Tomás Collado Herrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomás
Información persoal
Nome Tomás Collado Herrero
Nacemento 21 de decembro de 1925
Lugar de nacemento Nieva
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Olimpia
Jalisco
Cultural Leonesa
–1949 Deportivo Maestranza Aérea
1949–1953 Salamanca 97 (4)
1959–1960 Deportivo da Coruña 134 (4)
1959–1960 Racing de Ferrol 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Tomás Collado Herrero, nado en Nieva (Segovia) o 21 de decembro de 1925, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu na localidade segoviana de Nieva, viviu dende os dous meses en Xixón, onde comezou a xogar ao fútbol en equipos infantís.[1] Pasou polo Olimpia e o Jalisco,[2] antes de realizar o servizo militar en León, onde xogou na Cultural Leonesa e no Deportivo Maestranza Aérea, que militaba na Terceira División e co que debutou nun partido na Coruña fronte ao Xuvenil.[1]

Trala desaparición do club leonés fichou pola UD Salamanca, coa que que xogou durante catro tempadas na Segunda División. Nas dúas últimas tivo como adestrador ao galego Santiago Losada, que o recomendou a Carlos Iturraspe, técnico do Deportivo da Coruña. Deste xeito converteuse en futbolista do Deportivo en setembro de 1953.[3] Debutou na Primeira División na segunda xornada da tempada 1953/54 contra o Sporting de Gijón en Riazor, e foi titular durante case toda a campaña, con Zubieta e Rodolfo como compañeiros máis habituais na defensa.

Militou seis campañas no Deportivo da Coruña, catro delas na máxima categoría, e sumou 144 partidos oficiais e 4 goles. En maio de 1959 tributóuselle unha homenaxe no estadio de Riazor, cun partido amigable entre o Deportivo e o Zaragoza, no que o club coruñés xogou reforzado con futbolistas como Romero, Suco, Amarilla ou Jaburú.[2][4] En outubro dese ano fichou polo Racing de Ferrol, da Segunda División, co que xogou só tres partidos de liga.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Opina Tomás, defensa herculino". La Noche (en castelán) (11438). 15 de novembro de 1957. p. 6. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Charla con Tomás Collado en vísperas de su homenaje". La Noche (en castelán) (11763). 26 de maio de 1959. p. 5. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  3. "Collado firma por el Deportivo". La Noche (en castelán) (10151). 8 de setembro de 1953. p. 2. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  4. "El Zaragoza y Deportivo empataron a dos tantos". La Noche (en castelán) (11766). 29 de maio de 1959. p. 5. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  5. "El C. Ferrol a Orense". El Pueblo Gallego (en castelán) (11787). 25 de outubro de 1959. p. 15. Consultado o 22 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]