dende 1985
Castrelo del Valle (es) ata 1985 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.316 (2001) rexistro civil
1.298 (2002) rexistro civil
1.239 (2004) rexistro civil
1.247 (2005) rexistro civil
1.234 (2006) rexistro civil
1.242 (2007) rexistro civil
1.240 (2008) rexistro civil
1.241 (2009) rexistro civil
1.199 (2010) rexistro civil
1.177 (2011) rexistro civil
1.169 (2012) rexistro civil
1.138 (2013) rexistro civil
1.109 (2014) rexistro civil
1.079 (2015) rexistro civil
1.067 (2016) rexistro civil
1.028 (2017) rexistro civil
1.001 (2018) rexistro civil
984 (2019) rexistro civil
958 (2020) rexistro civil
979 (2021) rexistro civil
969 (2022) rexistro civil
989 (2023) rexistro civil
951 (2024) rexistro civil
947 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   485 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   499 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   122 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   419 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal32625 Editar o valor en Wikidata
Código INE32021 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap347792 Editar o valor en Wikidata
VIAF316734326 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h08qw Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 96692 Galiciana: 29360 BNE: XX458814
Wikidata G:Commons C:Commons

Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 1079 habitantes (1263 en 2003). O xentilicio é castrelexo.[1]

Localización

[editar | editar a fonte]

O concello de Castrelo do Val atópase nunha zona de transición entre Cabeza de Manzaneda e a serra de Queixa polo nordeste e o val do Támega (ou de Verín ou de Monterrei) no suroeste. As alturas máximas son as de Cabeza de Valdefeira (1288 m), Peña Nofre (1291 m) e Cabezo do Sogral (1369 m), mentres que as alturas mínimas non baixan dos 400 m. O río Támega diríxese cara ao sur. O río Camba está represado no encoro das Portas.

A temperatura media anual é de 9 °C, con oscilación térmica de 14 °C e altas precipitacións anuais (1.700 mm.)

O camiño de ferro de Ourense a Zamora atravesa o concello.

Até 1842 coñecíase como Castrelo, pero nese ano engadíuselle "del Valle" para diferencialo de Castrelo de Miño. Foi galeguizado a finais do século XX.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Estela do Guerreiro de Castrelo do Val

No lugar de Pedra Alta atopouse unha estela da Idade de Bronce, ata agora único en Galiza.[2] Está tallada con forma antropomorfa (con catro rebaixes que queren expresar brazos e pernas) e representa un guerreiro con escudo con escotadura en V, unha espada e unha posible lanza, así como un carro tirado por animais. Clasifícase dentro das chamadas "estelas do suroeste" por abundar no suroeste da península.

Hai restos dun castro en Cabanca, Casteliños. Destacan as igrexas parroquiais de Servoi e Campobecerros, xunto a varios cruceiros (dos que o máis destacábel é o de Pepín) e a fonte e o casco antigo de Nocedo.

Entre o patrimonio natural destaca o Parque do Invernadeiro, que comparte con outros concellos veciños. Hai viñedos que producen para a Denominación de Orixe Monterrei.

Poboación

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno90010001100120013001400200020052010201520202025Castrelo do ValEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
Censo total 1079 (2015)
Menores de 15 anos 77 (7,13 %)
Entre 15 e 64 anos 545 (50,51 %)
Maiores de 65 anos 457 (42,35 %)


Evolución da poboación de Castrelo do Val   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
2975 2913 3227 2455 1239 1241 1177 1169 1138 1109 1079 1067 1028 1001 984 958 979 969
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castrelo do Val

Campobecerros (Santiago) | Castrelo do Val (Santa María) | Gondulfes (Santa Helena da Cruz) | Nocedo do Val (San Salvador) | Parada da Serra (San Lucas) | Pepín (San Vicente) | Piornedo (Santa Eufemia) | Portocamba (San Miguel) | Servoi (San Xoán)

Lugares de Castrelo do Val

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo do Val vexa: Lugares de Castrelo do Val.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.