Julián Cuenca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julián Cuenca
Información persoal
Nome Julián Cuenca Sánchez
Nacemento 14 de novembro de 1923
Lugar de nacemento Madrid
Falecemento 3 de febreiro de 1969
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1944–1950 Atlético Aviación 94 (7)
1950–1957 Deportivo da Coruña 135 (10)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Julián Cuenca Sánchez, nado en Madrid o 14 de novembro de 1923 e finado o 3 de febreiro de 1969, foi un futbolista español.[1] Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desenvolveu toda a súa carreira entre o Atlético de Madrid e o Deportivo da Coruña, destacando especialmente neste último, co que xogou 154 partidos entre 1950 e 1957.

O 29 de maio de 1955 recibiu unha homenaxe no estadio de Riazor cun partido amigábel entre o Deportivo e o Vasco da Gama brasileiro. O xogador do Real Madrid Alfredo Di Stéfano, así como os célticos Pablo Olmedo e Carlos Torres participaron naquela homenaxe xogando coa camisola do Deportivo da Coruña.[2][3]

Faleceu a consecuencia dun cancro.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha en bdfutbol.com
  2. "El Vasco da Gama venció al Deportivo, en partido homenaje a Cuenca (6-1)". La Noche (en castelán). 30 de maio de 1955. p. 1. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  3. "En los vestuarios de Riazor". La Noche (en castelán). 30 de maio de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  4. ""Julián Cuenca - colchonero.com". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]