Felipe Mesones
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Felipe Mesones Temperán ![]() 9 de febreiro de 1936 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 15 de decembro de 2017 ![]() Murcia, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1968 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Felipe Mesones Temperán, nado en Buenos Aires o 9 de febreiro de 1936 e finado en Murcia o 15 de decembro de 2017,[1] foi un futbolista e adestrador arxentino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Xogaba de extremo dereito, era rápido, tiña facilidade para o desmarque e un forte golpeo do balón. Comezou a súa carreira futbolística no seu país, militando nas filas do Boca Juniors, o San Lorenzo de Almagro e o Atlanta, pasando logo polo Independente Santa Fe de Colombia, no que xogou unha tempada.[2] A continuación trasladouse a España, onde xogou o resto da súa carreira, pasando polo Real Murcia, Levante, Hospitalet e Europa, retirándose neste último en 1967.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Tras colgar as botas regresou á Arxentina, onde comezou a súa carreira como adestrador dirixindo o San Telmo. A continuación volveu cruzar o océano Atlántico para volver ao fútbol español, no que desenvolveu o resto da súa carreira como técnico durante as seguintes tres décadas.
Tras unha tempada no Mahón, e dúas no Cartagena, de Tercera División, comezou a súa primeira etapa como adestrador do Real Murcia na tempada 1972/1973 da Segunda División. Na súa primeira campaña proclamouse campión da categoría, logrando o ascenso á Primeira División.
Na seguinte tempada conseguiu a permanencia, pero na campaña 1974/75 foi cesado tras 10 xornadas, sendo substituído por Puskás.
Nas seguintes campañas pasou polos bancos do Tenerife, Elxe, Hércules, Salamanca, Valladolid, Granada e Cartagena.
En 1987 comezou a súa terceira etapa no Elche, conseguindo o ascenso a Primeira División tras rematar subcampión de Segunda. Máis tarde pasou dúas tempadas de novo no Murcia, disputando na segunda delas a promoción de ascenso a Primeira, pero sendo derrotado polo Zaragoza.
Posteriormente pasou polo Salamanca (por terceira vez) e polo Betis, antes de comezar a súa segunda etapa no Valladolid, co que conseguiu o terceiro ascenso a Primeira da súa carreira. Nos seguintes anos adestrou varios equipos de Segunda e Segunda B, incluída unha terceira etapa no Murcia, converténdose no adestrador que máis partidos dirixiu no club (196). Pechou a súa carreira na tempada 2001/02 no Cartagonova.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luto en el fútbol regional por la muerte de Felipe Mesones". La Verdad (en castelán). 15 de decembro de 2017. Consultado o 18 de marzo de 2022.
- ↑ Diusabá Rojas, Víctor; Ruiz Bonilla, Guillermo (2001). Santa Fe 60 años 1941-2001 (en castelán). Bogotá: Santa Fe Corporación Deportiva. p. 190.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1936
- Nados en Buenos Aires
- Finados en 2017
- Futbolistas da Arxentina
- Xogadores do CA Boca Juniors
- Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro
- Xogadores do CA Atlanta
- Xogadores do Club Independiente de Santa Fe
- Xogadores do Real Murcia
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores do CE L'Hospitalet
- Xogadores do CE Europa
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Adestradores do Cartagena FC
- Adestradores do Real Murcia
- Adestradores do CD Tenerife
- Adestradores do Elche CF
- Adestradores do Hércules CF
- Adestradores da UD Salamanca
- Adestradores do Real Valladolid
- Adestradores do Granada CF
- Adestradores do Real Betis Balompié
- Adestradores do Xerez CD
- Adestradores do FC Cartagena