Saltar ao contido

Eduardo Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo Ramos
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
San Cristóbal de La Laguna, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  CD Tenerife

Eduardo José Ramos Verde, nado en San Cristóbal de la Laguna o 13 de marzo de 1967, é un exfutbolista canario, que xogaba de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras xogar co Güimar en Terceira División, fichou en 1987 polo Tenerife, co que debutou na Segunda División na campaña 1987/88, nun partido contra o Hércules. Na seguinte tempada xogou cedido no Marino, da Segunda División B, marcando 10 goles en 33 partidos.[1]

Regresou a continuación ao Tenerife, que viña de ascender á Primeira División. Debutou na máxima categoría nun partido contra o Zaragoza na Romareda, e xogou 20 partidos de liga durante a tempada 1989/90, marcando un gol ante Osasuna. O equipo rematou antepenúltimo na táboa, tendo que xogar unha promoción de permanencia contra o Deportivo da Coruña de Arsenio Iglesias. O partido de ida en Tenerife acabou 0-0, mentres que na volta en Riazor un gol seu na prórroga deulle o triunfo ao equipo canario e permitiulle seguir un ano máis en Primeira.[2]

Na tempada 1990/91 xogou 21 partidos de liga, anotando outro gol. Sen continuidade no Tenerife, no verán de 1991 fichou pola UD Las Palmas, coa que descendeu a Segunda B. A continuación pasou dúas tempadas no Realejos antes de regresar ao equipo grancanario, co que completou unha boa campaña na tempada 1994/95, con 17 goles en 31 partidos de liga, sendo o terceiro máximo goleador do Grupo I da Segunda B, só por detrás de Javi Prendes e do seu compañeiro Rafa. Na seguinte tempada conseguiu o ascenso a Segunda como campión do grupo, e pasou a continuación a xogar no Gáldar, tamén de Segunda B. Pechou a súa carreira no Universidad de Las Palmas, onde xogou tres anos, logrando un novo ascenso a Segunda no segundo deles.[1]

  1. 1,0 1,1 "Eduardo Ramos, el héroe olvidado por el tinerfeñismo que triunfó en Gran Canaria". eldiario.es (en castelán). 11 de xuño de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  2. "20 años del gol de Eduardo Ramos en Riazor" (en castelán). 11 de xuño de 2010. Consultado o 19 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]