José Manuel Esnal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mané
Vitoria - Estadio de Mendizorroza 6.jpg
Información persoal
Nome José Manuel Esnal Pardo
Nacemento 25 de marzo de 1950
Lugar de nacemento Balmaseda
Posición centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1977–1980 Balmaseda 88 (8)
Adestrador
1980–1981 Balmaseda
1981–1982 Barakaldo
1982–1984 Sestao
1984 Alavés
1985–1987 Figueres
1988–1995 Lleida
1995–1996 Malorca
1996–1997 Levante
1997–2003 Alavés
2005–2006 Levante
2006–2007 Athletic de Bilbao
2008–2009 Espanyol
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Manuel Esnal Pardo, coñecido como Mané, nado en Balmaseda o 25 de marzo de 1950, é un exfutbolista e exadestrador español. Dirixiu 10 equipos, destacando especialmente os seus pasos polo Lleida, co que ascendeu dende a Segunda División B ata a Primeira División, e co Alavés, equipo ao que levou dende Segunda ata a final da Copa da UEFA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios

Como futbolista non chegou a xogar máis arriba da Terceira División, categoría na que militou tres tempadas co club da súa localidade natal, a SD Balmaseda FC. Colgou as botas aos 30 anos, en 1980, e comezou inmediatamente a súa carreira como adestrador no propio Balmaseda, collendo as rendas do equipo en Terceira. Nos seguintes anos pasou polo banco doutros equipos vascos, como o Barakaldo, o Sestao e o Alavés.

EU Figueres

Porén, o seu primeiro grande éxito chegou da man da UE Figueres, coa que se proclamou campión de Segunda B en 1986, logrando así o ascenso a Segunda División.[1] Con todo, non chegou a rematar a seguinte tempada, pois foi cesado en febreiro de 1987 e substituído polo galego Carriega.[2]

EU Lleida

A finais de 1988 fichou polo Lleida, club ao que adestrou durante os seguintes sete anos, pasando por varios ascensos e descensos. Na tempada 1989/90 foi campión do seu grupo de Segunda División B, ascendendo a Segunda,[3] e na 1992/93 proclamouse campión de Segunda, levando o equipo á máxima categoría do fútbol español por segunda vez na súa historia.[4] Non obstante, a pesar de conseguir derrotar ao Real Madrid e ao FC Barcelona, o equipo non puido manter a categoría, descendendo ao remate da tempada.[5] Deixou o club tras rematar na 3ª posición da Segunda División na tempada 1994/95, sendo eliminado polo Sporting de Gijón na promoción de ascenso.[6]

RCD Mallorca

En novembro de 1995 asinou polo Mallorca,[7] substituíndo no banco a Irulegui, pero foi destituído en xaneiro de 1996, despois de só 13 partidos á fronte do equipo insular (5 vitorias, 3 empates e 5 derrotas).[8]

Levante UD

Na tempada 1996/97 dirixiu o Levante UD, quedando 9º clasificado na categoría de prata.[9]

Deportivo Alavés

En 1997 regresou a Mendizorroza para adestrar por segunda vez o Alavés.[10] Alí dirixiu a homes como Paco Leal, Téllez, Pablo Gómez, ou Manolo Serrano, logrando na súa primeira tempada ascender o club á Primeira División, despois de 42 anos fóra da elite. Fíxoo ademais como campión de Segunda con 82 puntos, cifra récord ata aquel entón, despois de mostrar unha gran solidez defensiva, con só 25 goles encaixados en 42 xornadas.[11]

Na Copa do Rei o equipo eliminou sucesivamente ao Aurrera, o Oviedo e o Compostela de Fernando Vázquez antes de enfrontarse en oitavos de final ao Real Madrid de Heynckes. Un solitario gol de Serrano deulle a vitoria na ida ao club vasco, mentres que na volta Pedro Riesco marcou o gol que abriu o marcador e que finalmente significou o pase do Alavés á seguinte rolda, a pesar de que o Real Madrid conseguiu marcar dous goles. Nos cuartos de final o equipo de Mané derrotou en Vitoria ao Deportivo da Coruña de Arsenio Iglesias por 3-1, e certificou o pase ás semifinais cun empate sen goles en Riazor. Finalmente o Alavés caeu eliminado nas semifinais, despois de perder tanto na ida como na volta fronte o Mallorca.[12]

Mané continuou á fronte do Alavés durante as seguintes cinco campañas en Primeira División, e despois de sufrir para conseguir a permanencia na primeira delas, o equipo acadou unha histórica sexta praza na seguinte, clasificándose así para xogar a Copa da UEFA por primeira vez na súa historia.[13] O equipo vasco foi eliminando a tódolos seus rivais na competición europea (Gaziantepspor, Lillestrøm, Rosenborg, Inter de Milán, Rayo Vallecano e Kaiserslautern) ata acadar unha histórica final, que disputou ante o Liverpool de Gérard Houllier no Westfalenstadion de Dortmund. Un gol de Jordi Cruyff nos minutos finais puxo o 4-4 no marcador e forzou unha prórroga, na que a vitoria sería finalmente para o equipo inglés por 5-4.[14]

