Saltar ao contido

Pontevedra Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pontevedra
NomePontevedra Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s)Pontevedriña
Ponte
Granates
Fundación16 de outubro de 1941 (82 anos)
EstadioPasarón,
Pontevedra, Galicia
Inauguración1965
Capacidade12.000
PresidenteGalicia Lupe Murillo
AdestradorGalicia Yago Iglesias
Liga2ª RFEF – Grupo 1
2023/24
VestimentaJoma
PatrocinadorDeputación de Pontevedra
Na rede
http://www.pontevedracf.com
Facebook: PontevedraClubDeFutbol Twitter: PontevedraCFSAD Instagram: pontevedra_cf_sad Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Pontevedra Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Pontevedra. Foi fundado en 1941 e milita na Segunda División RFEF.

A etapa de maior éxito do club foron as 6 tempadas que o equipo xogou en Primeira División entre 1963 e 1970. Actualmente ocupa o 45º posto na clasificación histórica de Primeira. Durante estas tempadas acadou un 7º posto na tempada 1965/66 e chegou a xogar 5 tempadas consecutivas na categoría. Tamén xogou 9 tempadas en Segunda, 35 en Segunda B e 29 en Terceira.

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo, equipo da cidade veciña.

En 1905 fundouse o Pontevedra Sporting Club. Inicialmente xogaba na Xunqueira e adestraba na praza de touros, e posteriormente trasladouse a Campolongo. Neste equipo comezou Luis Otero. Co tempo fundouse o Club Deportivo Pontevedra, no que xogou Pasarín. Os dous equipos, que compartían campo, uníronse en 1918 co nome de Pontevedra Athletic Club, mudándose ao campo de Pasarón. Catro anos despois trasladáronse a un novo campo a carón do Hospital Provincial. En 1922 fundouse o Eiriña CF, campión de Galicia de afeccionados en 1933 e 1934, e campión da Copa Galicia de 1936. O seu uniforme era camisola amarela e negra e e pantalón negro. Na década de 1920 fundouse tamén o Alfonso XIII FC.

Trala guerra civil retomáronse as actividades deportivas. O Pontevedra Club de Fútbol fundouse o 16 de outubro de 1941 trala unión dos dous clubs máis importantes daquela época da cidade, o Eiriña e o Alfonso CF[1]. O seu primeiro presidente foi Fernando Ponte Conde. O primeiro partido foi un amigábel contra Celta de Vigo o 28 de decembro de 1941, no campo de Pasarón, que rematou con empate a tres goles. Polo Pontevedra xogaron Domínguez, Ruibal, Hermida, Calviño, Quico II, Ernesto, Pinocho, Foro, Corbacho, Besada (que marcou o primeiro gol) e Iglesias.

Competicións oficiais

[editar | editar a fonte]

O Pontevedra solicitou participar no Campionato Galego de Afeccionados. Debutou o 22 de febreiro de 1942 contra o Santiago de Compostela, perdendo por 1 a 0. O primeiro partido oficial en Pasarón tivo lugar o 1 de marzo contra o Celta B, con empate a 1. Logo de 6 partidos, o equipo granate proclámase campión do grupo sur, disputando a final contra o Galicia de Ferrol. Os pontevedreses gañaron o campionato tras vencer 3-0 en Pasarón e perder 2-1 no Inferniño. Esta vitoria deulle a posibilidade de disputar o Campionato de España de Afeccionados, perdendo en cuartos de final contra o Mediodía de Madrid.

Comezou a tempada 1942-43 na Serie A Rexional, e proclamouse de novo campión galego de afeccionados, doutra volta contra o Galicia de Ferrol. No campionato de España foi eliminado contra o Sama de Langreo.

En 1943 o equipo comezou en terceira división, e malia que quedou campión varios anos (1947 e 1948) e xogou a promoción de ascenso en varias ocasións, mantívose nesta categoría até 1957, cando descendeu á categoría rexional. Ao ano seguinte ascendeu tras quedar campión, e na tempada 1959-60, con Cuqui Bienzobas no banco, o equipo acadou o ascenso a Segunda División, tras unha promoción contra o Burgos CF e logo dun partido de desempate en León, con gol de Guillermo na prórroga.[2]

En 1961 produciuse o debut na Copa do Xeneralísmo, perdendo na primeira eliminatoria contra o Castellón. En 1963 o equipo adestrado por Rafa Yunta resultou campión da segunda división, acadando o ascenso á máxima categoría.

O debut do equipo na Primeira división foi na tempada 1963-64. A época dourada na primeira división é coñecida como a do Hai Que Roelo, debido á dificultade que tiñan os equipos rivais para gañar ós granates no campo de Pasarón.

