Baltasar Albéniz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baltasar Albéniz
Información persoal
Nacemento 6 de xaneiro de 1905
Lugar de nacemento Eibar
Falecemento 29 de novembro de 1978
Lugar de falecemento Pamplona
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Baltasar Albéniz Martínez, nado en Éibar o 6 de xaneiro de 1905 e finado en Pamplona o 29 de novembro de 1978, foi un futbolista e adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de centrocampista. Como futbolista xogou só en equipos vascos, participando do primeiro ascenso do Alavés á Primeira División da súa historia. Entre os seus éxitos como adestrador áchanse tres Copas do Xeneralísimo, dúas delas dirixindo ao Real Madrid e outra ao Athletic de Bilbao.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Pese ás súas boas dotes como futbolista triunfou na súa faceta de adestrador. Comezou xogando na Unión Deportiva Eibarresa compartindo equipo cos futuros internacionais absolutos da selección española Ciriaco e Roberto Etxebarria.

Pouco despois fichou polo Deportivo Alavés, co que disputou as dúas primeiras tempadas da Segunda División (1928/29 e 1929/30), conseguindo na segunda delas o ascenso á Primeira División. Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 1930/31 contra a Real Sociedad en Atotxa, e marcou 8 goles ao longo da campaña. Ao ano seguinte fichou pola Real Sociedad, onde militiou un ano, para volver logo ao Alavés.

Durante a Segunda República, na tempada 1934-35 alternou a posición de centrocampista cas labores de técnico no Arenas de Getxo.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Comezou a adestrar en Primeira División no Celta de Vigo na tempada 1941-42, substituíndo ao canario Joaquín Cárdenes. Albéniz dirixiu ao Celta catro tempadas en dúas etapas. A primeira comezou moi ben, quedando os dous primeiros anos na 5ª posición, pero na tempada 1943-44 o equipo descendeu ao rematar último na clasificación.

De Vigo pasou a Barcelona para adestrar ao RCD Espanyol, onde fixo moi bo papel, o que o levou a fichar polo Real Madrid para substituír a Jacinto Quincoces na tempada 1946-47. Co equipo branco gañou a Copa do Xeneralísimo e a Copa Eva Duarte ese primeiro ano. Volveu ao club merengue outra vez en 1950 para suplir a Michael Keepin. Tamén foi secretario técnico do club durante outros cinco anos.

En 1955 fichou polo Osasuna, conseguindo o ascenso a Primeira e disputou unha tempada máis na máxima categoría. Ao cabo da mesma fichou polo Athletic de Bilbao co que gañou outra vez a Copa do Xeneralísimo.

Na tempada 1959-60 volveu para adestrar un último ano ao Celta debido aos problemas do club co permiso de adestrador do técnico Enrique Lúpiz, e conseguiu clasificar ao equipo para a fase de ascenso. Despois de despedirse do Celta de malas maneiras, xa que o club pretendeu cambiar de adestrador para a fase de ascenso, Albéniz adestrou á Real Sociedad, Osasuna, Tudelano, Atlético Tetuán e Indauchu.

Acabou a súa carreira futbolística asumindo a máxima responsabilidade na Federación de Fútbol de Navarra.

Equipos[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo División
1934-35 Arenas de Getxo
1939 Deportivo Alavés Segunda División
1941-44 Celta de Vigo Primeira División
1944-46 RCD Espanyol Primeira División
1946-47 Real Madrid Primeira División
1947-48 Deportivo Alavés Segunda División
1950-51 Real Madrid Primeira División
1955-57 Osasuna Segunda División/Primeira División
1957-58 Athletic de Bilbao Primeira División
1958-59 UD Las Palmas Segunda División
1959-60 Celta de Vigo Segunda División
1960-62 UD Las Palmas Primeira División
1963 Osasuna Segunda División
1970-72 Osasuna Segunda División
1972-73 Osasuna Segunda División

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]