Diferenzas entre revisións de «Historia do Deportivo da Coruña»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
Mais o gran éxito do Deportivo esa tempada chegou na [[Copa do Rei de fútbol 1994/95|Copa do Rei]]. O club coruñés iniciou a súa andadura na competición nos oitavos de final, vencendo ao [[Club Lleida Esportiu|Lleida]] de [[José Manuel Esnal|Mané]] por un global de 7 goles a 1, tres deles obra de [[Julio Salinas|Salinas]]. Nos cuartos de final o rival foi [[Athletic Club|Athletic]] de [[Javier Irureta]], ao que o Deportivo deixou practicamente sentenciado no partido de ida en Riazor, cun resultado de 3-0, mentres que na volta o partido acabou con empate a cero. Nas semifinais o ''Superdépor'' derrotou por 0-2 ao [[Real Sporting de Gijón|Sporting de Gijón]] no partido de ida no [[Estadio Municipal El Molinón|Molinón]], que xunto co 0-1 da volta foi suficiente para meterse na primeira final de Copa da historia do club.<ref>{{Cita web|url=http://www.linguasport.com/futbol/nacional/copa/Copa95.htm|título=Copa do Rei 1994-95|dataacceso=27 de novembro de 2021|lingua=es|páxina-web=linguasport.com}}</ref> A final disputouse contra o [[Valencia Club de Fútbol|Valencia]] no [[Estadio Santiago Bernabéu]] e comezou o 24 de xuño de 1995. O marcador sinalaba un empate a un (con tantos de [[Javier Manjarín|Manjarín]] para o Deportivo e de [[Predrag Mijatović|Mijatović]] para o Valencia), cando no minuto 79 o partido tivo que ser suspendido por mor da intensa choiva que estaba a caer na capital española. Tres días despois xogáronse os 11 minutos restantes, nos que o equipo de Arsenio conseguiu o primeiro título de Copa para un equipo galego, grazas a un gol de [[Alfredo Santaelena|Alfredo]].<ref>{{Cita novas|data=26 de xuño de 2020|título=Bebeto, Alfredo, Manjarín y Fran reviven la conquista de la Copa de 1995|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/torremarathon/2020/06/26/bebeto-alfredo-fran-manjarin-reviven-conquista-copa-1995/00031593184753871191737.htm|data-acceso=31 de maio de 2021|apelidos=Centeno|nome=Alexandre|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]}}</ref><ref>{{Cita novas|data=27 de xuño de 2020|título=#ANosaHistoria: Un cuarto de século do primeiro título branquiazul, a Copa de 1995|url=https://www.rcdeportivo.es/gl/noticia/anosahistoria-un-cuarto-de-seculo-do-primeiro-titulo-branquiazul-a-copa-de-1995|data-acceso=31 de maio de 2021|xornal=[[Deportivo da Coruña]]}}</ref>
 