Equipo inicial no Trofeo Cidade de Pontevedra 2009.
Encontro de liga da segunda división B 2016/17 entre o Pontevedra CF e o Racing de Santander.

Despois do descenso da primeira división iníciase unha etapa irregular, na que chega a descender a terceira. Na tempada 1983-84 leva por primeira vez publicidade nas camisolas, estando patrocinado pola Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Na tempada 1984-85 quedou subcampión da Copa da Liga de España de Segunda División B, perdendo na final contra o Sestao SC. O 5 de xuño de 1985 foi elixido presidente Luís Emilio Batallán.

Tras moitos anos en segunda B, acadou o ascenso a segunda na tempada 2003-04, adestrado por José Aurelio Gay, se ben non foi quen de manter a categoría.

O 23 de xaneiro de 2007 o club conseguiu culminar con éxito o proceso de transformación voluntaria en Sociedade Anónima Deportiva, en boa parte pola mediación do seu presidente, Nino Mirón, que se fixo co 52 % das accións do club no último momento. Nese mesmo ano gañou a Copa Federación tras impoñerse na final ao Mallorca B.

Na tempada 2010–11 sufriu unha fonda crise económica. Trala destitución a mediados de outubro de Ángel Viadero, Fernando Castro Santos ofreceuse para adestrar o equipo de balde. En decembro, os xogadores ameazaron á directiva con ir á folga logo de catro meses sen cobraren.[3] O 5 de xaneiro de 2011 mudou a xunta directiva, quedando como presidente do club o empresario Mauricio Rodríguez Boullosa.[4] O 5 de maio materializou o descenso matemático a Terceira División tras unha tempada moi irregular, a falta dun partido.

Na tempada 2011–12 de Terceira División acabou no cuarto posto, clasificándose para xogar a fase de ascenso a Segunda División B. Con todo, foi eliminado polo Espanyol B na primeira rolda e non conseguiu subir de categoría. Na tempada seguinte non conseguiu clasificarse para a fase de ascenso, ao rematar na 5ª posición. O 26 de xuño de 2013 Mauricio Rodríguez deixou a presidencia, ocupándoa José Manuel Fernández en funcións. O 7 de xullo de 2014 pasou a ser presidenta do equipo a empresaria Lupe Murillo[5].

Partido disputado entre o Deportivo da Coruña e o Pontevedra.

En abril de 2018 gañaron a súa segunda Copa Federación tras vencer na final ao Ontinyent Club de Futbol[6]

Seareiros do Pontevedra.

Trofeos de verán

[editar | editar a fonte]

Desde 1959 o equipo organiza o Trofeo Luis Otero, lembrando ao futbolista pontevedrés Luis Otero Sánchez, que chegou a ser olímpico en Anveres en 1920, e disputa dende 1967 o Trofeo Cidade de Pontevedra, organizado polo concello.

En 1984 instaurouse o Trofeo Deputación, que non tivo continuidade e entre 1993 e 2004 xogou o Trofeo Memorial Héctor Rial, en homenaxe ao histórico adestrador do club, Héctor Rial.

O escudo oficial do club consiste nunha fusión do escudo da cidade, unha ponte ameada, e un balón. Entre estes dous elementos atópase unha banda coa palabra "Pontevedra" inscrita nela, mentres que no interior do balón pódense ler as letras C e F.

O uniforme histórico do Pontevedra CF é camiseta granate, pantalón azul e medias granates. Inicialmente o pantalón era branco, mudándose polo azul en 1956 por problemas de lavandería. Tamén houbo outras variacións ao longo da historia, como o uso de medias azuis ou ata dunha camiseta a raias azuis e granates.

Os uniformes para a tempada 2010/11 son:

  • Uniforme titular: Camiseta granate con detalles dourados, pantalón azul e medias granates.
  • Uniforme alternativo: Camiseta gris con detalles dourados, pantalón gris e medias azuis.

Actualmente, a súa marca é Bemiser e o seu patrocinador é Deputación de Pontevedra.

O himno do Pontevedra CF está na súa maior parte en lingua castelá, se ben inclúe como retrouso unha cantiga popular galega[7]:

Pontevedra boa vila,
dá de beber a quen pasa
a fonte na Ferrería
San Bartolomé na praza.

A mascota actual é Roelio, unha especie de óso andante vestido co uniforme titular do equipo. Esta mascota é unha homenaxe ó alcume do equipo na época en que estaba en primeira división, o Hai que Roelo.

Estadio Municipal de Pasarón de Pontevedra.
Artigo principal: Estadio Municipal de Pasarón.

