José Ufarte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Armando Ufarte Ventoso, coñecido deportivamente como José Ufarte, nado en Pontevedra o 17 de maio de 1941, é un ex-futbolista e adestrador galego, con dobre nacionalidade brasileira. Actualmente dirixe á selección Sub-21 de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Ufarte marchou xa de novo coa súa familia a Brasil, onde comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Flamengo, até que en 1958 debuta co primeiro equipo. Na tempada 1961-62 estivo no Corinthians, regresando ao ano seguinte ao Flamengo, cos que gañou unha liga brasileira.

En 1964 marchou a España, fichando polo Atlético de Madrid. Debutou na primeira división o 13 de setembro de 1964 contra o Betis con vitoria por 3 a 1. Na primeira tempada no equipo colchoneiro acada o subcampionato de liga, trofeo que acadaría na tempada seguinte e noutras dúas ocasións máis, amais de dúas Copas do Xeneralísimo. A súa última tempada no Atlético de Madrid foi a 1973-74, na que volveu acadar o subcampionato de liga. En total estivo 10 tempadas no Atlético de Madrid, desputando 246 partidos de liga nos que marcou 25 goles.

En 1974 fichou polo Racing de Santander, cos que logra o ascenso á primeira división. Na tempada seguinte, a derradeira nos terreos de xogo, Ufarte xogou 27 partidos de liga e marcou sete goles.

Ufarte xogou un total de 273 partidos na primeira división española, marcando 32 goles. Ufarte era un extremo dereito que destacaba pola súa técnica individual, o seu pase preciso, a súa velocidade e mailo seu regate explosivo.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Comezou adestrando as categorías inferiores do Atlético de Madrid. Na tempada 1987-88 colleu o primeiro plantel, aínda que só estivo tres partidos no banco. En 1988 comeza a adestrar o Racing de Santander, pero é destituído na súa segunda tempada, tras descender a segunda B.

Na tempada 1990-91 adestra o Mérida, e en 1997 incorpórase á Real Federación Española de Fútbol. Alí foi seleccionador da selección española Sub-16, Sub-19 e actualmente é o seleccionador da Sub-21.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española de fútbol en 16 ocasións, marcando dous goles. Debutou o 5 de maio de 1965 contra Irlanda, perdendo 1 a 0. Participou no Mundial de Inglaterra de 1966, xogando un encontro fronte a Arxentina.

Clubes[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]