A pesar de todos estes éxitos e de que neste último ano o Deportivo se fixese campión de Copa, Arsenio saíu do club non sen certa polémica coa directiva presidida por [[Augusto César Lendoiro]], sendo anunciado [[John Benjamin Toshack]] como o seu substituto meses antes do remate da tempada.<ref>{{Cita novas|data=23 de marzo de 1995|título=Benjamin Toshack será el sustituto de Arsenio desde la próxima temporada|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=43}}</ref><ref>{{Cita novas|data=2 de maio de 1995|título=Arsenio cuenta los días para abandonar el Deportivo|url=https://elpais.com/diario/1995/05/02/deportes/799365602_850215.html|data-acceso=27 de novembro de 2021|lingua=es|xornal=[[El País]]|apelidos=Hermida|nome=Xosé|ligazónautor=Xosé Hermida}}</ref> Chegaron ao equipo entre outros [[Txiki Begiristain|Begiristain]], [[Dmitri Radchenko|Radchenko]] e [[Branko Milovanović|Milovanović]], e o equipo gañou na pretempada o Trofeo Carthagineses y Romanos, goleando por 7-0 ao [[FC Bayern München|Bayern de Múnic]] en [[Cartaxena]],<ref>{{Cita novas|data=14 de agosto de 2019|título=24 años del Deportivo 7 – Bayern 0 que supuso el trofeo más grande de la historia blanquiazul|url=https://www.riazor.org/24-anos-del-deportivo-7-bayern-0-que-supuso-el-trofeo-mas-grande-de-la-historia-blanquiazul-video/|data-acceso=9 de decembro de 2021|apelidos=Sanz|nome=Miguel|lingua=es}}</ref> e o seu quinto [[Trofeo Teresa Herrera 1995|Teresa Herrera]], ao derrotar ao [[Clube de Regatas do Flamengo|Flamengo]] de [[Romário]] e ao [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]].<ref>{{Cita novas|data=20 de agosto de 1995|título=El Depor ya es de oro|url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1995/08/20/pagina-26/1335506/pdf.html#&mode=fullScreen|data-acceso=9 de decembro de 2021|páxina=26|xornal=[[Mundo Deportivo]]|apelidos=Ríos|nome=Xoán|lingua=es}}</ref> Uns días despois o club comezou oficialmente a tempada comezouconquistando cunun novo título, ó alzarse coa [[Supercopa de España de Fútbol 1995|Supercopa de España]] tras vencer de novo ao [[Real Madrid]] a dobre partido. A ida en Riazor rematou 3-0, con goles de Donato, Fran e Bebeto, nun partido no que foron expulsados os futbolistas do Real Madrid [[Paco Buyo|Buyo]] e [[Mikel Lasa|Lasa]], así como o seu adestrador, [[Jorge Valdano]]. No partido de volta o Deportivo gañou de novo, despois de remontar o gol inicial de [[Fernando Hierro|Hierro]] con dous tantos de Manjarín e Begiristain.<ref>{{Cita web|url=https://www.resultados-futbol.com/supercopa1996|páxina-web=resultados-futbol.com|título=Supercopa de España 1996|data-acceso=28 de novembro de 2021|lingua=es}}</ref>
 
Como campión da Copa do Rei do ano anterior, o Deportivo accedeu á [[Recopa de Europa de fútbol|Recopa de Europa]], que disputaban os campións das competicións de copa das diferentes federacións europeas. Estreouse na competición contra o [[APOEL F.C.|APOEL]] de [[Nicosia]], obtendo un empate na ida en [[Chipre]] e a vitoria en Riazor cunha histórica goleada por 8-0, con tantos de Bebeto (3), Radchenko (2), Begiristain, [[Donato Gama da Silva|Donato]] e [[Adolfo Aldana|Aldana]].<ref>{{Cita novas|data=29 de setembro de 1995|título=El Apoel saca brillo al Deportivo|url=https://www.rcdeportivo.es/noticia/deportivo-8-0-apoel-fcel-apoel-saca-brillo-al-deportivo|data-acceso=27 de novembro de 2021|lingua=es}}</ref> Nos oitavos de final o equipo de Toshack eliminou ao [[Trabzonspor]] turco con dúas vitorias e un global de 4-0, sendo os goleadores de novo Bebeto e Donato, con dous tantos cada un. Na seguinte rolda o rival foi [[Real Zaragoza|Zaragoza]], vixente campión do torneo, ao que o Deportivo gañou pola mínima na ida en RIazor, cun gol do coruñés [[David Fernández Miramontes|David]]. No partido de volta na [[Estadio de La Romareda|Romareda]], os de [[Víctor Fernández]] lograron o empate cun tanto de [[Fernando Morientes|Morientes]] na primeira parte, pero outro gol de Bebeto deulle ao equipo galego unha histórica clasificación para as semifinais da competición. Con todo, o [[Paris Saint-Germain FC|Paris Saint-Germain]] frustrou o intento do Deportivo de acadar unha final europea, logrando a vitoria nos dous partidos, nos dous casos por un gol a cero, tantos marcados por [[Youri Djorkaeff|Djorkaeff]] e [[Patrice Loko|Loko]].<ref>{{Cita novas|data=5 de abril de 1996|título=El último minuto destroza al Deportivo|url=https://elpais.com/diario/1996/04/05/deportes/828655201_850215.html|data-acceso=27 de novembro de 2021|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref><ref>{{Cita novas|data=19 de abril de 1996|título=El sueño europeo del Deportivo se desvaneció en París|url=https://www.laregion.es/articulo/historia-en-4-tiempos/hemeroteca-sueno-europeo-deportivo-desvanecio-paris/202104190953061022331.html|data-acceso=27 de novembro de 2021|lingua=es|xornal=[[La Región]]}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.rsssf.com/ec/ec199596.html#cwc |título=Cup Winners' Cup 1995-96 |editorial=rsssf.com |dataacceso=17 de xuño de 2016 |lingua=en}}</ref>
30.171

edicións

Menú de navegación