Jorge Valín
Valín | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jorge Valín Sánchez | ||
Nacemento | 7 de xaneiro de 2000 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Lateral dereito | ||
Información de club | |||
Club actual | Numancia | ||
Carreira xuvenil | |||
–2014 | Victoria CF | ||
2014–2018 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2020 | Deportivo Fabril | 42 | (0) |
2019–2022 | Deportivo da Coruña | 15 | (0) |
2022 | → Cornellà | 13 | (0) |
2022– | Numancia | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 17 de xullo de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Jorge Valín Sánchez, nado na Coruña o 7 de xaneiro de 2000, é un futbolista galego. Xoga de lateral dereito no Numancia, da Primeira División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
No verán de 2014 foi fichado polo Deportivo da Coruña procedente do Victoria CF, incorporándose ao equipo cadete B da Liga Galega. Chegou ao Deportivo como extremo atrasando máis tarde a súa posición ata o lateral dereito.[1] Na tempada 2017–18, sendo aínda xuvenil, debutou co Fabril en Segunda División B, na oitava xornada do campionato, nunha vitoria fronte o Real Valladolid Promesas en Abegondo (1–0).[2]
O 31 de maio de 2019 renovou o seu contrato por dúas temporadas con opción de ampliación.[3]
O 13 de outubro de 2019 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, nun partido de Segunda División contra a UD Las Palmas.[4] Foi no Estadio de Gran Canaria e xogou o partido completo.[5] Tras o descenso do Deportivo á Segunda B, Valín ascendeu definitivamente ao primeiro equipo para a tempada 2020/21, levando o dorsal número 2.[6] Disputou un total de 13 encontros de liga e debutou na Copa do Rei, nun encontro fronte ao Alavés.
Ao remate da competición tivo que pasar polo quirófano para operarse dun problema na cadeira.[7] A recuperación durou máis do esperado e non estivo plenamente recuperado ata decembro. Ao seu regreso ao equipo, a dura competencia polo posto, con ata tres laterais dereitos máis (Víctor García, Trilli e Alberto Benito), impediu que chegase a debutar na nova Primeira División RFEF, polo que en xaneiro saíu cedido ao Cornellà, da Segunda División RFEF.[8] Co equipo catalán loitou pola permanencia e disputou un total de 13 partidos, 5 deles como titular.
Ao remate da tempada desvencellouse do Deportivo, despois de oito anos no club, e asinou polo Numancia, da mesma categoría.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Los refuerzos de la factoría Abegondo: Jorge Valín" (en castelán). 9 de xuño de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ Rosende, Carlos (23 de outubro de 2017). "Mujaid, tercer debutante juvenil en Segunda B" (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020.
- ↑ "Valín renova 2 temporadas co Fabril con opción de ampliación por parte do Club". Deportivo da Coruña. 31 de maio de 2019.
- ↑ "Jorge Valín: “El partido de Las Palmas fue un sueño hecho realidad”". DxT Campeón (en castelán). 1 de abril de 2020. Consultado o 24 de xuño de 2020.
- ↑ "Acta do UD Las Palmas - Deportivo de 2019". Consultado o 24 de xuño de 2020.
- ↑ "Dorsais do #DÉPOR para a Temporada 2020-2021". 6 de outubro de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ Palleiro, Armando (23 de outubro de 2021). "Jorge Valín recibe el alta médica tras un día muy ‘light’". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jorge Valín se marcha cedido al UE Cornellá" (en castelán). 3 de xaneiro de 2022. Consultado o 3 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jorge Valín ya tiene nuevo destino y seguirá en Primera RFEF" (en castelán). 12 de xullo de 2022. Consultado o 17 de xullo de 2022.