Múnic
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
München (de) | |||||
Himno | Solang der alte Peter (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Weltstadt mit Herz» «München mag Dich» | ||||
Epónimo | monxe | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baviera | ||||
Regierungsbezirk | Alta Baviera | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.512.491 (2022) (4.867,85 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua alemá Lingua bavaresa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 310,71 km² | ||||
Bañado por | Río Isar, Isar-Werkkanal (en) , Würm, Eisbach (en) , Auer Mühlbach (en) , Kleinhesseloher See (en) , Dreiseenplatte (en) , Kleine Isar (en) , Nymphenburg Canal (en) e Schwabinger Bach (en) | ||||
Altitude | 519 m | ||||
Comparte fronteira con | Gräfelfing Putzbrunn (pt) Haar (pt) Feldkirchen (pt) Aschheim (pt) Unterhaching (pt) Pullach (pt) Grünwald (pt) Neuried Planegg (pt) Unterföhring (pt) Oberschleißheim Ismaning (pt) Garching bei München (pt) Neubiberg (pt) Q55278376 (1862–1879) Q55278629 (1862–1879) Munique (pt) (1880–) Dachau (pt) (1938–) Fürstenfeldbruck (pt) (1942–) | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1158 | ||||
Evento clave | |||||
Santo padrón | Benno (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Lord mayor of Munich (en) | Dieter Reiter (pt) (2014–) | ||||
Membro de | Working Group of Bicycle-Friendly Municipalities in Bavaria (en) Bayerischer Städtetag (pt) Aliança Climática (pt) (1993–) Mayors for Peace (en) (2005–) | ||||
Orzamento | 8.869.571.100 € (2023) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 80331–81929 e 85540 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 089 | ||||
Código NUTS | DE212 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 091620000000 | ||||
Número de municipio alemán | 09162000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | stadt.muenchen.de… | ||||
Múnic[1] (en alemán: München, [ˈmʏnçn̩] (AFI), escoitar; en bávaro Minga) é a capital do estado (Bundesland) de Baviera. É, tras Berlín e Hamburgo, a terceira cidade en tamaño de Alemaña, cunha poboación de 1.512.491 habitantes (2022). Está á beira do río Isar. É coñecida nalgúns ámbitos polo seu equipo de fútbol (o Bayern de Múnic) e pola súa cervexa, base da chamada "Oktoberfest". Foi a sede das Olimpíadas de 1972.
Historia
[editar | editar a fonte]O asentamento foi fundado como Munichen en 1158 por Henrique o León, duque de Saxonia. Medio século despois conseguía o título de cidade e era fortificada. Inicialmente, o bispo Otto von Freising(Freising) e Henrique disputáronlle a cidade ao emperador no Reichstag en Augsburgo. En 1180, co acordo de Henrique o León, Otto de Wittelsbach converteuse en duque de Baviera e fundou a dinastía Wittelsbach, que dirixiría Baviera até 1918. En 1255, o ducado de Baviera dividiuse en dous, e Múnic converteuse na capital da Alta Baviera.
En 1327, a cidade foi destruída por un incendio, mais reconstruída anos despois por Luís IV, quen tiña daquela o trono do Sacro Imperio Romano Xermánico. En 1632, a cidade caeu baixo o control de Gustavo Adolfo II de Suecia na Guerra dos Trinta Anos, mais en 1705 foi reconquistada pola dinastía Habsburgo. A primeira institución académica da cidade, a Academia Bávara de Ciencias, foi fundada en 1759. A cidade medrou rapidamente até se converter nunha das maiores da Europa continental. En 1806, converteuse na capital do estado monárquico bávaro, sede do parlamento estatal (Landtag) e da nova arquidiocese de Múnic e Freising. Vinte anos despois, outra prestixiosa institución educativa, a Universidade Landshut, asentouse en Múnic.
Moitos dos mellores edificios e espazos da cidade datan deste período, baixo o estilo arquitectónico maximiliano, nomeado así por Maximiliano I. Entre estes están a Ludwigstraße, a Ruhmeshalle e a Königsplatz, dos arquitectos Leo von Klenze e Friedrich von Gärtner, e a estatua "Baviera", feita por Schwanthaler.
