Real Sporting de Gijón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sporting de Gijón
Nome Real Sporting de Gijón, S.A.D.
Alcume(s) Rojiblancos (Branquivermellos);
Sportinguistas
Fundación 1 de xullo de 1905 (108 anos)
Estadio El Molinón,
Xixón, España
Inauguración 1908
Capacidade 25.538
Presidente España Antonio Veiga
Adestrador España José Ramón Sandoval
Liga Segunda División
2012–13 10º
Vestimenta Kappa
Patrocinador Concello de Xixón
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

O Real Sporting de Gijón, coñecido popularmente como Sporting de Xixón, é un centenario e histórico club de fútbol profesional español da cidade de Xixón, en Asturias. Foi fundado o 1 de xullo de 1905, disputa os seus partidos como local no estadio El Molinón, o máis antigo do fútbol español, organiza desde 1962 o Trofeo Vila de Xixón (ata 1992, trofeo Costa Verde) e conta con algo máis de 20.000 abonados e 242 penas.[1]

A próxima tempada xogará na Segunda División Española. Con 39 tempadas en Primeira División, é o equipo asturiano que máis tempadas desputou na máxima categoría. Os seus máximos logros na categoría foron o subcampionato de Liga en 1979, así como dous subcampionatos de Copa do Rei en 1981 e 1982, e seis participacións na Copa da UEFA, actual UEFA Europa League.

Ocupa o posto nº 175 na clasificación histórica da IFFHS, sendo o único equipo asturiano en aparecer en dita lista[2] e o 15º na clasificación histórica da Primeira División.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: camiseta de raias verticais brancas e vermellas, representando as cores da bandeira de Xixón, pantalóns azuis (dise que como homenaxe ao mar) e medias azuis con volta vermella.
  • Uniforme visitante: Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Municipal El Molinón.

O estadio do Sporting de Xixón é o estadio de El Molinón, que data de 1908, sendo o máis antigo do fútbol profesional en España. O seu nome débese a existencia dun antigo gran muíño preto da situación do estadio. A súa capacidade é de 25.885 espectadores e as súas dimensións son de 105 x 68 metros.

O estadio xixonés sufriu varias remodelacións ao longo da súa historia. A primeira prodúcese en 1917. De entre todas elas cabe destacar a que sufriu con motivo da Mundial de España de 1982, durante a cal o estadio acolleu varios partidos do Grupo B, compartido co Estadio Carlos Tartiere de Oviedo. Actualmente estanse levando a cabo obras de ampliación do estadio.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 40
  • Tempadas en : 41
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 0
  • Participacións en competicións europeas: 6 (na Copa da UEFA)

Datos en Primeira[editar | editar a fonte]

  • Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 15º
  • Partidos xogados: 1268
    • Gañados: 424
    • Empatados: 305
    • Perdidos: 539
    • Goles a favor: 1558
    • Goles en contra: 1856
    • Puntos: 1195
  • Mellor posto: 2º (1978-79)
  • Peor posto: 20º (1997-98)
  • Peor puntuación acabada a tempada: 13 puntos (1997-98)
  • Maior número de tempadas consecutivas: 21 (1977-78 a 1997-98)
  • Maiores goleadas conseguidas:
  • Maiores goleadas encaixadas:
  • Maior serie de partidos consecutivos gañandos: 7 partidos (xornadas 1ª a 7ª na tempada 1979-80)
  • Maior serie de partidos consecutivos sen perder: 14 partidos (x.34ª da 1981-82 a x.13ª da 1982-83)

Datos en Segunda[editar | editar a fonte]

  • Posto na Clasificación histórica da Segunda división: 2º
  • Partidos xogados: 1214
    • Gañados: 568
    • Empatados: 277
    • Perdidos: 369
    • Goles a favor: 2129
    • Goles en contra: 1527
    • Puntos: 1575
  • Mellor posto: 1º (7 ocasións)
  • Peor posto: 13º (3 ocasións)
  • Maior número de tempadas consecutivas: 13 (1928-29 a 1943-44)

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Sporting de Gijón.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Datos do 12 de agosto de 2013.
Posto País Xogador
1 POR España Iván Cuéllar
2 DEF España Luis Hernández
4 MED España Mandi
5 DEF Flag of Colombia.svg Bernardo Espinosa
6 MED España Sergio Álvarez
7 MED España Javier Casquero
8 MED España Álex Barrera
9 DIA España Miguel Guerrero
10 MED España Nacho Cases
11 MED España Alberto Lora
12 DIA Flag of Serbia.svg Stefan Šćepović (cedido polo Partizan)
14 DEF España Iván Hernández
Posto País Xogador
15 DEF España Roberto Canella
16 DIA Flag of Serbia.svg Dejan Lekić (cedido polo Gençlerbirliği)
17 MED España Santi Jara
18 MED España Isma López
19 MED España Carlos Carmona
20 MED España Aritz López Garai
21 DIA España Hugo Fraile
22 MED Flag of Guinea-Bissau.svg Formose Mendy
23 MF España Cristian Bustos (cedido polo Celta)
24 DIA España Álex Serrano
25 POR España Alberto

Xogadores Históricos[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

  • Campionato Rexional de Asturias (13): 1917, 1918, 1920, 1921, 1922, 1923, 1924, 1926, 1927, 1930, 1931, 1940.

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Filial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Real Sporting de Gijón B.

O filial do Sporting é o Sporting B, fundado en 1967. Actualmente xoga na Segunda División B Española.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]