Francisco García Fernández (futbolista)
Pancho García | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco García Fernández | ||
Nacemento | 1 de xullo de 1951 (71 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ferrol | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Esteiro | |||
–1972 | Arsenal | ||
1972–1975 | Racing de Ferrol | 67+ | (16+) |
1975–1985 | Deportivo da Coruña | 290 | (41) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco "Pancho" García Fernández, nado en Ferrol o 1 de xullo de 1951, é un exfutbolista galego. Centrocampista histórico do Deportivo da Coruña, é o oitavo futbolista con máis partidos na historia do club (331).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no barrio ferrolán de Esteiro o o 1 de xullo de 1951.[1] Soldador de profesión, traballou na Bazán, ao igual que seu pai, ao tempo que xogaba en equipos modestos como o Esteiro ou o Arsenal.[2] En 1972 pasou ao Racing de Ferrol, club no que militou durante tres tempadas, todas na Terceira División. Na campaña 1973/74 chegou a anotar 15 goles, sendo o segundo máximo anotador do equipo por detrás de Alfonso Castro.
En 1975 fichou polo Deportivo da Coruña e xogou no club coruñés durante a seguinte década completa. Titular na maioría de partidos dese período, viviu o primeiro descenso do club á Segunda División B ao remate da tempada 1979/80. Contribuíu ao ascenso do equipo só un ano despois marcando 10 goles na categoría de bronce. Deixou o club e o fútbol ao remate da tempada 1984/85.
No momento da súa retirada era o segundo futbolista con máis partidos oficiais na historia do Deportivo da Coruña (331), só por detrás do histórico gardameta Acuña (393). Na actualidade ocupa a oitava praza.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Al fin las cosas me salen bien". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 1978. p. 32.
- ↑ "García, al Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xuño de 1975. p. 45.
- ↑ "Listado de jugadores del Deportivo de La Coruña". BDFutbol (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2022.