Jaime Agulló Blasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Agulló
Información persoal
Nome Jaime Agulló Blasco
Nacemento 17 de xullo de 1931
Lugar de nacemento Elx
Falecemento 3 de agosto de 2022
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1954–1957 Hércules 13 (1)
1957–1958 Deportivo da Coruña 8 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jaime Agulló Blasco, nado en Elx o 17 de xullo de 1931 e finado o 3 de agosto de 2022, foi un futbolista español, que xogaba de dianteiro.

Foi pai de Jaime Agulló Quintela e avó de Pablo Agulló, tamén futbolistas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras xogar co Hércules en Primeira e Segunda División chegou á Coruña en decembro de 1957, onde foi posto a proba polo Deportivo da Coruña e finalmente disputou co equipo branquiazul o que restaba da tempada 1957/58, xogando oito partidos e marcando catro goles.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Palleiro, Armando; Díaz, Miguel; Suárez, Luis (2 de outubro de 2018). "La familia Agulló, tres generaciones en blanquiazul". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  2. "Agulló, delantero centro sometido a prueba". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de decembro de 1957. p. 4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]