En 1882 coa introdución da iluminación eléctrica, a cidade foi a sede da primeira exhibición de electricidade en Alemaña. Dezanove anos despois, inaugurouse o Zoo Hellabrunn. Tras a primeira guerra mundial, a cidade foi o centro en que Adolf Hitler e os nazis comezaron a toma do poder sobre Alemaña. O 8 e o 9 de novembro de 1923, Hitler e os seus seguidores concentráronse na cidade para tratar de derrocar o goberno no infrutuoso Putsch de Múnic. A consecuencia disto, entre outras, foi o encarceramento de Hitler e Hess, entre outros dirixentes nazis. Porén, a cidade volveu ser un dos baluartes nazis cando conseguiron o poder o 30 de xaneiro de 1933.
En 1938, representantes de Alemaña, Italia, Francia e Gran Bretaña asinaron o Pacto de Múnic, polo que foi anexionada ao Terceiro Reich a rexión dos Sudetes, pertencente a Checoslovaquia. Un ano despois, no 1939, houbo en Múnic un infrutuoso intento de asasinato de Hitler. Múnic foi a cidade da coñecida como Die Weiße Rose (A Rosa Branca), un movemento de resistencia estudantil entre xuño de 1942 e febreiro de 1943. Foron arrestados trala distribución de panfletos na Universidade de Múnic. A cidade foi duramente castigada durante a segunda guerra mundial e, despois da ocupación americana no 1945, foi reconstruída a partir dun ambicioso plan.
Cultura e turismo
[editar | editar a fonte]A cidade ten varios museos, como a Alte Pinakothek (vella pinacoteca), a Neue Pinakothek (nova pinacoteca) ou a Pinakothek der Moderne (pinacoteca de arte moderna) . Foi tamén o lugar do Blaue Reiter, grupo de artistas anterior á primeira guerra mundial.
Outras lugares de interese son o Englischer Garten (en galego, parque inglés), un espazo axardinado próximo ao centro da cidade, o Deutsches Museum, un museo de carácter científico, e o Rathaus-Glockenspiel, un reloxo ornamental con figuras móbiles na Casa do Concello. A festa máis famosa da cidade é a Oktoberfest, dende finais de setembro até primeiros de outubro, na que se exalta principalmente a cervexa.
A Olympiaturm, situada no parque olímpico, lembra o masacre ocorrido nas Olimpíadas de 1972, na que terroristas do grupo palestino "Setembro Negro" secuestraron ao equipo olímpico de Israel. O resultado foi o asasinato dos israelís hospedados, cinco terroristas e un policía alemán.
Arredores
[editar | editar a fonte]Na chaira de Voralpenland (a terra antes dos Alpes), son varias as cidades tradicionais bávaras, entre elas Dachau, Fuerstenfeldbruck, Freising ou Erding.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O seu punto máis alto é o Warnberg, situado no décimo noveno distrito (Thalkirchen - Obersendling - Forstenried - Fürstenried - Solln), cunha altura de 519 m. O máis baixo, de 492 m, atópase ao norte, no distrito de Feldmoching.
O río Isar transcorre pola cidade durante un total de 13,7 km, do suroeste ao nordés. Ten varias illas, como a Museumsinsel (Illa do Museo), en que se atopa o Deutsches Museum, dedicado á ciencia e á tecnoloxía alemás, ou a Praterinsel.
Ao redor da cidade existen numerosos lagos, como o Ammersee, o Wörthsee ou o Starnberger See. Neste último ten a súa orixe o río Würm, que baña a cidade xunto co Hachinger Bach e algunhas das canles do río Isar.
Climatoloxía
[editar | editar a fonte]Múnic atópase nunha zona de transición entre o clima atlántico, húmido, e o continental, seco. Ademais, son factores climáticos decisivos os Alpes e a proximidade ao río Danubio. Esta combinación de elementos fai que, en termos meteoróloxicos, se trate dunha rexión moi inestábel.
O Föhn, vento procendente dos Alpes, transporta de maneira irregular aire seco desde o sur cara á cidade durante todo o ano. Estas correntes contribúen a unha moi boa visibilidade durante case a maior parte do ano, o que permite observar desde a distancia a cordilleira alpina. A temperatura máis alta rexistrada oficialmente foi de 35,8 °C na estación de medida de Nymphenburg.
Os trebóns son habituais. Até a actualidade, a máis prexudicial é a do 12 de xullo do 1984, con danos de aproximadamente 1,5 mil millóns de euros. A neve, principalmente debido á súa proximidade cos Alpes, é común no inverno.
Nunha análise por distritos, constatouse que o norte se atopa máis afectado polas brétemas, e que a parte leste é máis seca que a oeste. Estas marcadas diferenzas, que crean un microclima particular, teñen a súa base principal na división da cidade por parte do Isar.
