Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1970 (MCMLXX ) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano , e foi declarado Ano Internacional da Educación pola Organización das Nacións Unidas .
1 de xaneiro - No Reino Unido fíxase a maioría de idade nos 18 anos.
12 de xaneiro : a Guerra de Biafra , finaliza coa rendición de Biafra .
23 de xaneiro : os gobernos do Perú e Colombia dan a coñecer a súa decisión de defender os seus dereitos para fixar a extensión dos seus mares territoriais.
23 de febreiro : en Georgetown (Guïana ), o gobernador xeral británico proclama o nacemento da República de Guïana, con sir Edward Luckhoo como presidente.
9 de abril : en Chile , Salvador Allende convértese no primeiro político socialista da América do Sur que gaña eleccións presidenciais.
10 de abril : George Harrison anuncia a disolución do grupo The Beatles .
29 de abril : tropas estadounidenses e survietnamitas invaden Camboxa na procura de gerrilleiros vietcongs .
5 de maio : O buque petroleiro Polycommander encalla nas illas Cíes .
9 de maio : Nos Estados Unidos cen mil persoas protestan contra a guerra do Vietnam .
31 de maio : inauguración da Copa do Mundo de Fútbol na Cidade de México . Brasil será o campión neste ano.
21 de xuño : Inauguración do encoro de Asuán , en Exipto .
6 de setembro : Miguel Ángel Araujo Iglesias é ordenado bispo de Mondoñedo-Ferrol , celebrándose a cerimonia en galego por vez primeira na historia da igrexa galega.
10 de outubro : Fixi independízase do Reino Unido .
15 de outubro : en Exipto , Anwar el-Sadat convértese no novo presidente como sucesor do falecido Gamal Abdel Nasser .
13 de novembro : en Siria , tras un golpe de estado, Hafez al-Assad asume a presidencia do país.
10 de decembro : en Estocolmo , os investigadores da fusión nuclear e do ferromagnetismo Hannes Alfvén de Suecia e Louis Néel de Francia reciben o Premio Nobel de Física .
10 de decembro : en Noruega , o arxentino Luis F. Leloir é galardonado co Premio Nobel de Química polas investigacións realizadas sobre a interconversión de hidratos de carbono simples en complexos. O investigador agrónomo estadounidense Norman Borlaug recibe o Premio Nobel da Paz polo desenvolvemento en variacións de trigo de alta produtividade.
2 de febreiro - Aitor Gorosabel , cantante e guitarrista vasco.
12 de febreiro - Zack de la Rocha , cantante estadounidense.
7 de marzo - Xosé Duncan , escritor galego.
28 de marzo - Xerardo Quintiá , escritor galego.
29 de abril - Uma Thurman , actriz estadounidense.
29 de abril - Andre Agassi , tenista estadounidense.
4 de maio - Blanca Riestra , escritora galega.
5 de maio - Sviatoslav Shevchuk , Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia .
7 de xullo - Christian Levrat , sindicalista e político suízo.
31 de agosto - Debbie Gibson , cantante e actriz estadounidense.
20 de outubro - Aapo Ilves , escritor estoniano.
24 de novembro - Julieta Venegas , compositora e cantante mexicana.
9 de maio - Jesús Vázquez Gayoso , avogado e político galego (n. 1909).
2 de xuño - Giuseppe Ungaretti , poeta italiano.
15 de xuño - Almada Negreiros , artista multidisciplinar portugués.
27 de xullo - António de Oliveira Salazar , ditador portugués.
1 de agosto - Otto Heinrich Warburg , fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1931 .
12 de agosto - Juan López Suárez , médico e filántropo galego (n. 1884).
3 de setembro - François Mauriac , escritor francés.
14 de setembro - Rudolf Carnap , filósofo alemán.
18 de setembro - Jimi Hendrix , músico de rock estadounidense.
22 de setembro - Antonio Baltar , médico galego (n. 1906).
25 de setembro - Erich Maria Remarque , escritor alemán.
28 de setembro - Gamal Abdel Nasser , político e presidente exipcio.
28 de setembro - John Dos Passos , novelista e artista plástico estadounidense.
3 de outubro - José García Ramos , médico e político galego (n. 1875).
4 de outubro - Janis Joplin , cantante estadounidense.
28 de outubro - Gamal Abdel Nasser , presidente de Exipto.
8 de novembro - Marcelino García Villar , político galego (n. 1904)
9 de novembro - Charles de Gaulle , político e militar francés.
20 de novembro - María Barbeito , mestra e pedagoga galega (n. 1880 )
25 de novembro - Yukio Mishima , escritor xaponés.
Historia ano a ano