Campionato de Galicia de fútbol 1917/18
| Tipo | Campionato de Galicia de fútbol |
|---|---|
| Número de participantes | 5 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Período | tempada 1917-1918 |
| Número de edición | 4 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Real Club Fortuna de Vigo |
O Campionato de Galicia 1917/18 foi a cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en febreiro de 1918 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1] Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña, o Pontevedra Sporting Club e o Deportivo Auténtico.[2][3] O torneo disputouse en dúas fases. A primeira delas foi unha fase de grupos na que competiron os equipos do norte (Coruña e Deportivo Auténtico) nun grupo e os equipos do sur (Vigo, Fortuna e Pontevedra Sporting) noutro. O gañador de cada grupo clasificouse para a final. En tódolos casos empregouse o sistema de liga a dúas voltas.[2][3] Proclamouse campión o Fortuna de Vigo.[4][5] Porén, este campionato foi anulado nunha asemblea da FGF o 15 de novembro de 1919.[6][7][8]
Fase de grupos
[editar | editar a fonte]Grupo norte
[editar | editar a fonte]Calendario
[editar | editar a fonte]| Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 3 de marzo | Riazor | Deportivo Auténtico | R.C. Coruña | 2–2 | Informe |
| 2 | 17 de marzo | Monelos | R.C. Coruña | Deportivo Auténtico | 0–2 | Informe |
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | Deportivo Auténtico | 2 | 1 | 1 | 0 | 4 | 2 | +2 | 3 | Clasificación para a final |
| 2. | R.C. Coruña | 2 | 0 | 1 | 1 | 2 | 4 | −2 | 1 |
Grupo sur
[editar | editar a fonte]Calendario
[editar | editar a fonte]| Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 17 de febreiro | Campolongo | Pontevedra Sporting | Vigo Sporting | 1–3 | Informe |
| 2 | 24 de febreiro | Bouzas | Fortuna de Vigo | Pontevedra Sporting | 3–0 | Informe |
| 3 | 3 de marzo | Coia | Vigo Sporting | Fortuna de Vigo | 1–1 | Informe |
| 4 | 10 de marzo | Campolongo | Pontevedra Sporting | Fortuna de Vigo | 0–3 | Informe |
| 5 | 17 de marzo | Coia | Vigo Sporting | Pontevedra Sporting | (1) | Informe |
| 6 | 19 de marzo | Bouzas | Fortuna de Vigo | Vigo Sporting | 5–0 | Informe |
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | Fortuna de Vigo | 4 | 3 | 1 | 0 | 12 | 1 | +11 | 7 | Clasificación para a final |
| 2. | Vigo Sporting | 4 | 2 | 1 | 1 | 4 | 7 | −3 | 5 | |
| 3. | Pontevedra Sporting | 4 | 0 | 0 | 4 | 1 | 9 | −8 | 0 |
Final
[editar | editar a fonte]| Deportivo Auténtico | 2 - 2 | Fortuna de Vigo | 24 de marzo de 1918 – Riazor, A Coruña |
| Informe |
|||
| Fortuna de Vigo | 3 - 0 | Deportivo Auténtico | 31 de marzo de 1918 – Bouzas, Vigo |
| Informe |
|||
Controversias
[editar | editar a fonte]Acta do Vigo Sporting–Pontevedra Sporting
[editar | editar a fonte]O domingo 17 de marzo debían xoga-lo Vigo Sporting e o Pontevedra Sporting en Coia.[12] Durante a noite do sábado e mañá do domingo chovera moito e o club pontevedrés decidiu enviar dous integrantes a Vigo para solicita-lo adiamento do partido. A mesma mañá do partido produciuse unha reunión na que participaron os representantes do Pontevedra, do Vigo, do Fortuna, un representante da Federación Galega de Fútbol e mailo árbitro asignado para o encontro Luis Miranda. O árbitro e os clubs vigueses consideraron que o estado do campo era apto para xogar. Entón sopesouse enviar un telegrama a Pontevedra para que saísen os xogadores con destino a Vigo, puntualizando Miranda que en caso de que os futbolistas lerenses non chegasen a tempo, o club pontevedrés tería que pagar 300 pesetas de indemnización. O Vigo Sporting engadiu que a suspensión do partido podería producir liortas e que a mellor solución era asina-la acta do partido concedendo a vitoria ós viguistas. Os representantes do Pontevedra Sporting accederon. Así e todo, os futbolistas pontevedreses, que non daban recibido noticias de Vigo, decidiron desprazarse ata a cidade olívica e presentarse no encontro, chegando ó campo de Coia con puntualidade, pero o Vigo Sporting negouse a xogar alegando que xa fora asinada a acta do partido onde a vitoria era outorgada ó club vigués.[9][10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Copa del Rey Alfonso XIII 1918linguasport.com Arquivado 02 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
- 1 2 "Foot-ball. El campeonato gallego". El Orzán nº 15 (en castelán). 15 de febreiro de 1918. p. 1.
- 1 2 "El campeonato gallego". Madrid-Sport nº 73 (en castelán). 21 de febreiro de 1918. p. 12.
- ↑ "Los Deportes. Balompié". La Acción nº 763 (en castelán). 1 de abril de 1918. p. 4.
- ↑ "Galicia y Asturias. Partido de balompié". El Sol nº 120 (en castelán). 1 de abril de 1918. p. 4.
- ↑ "Al margen de una Asamblea federativa". El Ideal Gallego nº 860 (en castelán). 27 de novembro de 1919. p. 6.
- ↑ "De Sport. La Asamblea federativa". Progreso: diario independiente nº 2.383 (en castelán). 20 de novembro de 1919. p. 2.
- ↑ "En La Coruña". Madrid-Sport nº 164 (en castelán). 20 de novembro de 1919. p. 10.
- 1 2 "De Sport. El Campeonato. Lo ocurrido en Vigo el domingo". Progreso: diario independiente nº 2.606 (en castelán). 19 de marzo de 1918. p. 2.
- 1 2 "De Sport. El Campeonato. Lo ocurrido en Vigo el domingo". Progreso: diario independiente nº 2.606 (en castelán). 19 de marzo de 1918. p. 3.
- 1 2 "De Sport. El Campeonato Regional. Lo sucedido con el partido de ayer". Diario de Pontevedra nº 10.184 (en castelán). 18 de marzo de 1918. p. 2.
- ↑ "De Sport". Diario de Pontevedra nº 10.183 (en castelán). 16 de marzo de 1918. p. 2.