Saltar ao contido

Salva Sevilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSalva Sevilla

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1984 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Berja, España Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo8 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2005   Club Polideportivo Ejido 11(2)
2004–2005 cesión Atlético de Madrid C
2004–2008   Sevilla Atlético 88(11)
2005–2005 cesión   Atlético de Madrid B 1(0)
2008–2010 UD Salamanca 77(19)
2010–2014   Real Betis Balompié 118(12)
2014–2017   RCD Espanyol 56(1)
2017–2022   RCD Mallorca 186(25)
2022–2023   Deportivo Alavés 42(4)
2023–2024   Deportivo da Coruña 21(1)

Twitter: SalvaSevilla14 Editar o valor en Wikidata

Salvador Sevilla López, coñecido como Salva Sevilla, nado o 18 de marzo de 1984 en Berja (Almería), é un futbolista español, que xoga de centrocampista. Desenvolveu a súa carreira principalmente entre a Primeira e a Segunda División, sumando entre ambas 426 partidos e 56 goles. Vestiu as camisetas de varios clubs, entre eles o Mallorca ou o Betis, e conseguiu sete ascensos de categoría ao longo da súa carreira, tres deles co equipo balear.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do desaparecido Poli Ejido, no que tamén xogou seu irmán José Antonio, e debutou co primeiro equipo na Segunda División na tempada 2003/04, da man do adestrador Quique Setién.[1][2] Foi nun partido da Copa do Rei ante o Lanzarote no que marcou dous goles, aínda que o seu equipo acabou perdendo 4-2.[2] Despois de disputar 11 partidos esa tempada, para a seguinte saíu cedido ao Atlético de Madrid C, da Terceira División (xogou tamén un partido co Atlético B en Segunda B).

Sevilla Atlético

[editar | editar a fonte]

Entre 2005 e 2008 xogou no Sevilla Atlético, co que conseguiu na tempada 2006/07 o primeiro ascenso da súa carreira, conseguindo subir á Segunda División na promoción despois de eliminar ao Universidad de Las Palmas en semifinais e ao Burgos na final.[3] Xogou un total de 88 partidos oficiais co filial sevillista, marcando 11 goles.

Salamanca

[editar | editar a fonte]

Nas tempadas 2008/09 e 2009/10 militou no Salamanca, sendo un dos xogadores máis destacados e un fixo nas aliñacións iniciais do equipo salmantino, co que sumou un total de 77 partidos e 20 goles.[4][5] Na súa segunda campaña foi o máximo goleador do equipo, a pesar de xogar como centrocampista e non como dianteiro.[3]

En xullo de 2010 fichou polo Betis, tamén de Segunda División, que tivo que pagar 200.000 euros ao Córdoba, co que o xogador xa se comprometera.[3] Na súa primeira campaña foi un dos xogadores máis utilizados polo adestrador Pepe Mel, disputando un total de 39 partidos dunha tempada que concluíu co Betis como campión e co ascenso directo a Primeira.[6] Na tempada 2012/13 o equipo de Mel rematou sétimo e na seguinte campaña competiu na Europa League. Salva Sevilla marcou un dos goles do seu equipo no histórico derbi sevillano disputado nos oitavos de final da competición europea.[6] Deixou o Benito Villamarín en 2014, despois de catro tempadas, 118 partidos e 12 goles.

A continuación fichou polo Espanyol, no que militou durante tres anos, todos na máxima categoría. Foi o autor do primeiro gol da liga na tempada 2015/16, nun partido contra o Getafe no que superou de falta directa ao gardameta Vicente Guaita, sendo este o seu único tanto coa camiseta do equipo catalán.[7] As lesións e as suplencias marcaron o seu infrutuoso paso polo club perico.[3]

En 2017 baixou dúas categorías para xogar co Mallorca na Segunda División B. Titular indiscutible no equipo de Vicente Moreno durante os seguintes anos, logrou dous ascensos consecutivos e volveu xogar na Primeira División na tempada 2019/20. Aínda que o equipo balear descendeu ao remate desa campaña, conseguiu un novo ascenso na 2020/21, con Luis García como adestrador, sendo protagonista no partido de volta da final da promoción de ascenso, ao anotar un dos tres goles cos que o seu equipo remontou a eliminatoria ante o Deportivo da Coruña.[8] Deixou o equipo en 2022, cun balance de 186 partidos, 25 goles e 21 asistencias.[9]

Na tempada 2022/23 xogou co Alavés en Segunda, poñéndose de novo ás ordes de Luis García, e logrou un novo ascenso. Foi unha das pezas fundamentais do equipo, contribuíndo cun total de 42 partidos e 4 goles.[8]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

No verán de 2023, con 39 anos de idade, fichou como novo xogador do Deportivo da Coruña, na Primeira Federación.[8] Despois dunhas semanas recuperando a forma física, debutou co club na quinta xornada de liga e acabou facéndose coa titularidade pouco despois. O seu protagonismo caeu drasticamente na segunda volta, na que o adestrador Idiakez apenas lle deu minutos.

Con todo, o equipo proclamouse campión e conseguiu o ascenso á Segunda División, sendo este o sétimo ascenso na carreira de Salva Sevilla.[10] O xogador contribuíu cun total de 21 partidos, 15 deles como titular, e un gol. Ademais, co seu derradeiro encontro ante o Castellón converteuse no terceiro futbolista de máis idade en xogar co Deportivo da Coruña, con 40 anos, 2 meses e 7 días, sendo superado só por Donato e Manuel Pablo.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Sevilla Atlético
Betis
Mallorca
Deportivo da Coruña
  1. "Salva Sevilla asegura que «me fui del Poli buscando un club que confiara en mí»" (en castelán). 5 de outubro de 2007. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Setién confía en Salva en la Liga". As (en castelán). 11 de outubro de 2003. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Blanch Barrull, Aleix (7 de maio de 2025). "Salva y los siete (ascensos)". Panenka (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2025. 
  4. "Entrevista a Salva Sevilla, jugador del Real Betis, sobre el derbi contra Sevilla" (en castelán). 9 de abril de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  5. "El Betis ficha a Salva Sevilla por cuatro temporadas". As (en castelán). 3 de xullo de 2010. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  6. 6,0 6,1 "Salva Sevilla deja claro su beticismo: "Nunca os podré devolver lo que me habéis dado"" (en castelán). 21 de febreiro de 2022. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  7. "Salva Sevilla marcó el primer gol de la Liga... ¡y qué gol!". Marca (en castelán). 23 de agosto de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Salva Sevilla: veteranía, polémica y un imán de ascensos". As (en castelán). 31 de agosto de 2023. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  9. "Salva Sevilla es el primer fichaje del Alavés 2022-2023" (en castelán). 28 de maio de 2022. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  10. "El ‘talismán’ Salva Sevilla prolonga su racha de ascensos". DxT Campeón (en castelán). 14 de maio de 2024. Consultado o 9 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]