Economía
[editar | editar a fonte]Segundo unha comparación entre as cincuenta cidades máis grandes de Alemaña, realizada pola revista Wirtschaftswoche, a INSM e a Kölner IW Consult GmbH, Munic é a que ten a mellor calidade de vida e maior benestar económico. O estudo, presentado en Berlín o 30 de xuño do 2006, considera a capital bávara a cidade con máis éxito económico do país, seguida por Frankfurt, Stuttgart, Düsseldorf e Maguncia. Nel valóranse indicadores económicos e de infrastruturas como a produtividade, os investimentos, a innovación, a taxa de paro, o número de habitantes altamente cualificados ou os soldos. Múnic conseguiu 77,6 puntos de 100, mentres que o resto de cidades da lista quedaron por baixo dos 70 puntos. Pola súa parte, segundo a revista económica Capital, Múnic tamén é a máis adiantada na clasificación de perspectivas económicas, seguida de Stuttgart, Düsseldorf e Hamburg. O poder adquisitivo da cidadanía muniquesa sitúase nos 26.648€ por habitante, a gran distancia doutras cidades alemás.
Os principais sectores económicos son o turismo, a construción de maquinaria, a industria automobilística, as telecomunicacións e a edición de software. Tamén teñen importancia as entidades financeiras e destaca por ser a sede do maior número de empresas de seguros de Alemaña. A biotecnoloxia é tamén importante na zona de influencia financeira, a pesar de que se concentra no municipio veciño de Planegg. A capital de Baviera acolle tamén acotío feiras de nivel internacional.
Múnic destaca tamén por ser a segunda cidade con máis editoriais de todo o mundo, só por detrás de Nova York. O Süddeutsche Zeitung, un dos principais diarios en lingua alemá, edítase na cidade. Unha gran cantidade de industria correspondente ao resto de medios de comunicación concéntrase na súa área de influencia económica: a televisiva a Unterföhring e a cinematográfica a Geiselgasteig.
As empresas Allianz, BMW, Hypo Real Está, Infineon, MAN, Münchner Rück AG, Siemens AG e Linde AG, con sede na cidade, cotizan no índice DAX, o que lle outorga tamén nesta categoría o primeiro lugar da clasificación.
Empresas con sede en Múnic
[editar | editar a fonte]Especialmente despois da segunda guerra mundial, moitas empresas con sede en Berlín ou na República Democrática Alemá trasladáronse a Múnic. Algunhas delas son:
|
|
|
Actividades culturais e lúdicas
[editar | editar a fonte]Estas son algunhas actividades culturais salientábeis da cidade:
- Entroido: Tanz der Marktfrauen (baile das mulleres do mercado).
- Febreiro/marzo: Starkbierfest (festa da cervexa forte), especialmente no Nockherberg, sede da cervexaría Paulaner.
- Abril: Frühlingsfest (festa de primavera) en Theresienwiese.
- Abril/maio: Auer Dult, mercado tradicional na Mariahilfsplatz.
- Maio: Festa cultural e familiar do primeiro de maio na Marienplatz.
- Maio: Münchener Biennale, mostra internacional de teatro musical.
- Maio/agosto: Die Münchner Blade Night, saída nocturna en patíns.
- Maio/xuño: Das StuStaCulum, o festival universitario máis grande de Alemaña en Studentenstadt Freimann, a residencia de estudantes máis grande do país.
- Xuño: Das Streetlife Festival, na Leopoldstraße.
- Xuño: Das Comicfestival.
- Xuño/xullo: Tollwood no Olympiapark.
- Xullo: Christopher Street Day, día do orgullo gai.
- Xullo: Festa xaponesa. O terceiro domingo do mes na caseta detrás da Casa da arte (Haus der Kunst).
- Xullo: Auer Dult.
- Xullo: Festival musical Bell'Arte no patio da Residenz.
- Agosto: Festa de verán no Parque Olímpico.
- Agosto: Theatron MusikSommer - un mes de concertos diarios no Parque Olímpico.
- Agosto: Festa de verán no Viktualienmarkt.
- Agosto: LILALU, festival infantil e de circo no Parque Olímpico.
- Setembro: Streetlivefestival na Leopoldstraße.
- Setembro/outubro: Oktoberfest, festa da cervexa no Theresienwiese (die Wies'n).
- Setembro/outubro: Auer Dult.
- Novembro/decembro: SPIELART, festival de teatro de Múnic.
- Novembro/xaneiro: Tollwood na Theresienwiese.
- Decembro: Mercado de Nadal (Christkindlmärkte).
