Juan Arza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Arza
Información persoal
Nome Juan Arza Iñigo
Nacemento 12 de xuño de 1923
Lugar de nacemento Lizarra
Falecemento 17 de xullo de 2011
Lugar de falecemento Sevilla
Altura 1.69 metros
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Izarra
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Alavés
1942–1943 Málaga
1943–1959 Sevilla 349 (182)
1959–1960 Atlético Almería
Selección nacional
1954 España B 1 (0)
1947–1952 España 2 (0)
Adestrador
Linense
1966 Sevilla
1967 Sevilla
1968–1969 Sevilla
1970–1972 Celta de Vigo
1972–1973 Sevilla
1973–1974 Celta de Vigo
Cádiz
1977–1978 Deportivo da Coruña
1980 Celta de Vigo
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Juan Arza Iñigo, nado en Estella (Navarra) o 12 de xuño de 1923 e finado en Sevilla o 7 de xullo de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Comeza a xogar no equipo afeccionado La Bomba, pasando despois á Acción Católica e ao CD Izarra

Tras pasar polo Deportivo Alavés e o CD Málaga en 1943 ficha polo Sevilla FC por un prezo de 90.000 pesetas, a fichaxe máis cara da historia do club, polo que foi alcumado O neno de ouro.

Xogou no equipo sevillano 16 tempadas en Primeira División, disputando 349 encontros e marcando 182 goles.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

A súa carreira como adestrador tamén está moi ligada ao Sevilla, a quen dirixiu en varias etapas, pero tamén adestrou a outros equipos, como por exemplo ao Celta de Vigo con quen chegou a xogar a Copa da UEFA.

Juan Arza chegou ao Celta na tempada 1969–70 para suplir a Roque Olsen, facendo bo papel nos sete encontros que faltaban para o remate da tempada, o que lle valeu a permanencia ao club.

A segunda tempada de Arza no Celta foi espectacular, xa que o equipo pasou de loitar polo descenso a clasificarse para disputar a Copa da UEFA, converténdose así no primeiro equipo galego en conseguilo, cun final de gran final de tempada gañandolle a Real Madrid e Sevilla FC por 2-0. Nese equipo destacaban xogadores como: Rodilla, Hidalgo, Gabriel Lezcano, Almagro, Rivera o Pedrito, entre outros moitos.

Na tempada 1971–72 o equipo volve ter problemas para manter a categoría e na que quedou eliminado na primeira rolda da Copa da UEFA ante o Aberdeen escocés. Ao final de tempada foi traspasado ao Sevilla FC por tres millóns de pesetas. Foi substituído por Pedro Dellacha, que viña de levar a CA Independiente á final da Copa Intercontinental

Porén volveria a Vigo na tempada 1973–74, aínda que ao final da mesma deixariao outra vez para adestrar a Cádiz CF e Deportivo da Coruña e volver a Vigo en 1980 e tentar salvar ao equipo do descenso a Segunda División B, obxectivo que non acadaría e ao final de ano descendería xunto a Gimnàstic de Tarragona, CD Algeciras e Deportivo da Coruña.

Despois dese ano Juan Arza retirouse dos banquiños.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]