Marcelo Campanal
Marcelo Campanal | |||
---|---|---|---|
![]() Campanal en 1961. | |||
Información persoal | |||
Nome | Marcelino Vaquero González del Río | ||
Nacemento | 13 de febreiro de 1932 | ||
Lugar de nacemento | Xixón | ||
Falecemento | 25 de maio de 2020 | ||
Lugar de falecemento | Avilés | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
Avilés | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1950–1966 | Sevilla | 349 | (3) |
1966–1968 | Deportivo da Coruña | 38 | (1) |
1968–1969 | Avilés | ||
Selección nacional | |||
1952–1957 | España | 11 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Marcelino Vaquero González del Río, coñecido como Marcelo Campanal ou Campanal II, nado en Xixón o 13 de febreiro de 1931 e finado en Avilés o 25 de maio de 2020, foi un futbolista español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sobriño do histórico futbolista do Sevilla Guillermo Campanal, este levouno para a capital hispalense despois de que comezase a destacar na canteira do Avilés.[1] Na tempada 1950/51 debutou co Sevilla na Primeira División, nun partido contra o Athletic Club, e xa non abandonou a titularidade durante a seguinte década. Co equipo andaluz disputou a Copa de Europa e a Recopa de Europa, e sumou un total de 403 partidos en 16 tempadas, ata converterse no futbolista con máis partidos na historia do club naquel momento. Marcou só tres goles, fronte a Espanyol, Deportivo da Coruña e Valencia.
Na tempada 1966/67 fichou polo Deportivo da Coruña, no que participou en 16 encontros e anotou un gol. Ao remate da campaña o equipo descendeu a Segunda División. Na tempada 1967–68 permaneceu no club galego, campaña na que volveron a Primeira División como campións do Grupo I, participando en 22 partidos.
Na tempada 1968–69 xogou no Real Avilés, en Terceira División.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo
- Segunda División (1): 1967–68
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Marcelo Campanal, III Dorsal de Leyenda" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).