Nos seguintes anos continuou con bos resultados, logrando unha segunda clasificación para a UEFA na tempada 2001/02, na que acabou sétimo. Con todo, as cousas torcéronse na tempada seguinte e o técnico foi cesado en abril de 2003, co equipo ocupando a penúltima praza da liga.[15]

Levante UD

Na tempada 2005/06 substituíu a José Luis Oltra no banco do Levante UD tralas primeiras 10 xornadas do campionato de Segunda División.[16] A pesar de protagonizar unha tempada irregular no seu regreso ao club valenciano, e de estar preto do despedimento en máis dunha ocasión ao longo do ano, conseguiu o ascenso a Primeira ao rematar terceiro por detrás do Recreativo de Huelva e do Nàstic.[17] Porén, o éxito non lle valeu a renovación.[18]

Athletic Club

Mediada a tempada 2006/07 foi contratado polo Athletic Club, trala destitución do anterior adestrador, Félix Sarriugarte, que lograra só unha vitoria nas primeiras 12 xornadas e que tiña o equipo en postos de descenso.[19] Con Mané á fronte, o conxunto vasco conseguiu manter a categoría, único obxectivo que se lle marcaba,[20] e foi substituído por Joaquín Caparrós para a seguinte tempada.

RCD Espanyol

O 1 de decembro de 2008 chegou ao Espanyol para substituír a "Tintín" Márquez,[21] pero apenas pasou mes e medio no banco do Estadio Olímpico de Montjuïc, pois foi cesado en xaneiro, despois de obter tres empates e tres derrotas en seis xornadas de liga, aínda que logrou clasificarse para os cuartos de final da Copa do Rei.[22]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Figueres
Lleida
Alavés

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ascienden a Segunda: Figueras y Jerez". ABC (en castelán). 19 de maio de 1986. p. 60. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  2. "Mané, entrenador del Figueras, cesó en su cargo". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de febreiro de 1987. p. 46. 
  3. Aisa, Josep Anton (21 de maio de 1990). "6-1: Se acabaron las “mates" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). p. 27. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  4. Muntané, Eduard (6 de xuño de 1993). "A Primera, por la puerta grande" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). p. 24. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  5. García, Fernando (16 de maio de 1994). "Triste despedida del conjunto ilerdense" (PDF). La Vanguardia (en castelán). p. 12. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  6. Muntané, E.; Moncayo, C. (1 de xullo de 1995). "Durán confirma el fichaje de López en el adiós de Mané" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). p. 35. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  7. Candia, Patricio (3 de novembro de 1995). "Mané firma como técnico del Mallorca". El País (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  8. Barceló, Alfons (26 de xaneiro de 1996). "El Mallorca cesa a Mané y piensa en Víctor Muñoz" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). p. 51. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  9. García, P.; Carrión, Soler (17 de maio de 1997). "Bajas y fichajes roban el interés al encuentro" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). p. 28. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  10. Felis, Josep (21 de setembro de 1997). "El Lleida busca su primer triunfo ante el Alavés" (PDF). La Vanguardia (en castelán). p. 59. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  11. "El triunfo ante el Rayo desató la fiesta". El País (en castelán). EFE. 4 de maio de 1998. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  12. Hermida, Xosé (12 de febreiro de 1998). "El Alavés se encuentra con la historia". El País (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  13. Rodrigálvarez, Eduardo (20 de maio de 2000). "El Alavés se mete en la Copa de la UEFA". El País (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  14. Artús, José Luis (17 de maio de 2001). "Caen como hombres" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). p. 2. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  15. "El Alavés acuerda con Mané su destitución como entrenador". ABC (en castelán). 29 de abril de 2003. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  16. "Mané, nuevo técnico del Levante tras la destitución de Oltra". Cadena SER (en castelán). 31 de outubro de 2005. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  17. "El Levante consigue su tercer ascenso a Primera División". Cadena SER (en castelán). 17 de xuño de 2006. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  18. "Mané no seguirá como entrenador del Levante pese al ascenso". Levante-EMV (en castelán). 22 de xuño de 2006. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  19. "Mané, nuevo entrenador del Athletic de Bilbao". 20 minutos (en castelán). 28 de novembro de 2006. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  20. "El Athletic seguirá en Primera". El Mundo (en castelán). EFE. 17 de xuño de 2007. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  21. Juárez, Mª Carmen; Román, Rogelio (2 de decembro de 2008). "Viene Mané". Mundo Deportivo (en castelán). p. 18. 
  22. "Mané, destituido como técnico del Espanyol". Marca (en castelán). 20 de xaneiro de 2009. Consultado o 28 de marzo de 2022.