Miguel Muñoz
Miguel Muñoz | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Miguel Muñoz Mozún | ||
Nacemento | 19 de xaneiro de 1922 | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Falecemento | 16 de xullo de 1990 | ||
Lugar de falecemento | Madrid | ||
Altura | 165 centímetros | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1940/41 | Imperio | ||
1941/42 | Girod | ||
1942/43 | Imperio | ||
1943/44 | CD Logroñés | ||
1944/46 | Racing de Santander | ||
1946/48 | Celta de Vigo | ||
1948/58 | Real Madrid | ||
Adestrador | |||
1959/74 | Real Madrid | ||
1969 | Selección de fútbol de España | ||
1975/76 | Granada CF | ||
1977/79 | UD Las Palmas | ||
1979/82 | Sevilla FC | ||
1982–1988 | Selección de fútbol de España | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Miguel Muñoz Mozún, nado en Madrid o 19 de xaneiro de 1922 e finado na mesma cidade o 16 de xullo de 1990, foi un futbolista e adestrador de fútbol, que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar nos primeiros anos da posguerra en varios equipos de Madrid, como a Ferroviaria, o Girod ou o Imperio. En 1943 tarde xoga no CD Logroñés mentres facía o servizo militar pero o equipo descende a Terceira División e ao rematar a tempada ficha polo Racing de Santander
En 1946 ficha polo Celta de Vigo, onde militou dúas tempadas nas que chegou a disputar a final da Copa do Xeneralísimo, pese a marcar un gol na final o equipo perdeu ante o Sevilla FC por 4-1.
En 1948 foi traspasado ao Real Madrid, xunto á outra estrela do equipo Pahiño. Permanece no club madrileño dez tempadas, marcando o primeiro gol do equipo en competición europea e participando na conquista das tres primeiras Copas de Europa do club amais doutros títulos.
Foi internacional coa Selección de fútbol de España en sete ocasións, debutando o 20 de xuño de 1948 ante Suíza.
Retirouse no Real Madrid no ano 1958.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Un ano despois da súa retirada asumiu o cargo de adestrador do Real Madrid, gañando ese mesmo ano a Copa de Europa e converténdose así no primeiro en gañala como xogador e adestrador.
Dirixiu ao Real Madrid durante 13 anos, nun total de 601 encontros de Liga, gañando 9 veces o campionato ligueiro, dúas a Copa do Xeneralísimo, dúas a Copa de Europa e 1 Copa Intercontinental.
Tras deixar ao equipo madrileño dirixiu ao UD Las Palmas, co que chegou á final da Copa en 1978, encontro que perdeu ante o FC Barcelona por 3-1.
Adestrador da Selección de fútbol
Tralo Mundial de Fútbol España 1982 foi nomeado adestrador da Selección de fútbol de España dirixíndoa ata 1988. Nestes anos clasificou ao equipo para a Eurocopa de Fútbol Francia 1984 no famoso encontro contra Malta, no que tiña que gañar por unha diferenza de 11 goles e que rematou cun 12-1. Finalmente España sería subcampioa da Eurocopa por detrás da anfitrioa, Francia.
Tamén dirixiu o equipo no Mundial de Fútbol no que alcanzou os cuartos de final, sendo eliminada por Bélxica.
O último torneo que dirixiu Miguel Muñoz foi a Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988, na que quedou eliminada na fase de grupos.
É o adestrador que máis encontros dirixiu ao Real Madrid e o terceiro adestrador con máis encontros dirixidos en Liga, so por superado por Luís Aragonés e Javier Irureta, e o que máis títulos de Liga gañou, 9.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Como adestrador[editar | editar a fonte]
- Nados en 1922
- Finados en 1990
- Nados en Madrid
- Centrocampistas de fútbol
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Xogadores do CD Logroñés
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Real Madrid CF
- Adestradores da UD Las Palmas
- Adestradores do Granada CF
- Adestradores do Sevilla FC
- Adestradores da selección de fútbol de España
- Adestradores gañadores da Liga de Campións da UEFA