Carlos Torres
| Nome orixinal | Carlos Torres Barallobre | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacemento | 17 de xaneiro de 1934 A Coruña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 30 de outubro de 2020 A Coruña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1952 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pai | José Torres Mourelle | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carlos Torres Barallobre, nado na Coruña o 19 de xaneiro de 1934 e finado na mesma cidade o 30 de outubro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego, que xogaba de extremo.
Fillo do histórico extremo do Deportivo da Coruña Pepe Torres, xogou no Xuvenil e no Fabril, pero ao non mostrar interese por el o Deportivo, fichou polo Celta de Vigo en 1952. Despois dunha década xogando na Primeira División co Celta e o Espanyol, pasou polo Málaga e brevemente polo Deportivo, antes de marchar a Venezuela onde xogou no Deportivo Galicia e onde comezou a súa etapa como adestrador.
Á súa volta a Galicia adestrou á selección galega xuvenil, ao Fabril, ao Deportivo da Coruña, ao Compostela e ao Sporting Sada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol en varios equipos coruñeses como o Cantábrico da praza de Santa Catalina, o Alameda (onde coincidiu con Luis Suárez e Lázaro Candal) ou o Sin Querer.[1][2] No verán de 1950 fichou polo Xuvenil e ao ano seguinte pasou ao Fabril. Aos 16 anos realizou unha xira por Portugal co Deportivo da Coruña pero non chegou a xogar ningún partido.[3]
Celta de Vigo
[editar | editar a fonte]Estudou no colexio Labor de Vigo e en novembro de 1952, mentres estudaba Medicina na Universidade de Santiago de Compostela,[4] asinou co Celta de Vigo.[5][6] Debutou na Primeira División nun partido fronte ao Sporting de Gijón no Molinón. Disputou 119 partidos co club vigués en cinco tempadas e anotou 42 goles, incluído un triplete ao Atlético de Madrid nunha histórica goleada por 8-1.[4]
Espanyol
[editar | editar a fonte]No verán de 1957 fichou polo Espanyol de Barcelona. No partido do seu debut anotou dous goles fronte ao Valladolid e rematou a súa primeira tempada con 12 dianas. Xogou catro campañas e media máis no club catalán, disputando a Copa de Feiras e eliminando en 1961 ao FC Barcelona da Copa do Xeneralísimo nunha eliminatoria na que lle marcou dous goles a Ramallets no Camp Nou.[7] Ese mesmo ano, nunha xira co equipo por América do Norte, sufriu unha fractura de peroné, que o mantivo afastado dos terreos de xogo un tempo.[8][9] Participou tamén nas xiras do equipo por Nixeria, a Guinea Española e Libia,e viviu un descenso a Segunda.[4] Outras lesións posteriores fórono afastando das aliñacións do club, do que acabou saíndo na metade da tempada 1962/63, na que o equipo ascendeu de novo.
Málaga
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1963 chegou ao Málaga, no que xogou seis partidos no que restaba de tempada e non puido evitar o descenso a Segunda. Xogou unha tempada máis no Málaga e ao remate desta volveu a Barcelona, onde se puxo ás ordes de Kubala de novo no Espanyol. Con todo, acabou fichando polo Deportivo da Coruña en xaneiro de 1965.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]Debutou co Deportivo na xornada 20 fronte á UD Las Palmas no Estadio Insular, sendo aliñado por Luis Carniglia na dianteira titular a carón de Escolà, Veloso, Sornichero e o peruano Montalvo.[10] Xogou no once inicial na maioría dos restantes partidos da tempada, pero non puido evitar o descenso do club a Segunda. Ao remate da campaña emigrou a Venezuela.
Deportivo Galicia
[editar | editar a fonte]En Caracas fichou polo Deportivo Galicia, onde xogou dúas tempadas, ata 1968, conquistando dúas Copas Venezuela.
