Castrofeito, O Pino
| Castrofeito | |
|---|---|
Igrexa de Santa María de Castrofeito. | |
| Concello | O Pino[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°55′00″N 8°23′00″O / 42.9167, -8.38333 |
| Poboación | 470 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 15[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Castrofeito[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Pino. Segundo o IGE en 2019 tiña 470 habitantes (244 homes e 226 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 478 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo o itinerario de Antonino por aquí pasaba a vía XIX que ía de Bracara Augusta (Braga) ata Asturica Augusta (Astorga), e na parroquia estaba a mansión viaria de Brevis. No lugar de Santiso apareceron os restos dunha vila romama que foi gravemente alterada por aperturas viarias (deixaron á vista abundante material de construción de época romana) e labores agrícolas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castrofeito
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Castrofeito no concello do Pino (A Coruña) | |
|---|---|
|
O Amenal | A Baixa | Cimadevila | Figueiroa | A Igrexa | O Pazo | O Pousadoiro | Rial | O Río Pequeno | Samil | Santiso | O Souto | O Tixoliño | Vilabuíl | Vilarrel |