Estadio Benito Villamarín
Estadio Benito Villamarín | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Epónimo | Benito Villamarín ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Sevilla | |||
Concello | Sevilla ![]() | |||
Localización | Sevilla, España ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1929 ![]() | |||
Inauguración | 1929 (Estadio Benito Villamarín) 1 de xaneiro de 2000 (Estadio Manuel Ruiz de Lopera) | |||
Acontecementos | ||||
Mundial de Fútbol España 1982 ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 56.432 | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Real Betis | |||
Arquitecto | Antonio González Cordón Manuel López Ruiz | |||
Operador | Real Betis Balompié ![]() | |||
Ocupante | Real Betis Balompié ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Real Betis | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | realbetisbalompie.es… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Estadio Benito Villamarín é un estadio de fútbol da cidade de Sevilla, España, onde xoga os seus partidos como local o Real Betis. É o segundo estadio en capacidade da cidade tras o Estadio de La Cartuja.
Leva o seu nome en honra do ourensán Benito Villamarín, un dos presidentes do club, segundo votación realizada polos abonados en outubro de 2010[1], en substitución do nome Manuel Ruiz de Lopera que levaba dende o ano 2000, recuperando así o seu nome orixinal.
Historia
[editar | editar a fonte]O Sevilla Balompié, precursor do Real Betis Balompié xogaba inicialmente no Prado de San Sebastián. En 1920, comeza a xogar no campo do Real Patronato Obrero. A partir do 17 de marzo de 1929 comeza a xogar no Estadio de Heliópolis. Este é sucesivamente remodelado ata converterse no estadio actual. As máis importantes modificacións foron: A construción dos goles Norte e Sur no ano 1958. Posteriormente, volveuse a construír os goles Norte e Sur entre os anos 1971 e 1973. Construción da Tribuna de Beiril 1975. e construción da Tribuna de Fondo en 1979. A construción da Tribuna de Preferencia en 1981 e a construción do 1er Anfiteatro da bancada de preferencia en 1982. Queda o estadio, cunha capacidade de 45.000 espectadores, 27.000 deles sentados. Nel xóganse partidos do Mundial de España'82 e o famoso 12-1 de España a Malta que clasificou á selección española para a fase final da 1984.
Nova denominación
[editar | editar a fonte]O 16 de outubro de 2010, fixéronse públicos os resultados da votación realizada entre os abonados para determinar o novo nome do estadio. A participación foi do 30%. Unha minoría de 160 persoas votou por continuar co nome que levara os últimos anos Manuel Ruiz de Lopera. En cambio 6.107 (61,5%) optaron por que volvese á denominación anterior Benito Villamarín. A opción Heliópolis obtivo 2.786 votos (28%)[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2022. Consultado o 30 de decembro de 2022.