Miguel García Martín
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 19 de maio de 1935 Salamanca, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 22 de marzo de 2014 (78 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1958 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Miguel García Martín, coñecido como Miché, nado en Salamanca o 19 de maio de 1935 e finado na mesma cidade o 22 de marzo de 2014, foi un futbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse na tempada 1958–59 no Real Madrid, club que co conseguiu unha Liga española, dúas Copas de Europa e unha Copa Intercontinental. Na tempada 1961–62 xogou no CA Osasuna, cedido polo Real Madrid despois dos traspasos de Ignacio Zoco e Félix Ruiz.
Na tempada 1962–63 chegou cedido ao Deportivo da Coruña, dentro da operación pola cal o Deportivo traspasou a Amancio ao Real Madrid, a cambio de 12 millóns de pesetas e as cesións de Antonio Ruiz, Betancort e o propio Miché.[1][2] Co Deportivo acabou descendendo a Segunda División ese ano. Na tempada 1963–64 foi contratado polo Real Valladolid, descendendo novamente a final da tempada. Na campaña 1964–65 foi xogador do Hércules CF, con quen sumou un novo descenso a Segunda División.
Faleceu en marzo de 2014, aos 78 anos.[3]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Real Madrid
- Liga de España: 1960–61
- Copa de Europa: 1958–59, 1959–60
- Copa Intercontinental: 1960–61
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Relaño, Alfredo (9 de novembro de 2014). "Amancio convierte a Puskas en suplente". El País (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2020.
- ↑ "El otro Cebrián que devolvió al Dépor a Primera dos veces". Economía Digital (en castelán). 12 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2020. Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ "Fallece a los 78 años el exrojillo 'Miche'". Diario de Navarra. 24 de marzo de 2014.