O Pontevedra xoga os seus partidos no Estadio Municipal de Pasarón, que foi inaugurado en 1965. As súas medidas son 105 x 66 metros. Albergaba a 16.500 persoas, e logo dun proceso de reformas que acabaron en maio de 2010, caben 12.000. O estadio xa fóra reformado en 1982 co gallo da Copa do Mundo.

Furgoneta propiedade do club.

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Datos do club en Primeira división

[editar | editar a fonte]
  • Debut en liga: 1963-64
  • Partidos xogados: 180
    • Gañados: 53
    • Empatados: 44
    • Perdidos: 83
    • Goles a favor: 165
    • Goles en contra: 221
    • Puntos: 150
  • Mellor posto: 7º (tempada 1965-66)
  • Peor posto: 16º (tempada 1969-70)

Historial

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1941/42
1942/43 Serie A     ascenso
1943/44 2ª elim. previa
1944/45
1945/46
1946/47
1947/48 4ª rolda
1948/49 3ª rolda
1949/50
1950/51
1951/52
1952/53 12º
1953/54 12º
1954/55
1955/56
1956/57    15º descenso
1957/58 Serie A     / ascenso
1958/59
1959/60    1º ascenso
1960/61 1ª rolda
1961/62 1/16 de final
1962/63    1º ascenso 1ª rolda
1963/64    15º descenso 1/8 de final
1964/65    1º ascenso 1/4 de final
1965/66 1/16 de final
1966/67 10º 1/4 de final
1967/68 1/8 de final
1968/69 12º 1/8 de final
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1969/70    16º descenso 1/8 de final
1970/71 10º 1/16 de final
1971/72 11º 1/8 de final
1972/73    18º descenso 4ª rolda
1973/74 2ª rolda
1974/75 2ª rolda
1975/76    1º ascenso 2ª rolda
1976/77    17º descenso 3ª rolda
1977/78 2ªB 1ª rolda
1978/79 2ªB 16º 1ª rolda
1979/80 2ªB 13º 3ª rolda
1980/81 2ªB    18º descenso
1981/82
1982/83 2ª rolda
1983/84    1º ascenso 1ª rolda
1984/85 2ªB 2ª rolda
1985/86 2ªB 1ª rolda
1986/87 2ªB
1987/88 2ªB 2ª rolda
1988/89 2ªB 1ª rolda
1989/90 2ªB 10º
1990/91 2ªB 14º 3ª rolda
1991/92 2ªB 2ª rolda
1992/93 2ªB 13º 2ª rolda
1993/94 2ªB 2ª rolda
1994/95 2ªB
1995/96 2ªB 12º 1ª rolda
1996/97 2ªB
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1997/98 2ªB 10º
1998/99 2ªB 12º
1999/00 2ªB
2000/01 2ªB 14º
2001/02 2ªB
2002/03 2ªB Rolda previa
2003/04 2ªB    1º ascenso 1/32 de final
2004/05    22º descenso 1/16 de final
2005/06 2ªB 2ª rolda
2006/07 2ªB 1ª rolda
2007/08 2ªB 1/16 de final
2008/09 2ªB 12º 1ª rolda
2009/10 2ªB
2010/11 2ªB    18º descenso 1ª rolda
2011/12
2012/13
2013/14
2014/15    1º ascenso
2015/16 2ªB 1ª rolda
2016/17 2ªB
2017/18 2ªB 14º 1ª rolda
2018/19 2ªB
2019/20 2ªB 1ª rolda
2020/21 2ªB 1/32 de final
2021/22 2ª RFEF
2022/23 1ª RFEF    19º descenso 1/16
2023/24 2ª RFEF
2024/25 2ª RFEF

Xogadores históricos

[editar | editar a fonte]

Corpo técnico

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Adestradores do Pontevedra CF.

Directiva

[editar | editar a fonte]

Presidentes ao longo da historia

[editar | editar a fonte]
  • 9. Miguel Otero Rodríguez (1963–1969)
  • 10. Celso Mariño (1969–1971)
  • 11. Ángel Agrasar Vidal (1971–1974)
  • 12. Eulogio Vázquez (1974–1981)
  • 13. Miguel Domínguez Vaz (1981–1985)
  • 14. Luís Emilio Batallán (1985–1989)
  • 15. Jesús Pérez Yáñez (1989–1990)
  • 16. Javier Redondo Seijo (1990–1991)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos estatais

[editar | editar a fonte]

Outros premios

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Pontevedra B.

O Pontevedra Club de Fútbol B é o equipo filial do Pontevedra. Fundouse en 1965 e actualmente xoga na Terceira División RFEF.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]