Amais, destacan o Münchner Opernfestspiele (o festival de ópera) e o Filmfest München (mostra de cinema), ambos nos meses de verán.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]As Weißwurst (salchichas brancas) teñen a súa orixe en Múnic en 1857. O Leberkäse, unha especie de embutido quente, é outra das especialidades da cidade, acompañado normalmente cun pequeno bolo de pan (Semmel).
A cervexa é a bebida máis típica de Múnic. A máis popular é a Helles, unha cervexa de baixa fermentación. Tamén é común a Weißbier, de alta fermentación, na cal o 50% do cereal debe ser trigo. O duque Guillerme IV de Baviera promoveu a Reinheitsgebot, a lei que fixaba a composición da cervexa, aínda vixente. As marcas tradicionais da cidade son Löwenbräu, Paulaner, Spatenbräu, Augustiner, Hofbräu e Hacker-Pschorr.
Política
[editar | editar a fonte]Múnic, como capital de Bavaria, é a sede do Parlamento e o goberno bávaros. Amais, é capital da súa rexión, Oberbayern, e do seu distrito administrativo, Landkreis München. Outros órganos federais, estatais e internacionais teñen tamén a súa sede na cidade, como a Oficina Europea de Patentes ou o Bundesfinanzhof (Tribunal Federal de Finanzas).
Tradicionalmente dominaron a política local os partidos de centro esquerda, mentres que en Baviera adoita gobernar o centro dereita. Desde 1993 Christian Ude (SPD) ocupa a alcaldía da cidade. O tenente de alcalde é Christine Strobl (SPD), e o terceiro tenente de alcalde, Hep Monatzeder (Die Grünen, Os verdes). Na actualidade, a cidade atópase gobernada mediante un acordo entre socialistas e verdes.
Símbolos
[editar | editar a fonte]O escudo da cidade mostra en cor prateada un monxe bieito co hábito negro de contorno dourado e zapatos vermellos. Na man esquerda sostén un libro de xuramento e levanta a dereita para facelo.
O escudo actual foi confeccionado en 1957 e chámase Kleines Stadtwappen (escudo pequeno). En ocasións especiais utilízase o chamado Großes Stadtwappen (escudo grande). Nel aparece, sobre fondo prateado, un portal vermello coas portas abertas e custodiado por dúas torres cunha táboa raiada de cores negro e dourado. Sobre o portal figura un león dourado coroado. Na porta pódese ver o monxe que tamén aparece no escudo pequeno.
Transporte
[editar | editar a fonte]O aeroporto da cidade chámase Franz Josef Strauß na honra de dito político. É o segundo do país por volume de pasaxeiros, só superado polo de Frankfurt. O aeroporto de Memmingen constitúe unha alternativa de baixo custo, polo que algunhas aeroliñas denomínano Aeroporto de Memmingen/Múnic-Oeste.
Universidades
[editar | editar a fonte]- Ludwig-Maximilians-Universität München
- Technical University of Munich
- Munich University of Applied Sciences
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]- Bordeos (1964)
- Cincinnati (1989)
- Edimburgo (1954)
- Harare (1996)
- Kíiv (1989)
- Sapporo (1972)
- Verona (1960)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Muniqués.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Berlín Hamburgo Múnic |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Berlín | Berlín | 3 531 201 | 11 | Leipzig | Saxonia | 531 809 | |
2 | Hamburgo | Hamburgo | 1 810 698 | 12 | Dresden | Saxonia | 529 781 | |
3 | Múnic | Baviera | 1 378 176 | 13 | Hannover | Baixa Saxonia | 525 875 | |
4 | Colonia | Renania do Norte-Westfalia | 1 017 155 | 14 | Nürnberg | Baviera | 510 602 | |
5 | Frankfurt | Hessen | 691 518 | 15 | Duisburgo | Renania do Norte-Westfalia | 488 005 | |
6 | Stuttgart | Baden-Württemberg | 613 392 | 16 | Bochum | Renania do Norte-Westfalia | 373 976 | |
7 | Düsseldorf | Renania do Norte-Westfalia | 592 393 | 17 | Wuppertal | Renania do Norte-Westfalia | 349 470 | |
8 | Dortmund | Renania do Norte-Westfalia | 580 956 | 18 | Bonn | Renania do Norte-Westfalia | 327 913 | |
9 | Essen | Renania do Norte-Westfalia | 573 468 | 19 | Bielefeld | Renania do Norte-Westfalia | 323 395 | |
10 | Bremen | Bremen | 548 319 | 20 | Mannheim | Baden-Württemberg | 314 931 | |
Datos do censo de 2011 |