Seleccións nacionais
[editar | editar a fonte]As súas boas actuacións no Espanyol levárono a xogar na selección española B, coa que xogou dous partidos, fronte a Portugal en 1958 e fronte a Turquía en 1959. Xogou tamén un partido coa selección catalá, fronte á de Berlín en 1958.[11]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]En Venezuela obtivo a licenza de adestrador, foi profesor nun colexio onde adestrou catro equipos de rapaces, e dirixiu tamén ao Deportivo Galicia e a aos xuvenís da selección venezolana.[12] Ao seu regreso a Galicia substituíu a Chao á fronte da selección galega xuvenil, coa que chegou durante tres anos consecutivos ás semifinais do Campionato de España.[13]
No verán de 1973, coa chegada de Manuel Sánchez Candamio á presidencia do Deportivo da Coruña, Torres foi elixido para ser o adestrador do Fabril, así como o segundo adestrador do primeiro equipo do club.[14] En outubro de 1973 colleu as rendas do primeiro equipo, substituíndo ao chileno Fernando Riera, despois dun mal inicio de tempada con só unha vitoria nos primeiros oito partidos.[15] Aínda que comezou con catro vitorias consecutivas, os resultados empeoraron a partir de aí, e foi cesado en xaneiro, despois de catro derrotas seguidas.[16] Continuou como segundo adestrador do equipo durante as etapas de Irulegui e Naya e dende setembro de 1975 compaxinou o cargo coa súa segunda etapa como seleccionador galego xuvenil, tarefa compartida con Pepe Villar.[17]
En xuño de 1976 converteuse no novo técnico da SD Compostela, que viña de ascender á Terceira División.[18] Con Torres no banco o equipo santiagués logrou esa mesma tempada o ascenso á nova Segunda División B.[19] Renovou por un ano máis e dirixiu o cadro branquiazul na súa primeira tempada na categoría pero o equipo acabou descendendo, polo que deixou o cargo ao remate da campaña 1977/78.[20][21]
En agosto de 1979 fichou como adestrador do Sporting Sada.[22] Con este equipo realizou unha xira por Venezuela en 1980.[23] Xogou tamén ao fútbol sala no equipo Naranjas Ibáñez e ao fútbol de veteranos.[4]
Fóra do fútbol
[editar | editar a fonte]Traballou tamén como enfermeiro e rexentou durante anos a cafetería Tres Torres na rúa Olmos da Coruña.[9] Faleceu na cidade herculina en 2020 aos 86 anos de idade.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Consuelo García Laliena, coa que tivo tres fillos: José Carlos, Mario e Laura.[24]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece Carlos Torres, ex xogador e ex adestrador de Fabril e Deportivo". 30 de outubro de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2021.
- ↑ Miranda, Carlos (16 de maio de 2016). "Lázaro Candal, el coruñés que narró diez Mundiales de fútbol". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021.
- 1 2 "Falece Carlos Torres, ex xogador e ex adestrador de Fabril e Deportivo". RCDeportivo. 30 de outubro de 2020. Consultado o 30 de outubro de 2020.
- 1 2 3 4 Fernández Barallobre, Carlos (31 de outubro de 2020). "Adiós a un histórico del fútbolde cantera del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.
- ↑ "Carlos Torres firmó ayer por el Celta". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de novembro de 1952. p. 5.
- ↑ "Carlos Torres, nuevo jugador del Celta". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de novembro de 1952. p. 3. Consultado o 31 de marzo de 2021.
- ↑ Molero, Iván (25 de xaneiro de 2018). "1961: la última vez que el Espanyol eliminó al Barcelona" (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2021.
- ↑ "De Nueva York a la Calle Real". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de agosto de 1961. p. 7.
- 1 2 Fernández Barallobre, Carlos (30 de outubro de 2020). "En memoria de Carlos Torres, ex jugador del Dépor y del Celta". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2021.
- ↑ "2-0: A tres minutos del final, Gilberto afirmó el triunfo de Las Palmas". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de febreiro de 1965. p. 4.
- ↑ "Barcelona venció". Mundo Deportivo (en castelán). 13 de marzo de 1958. p. 3. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2020. Consultado o 1 de abril de 2021.
- ↑ "Carlos Torres regresó de Venezuela". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 1967. p. 7.
- ↑ "Carlos Torres ya fue seleccionador en Venezuela". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xaneiro de 1971. p. 12.
- ↑ "Deportivo-Oviedo para el “Emma Cuervo”". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 1973. p. 18.
- ↑ "Carlos Torres sustituye a Riera". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de outubro de 1973. p. 1.
- ↑ "Carlos Torres cesó como entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xaneiro de 1974. p. 19.
- ↑ "Torres, seleccionador gallego de juveniles". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de setembro de 1975. p. 41.
- ↑ "S. D. Compostela: Situación deficitaria". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1976. p. 37.
- ↑ "Fiesta en Santa Isabel". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 1977. p. 34.
- ↑ "Carlos Torres renovará por el Compostela". La Voz de Galicia. 3 de xullo de 1977. p. 54.
- ↑ "Carlos Torres no seguirá". La Voz de Galicia. 15 de maio de 1978. p. 35.
- ↑ "Asamblea y presentación de jugadores en el Sp. Sada". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de agosto de 1979. p. 31.
- ↑ "Peticiones al Sp. Sada para jugar más partidos en Venezuela". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de marzo de 1980. p. 69.
- ↑ "Obituario". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de outubro de 2020. p. 48.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados na Coruña
- Nados en 1934
- Futbolistas da Coruña
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Deportivo Xuvenil
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do CD Málaga
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Deportivo Galicia
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Deportivo Galicia
- Adestradores da SD Compostela
- Adestradores do Deportivo da Coruña