O Carril, Vilagarcía de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Carril
O Carril
ConcelloVilagarcía de Arousa[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°37′00″N 8°46′30″O / 42.6166666667, -8.775Coordenadas: 42°37′00″N 8°46′30″O / 42.6166666667, -8.775
Poboación1.757 hab. (2016)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago do Carril é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o IGE, no 2016 a súa poboación era de 1 757 habitantes (901 mulleres e 856 homes), o que representa un aumento respecto ós anos 2010, cando tiña 1 607 veciños, e 2005, cando eran 1 568.

O primeiro ferrocarril de Galiza foi inaugurado o 15 de setembro de 1873, entre esta localidade e Cornes (Conxo).

O Carril foi concello de seu até 1913, cando se integrou no concello de Vilagarcía de Arousa.

Igrexa de Santiago do Carril.
Adán e Eva ó pé do cruceiro da igrexa de Santiago do Carril.
O Carril no extremo dun plano de 1751.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo «Carril» faría referencia, segundo as Memorias del Arzobispado de Santiago de Jerónimo del Hoyo, ao carril realizado polos carros dos labregos onda o cal se fundou a poboación.[2]

Festas e gastronomía[editar | editar a fonte]

Esta localidade é famosa pola calidade das súas ameixas. Unha das actividades económicas máis destacadas é o marisqueo, especialmente de ameixas e berberechos. No mes de agosto celébrase a festa da ameixa do Carril. Os festexos relixiosos da parroquia son a Festa do Carme (16 de xullo), O Apóstolo (25 de xullo), San Fidel (seguinte domingo ó Apóstolo) e a romaría de San Roque (mediados de agosto). A primeira fin de semana de setembro ten lugar o festival Ameixa Rock.

Carril na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Os de Vilagarcía/ mataron un burro,/ os de Carril, comérono crudo/ e os de Vilaxoán puxeron a bandeira/ para que lles deran a tripa cagueira [3].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Carril[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Carril no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Os Ánxeles | A Caldigüela | O Campo | O Carril | O Castro | Guillán | O Loureiro | A Poteira | O Rueiro | Trabanca Sardiñeira

Parroquias de Vilagarcía de Arousa[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa

Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Villaronga García 1991, p. 62: “Llamaronla Carril por haberla edificado junto a un carril que hacían los carros de los labradores quando venían a la rivera del mar y a la Isla de Nuestra Señora de Cortegada a buscar argaços para estercolar sus tierras”.
  3. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 190. No texto: Vilaxohán, lle deran.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]