Pierluigi Collina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pierluigi Collina
Pierluigi Collina 2019 (cropped).jpg
Información persoal
Nome completo Pierluigi Collina
Nacemento 13 de febreiro de 1960 (63 anos)
Boloña, Italia
Outras ocupacións Asesor financeiro
Liga doméstica
Anos Liga Rol
1988–1991 Serie C2 / Serie C1 árbitro
1991–2005 Serie B / Serie A árbitro
Internacional
Anos Liga Rol
1995–2005 FIFA Árbitro

Pierluigi Collina, nado en Boloña o 13 de febreiro de 1960, é un ex-árbitro de fútbol italiano. Foi nomeado pola FIFA coma "mellor árbitro do ano" en seis ocasións consecutivas (entre 1998 e 2003) e é amplamente considerado o mellor árbitro de todos os tempos.[1] Collina segue involucrado no mundo do fútbol, como consultor non remunerado da Asociación Italiana de Árbitros de Fútbol (AIA), como xefe de árbitros da Federación Ucraína de Fútbol desde 2010, como membro da Comisión de Árbitros da UEFA e como presidente do comité de árbitros da FIFA.[2]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Mellor árbitro do ano en IFFHS (6): 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003
  • Título honorífico: Doutor en Ciencias (2004), outorgado pola Universidade de Hull pola "súa contribución ao mundo do deporte"
  • Árbitro do ano da Serie A (7): 1997, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005
  • Salón da Fama do fútbol italiano: 2011

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.