Søren Thorst
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1965 (59 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Søren Thorst, nado en Dinamarca o 8 de xaneiro de 1965, é un exfutbolista dinamarqués. Desenvolveu case toda a súa carreira no AaB, co que gañou a Superliga na tempada 1994/95. É fillo do exfutbolista internacional Kjeld Thorst.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras pasar polo Sulsted IF entrou na canteira do AaB de Aalborg, debutando co primeiro equipo en 1983, cando o club militaba na terceira división danesa.[1]
En 1984 ascendeu á segunda división e en 1986 á primeira. Continuou no equipo durante a seguinte década, exceptuando un breve paso polo Ølstykke FC na tempada 1993/94. Disputou un total de 371 partidos co AaB e marcou un total de 11 goles.[1] Durante a súa carreira disputou tres finais da Copa de Dinamarca, en 1987, 1991 e 1993, perdendo as tres, e sendo elixido na última delas como o mellor xogador do partido.
A pesar de non ser coñecido como un gran goleador, foi autor dun dos tantos máis lembrados da historia do club en 1993, cando marcou de falta o único gol do partido da Copa da UEFA contra o Deportivo da Coruña no Aalborg Stadion, a primeira vitoria dun equipo danés sobre un equipo da Primeira División española.[1][2]
Na tempada 1994/95 proclamouse co Aab campión da Superliga de Dinamarca, por primeira vez na historia do club. O ano seguinte debutou na Liga de Campións, nun partido contra o Nantes, e participou da vitoria ante o Panathinaikos, a primeira do equipo na máxima competición europea.[3] Puxo fin á súa carreira en 1996, tras sufrir unha grave lesión no ligamento cruzado dun xeonllo.[1]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- AaB
- Superliga de Dinamarca (1): 1994/95.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Klubikonerne: Plads til øl og hygge" (en dinamarqués). 2 de abril de 2011. Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ "El Aalborg quiere venganza ante el Depor". UEFA (en castelán). 7 de xaneiro de 2009. Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ "AaB - Panathinaikos 1995". UEFA (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).