Saltar ao contido

Laureano José Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLaureano José Rodríguez
Biografía
NacementoA Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de setembro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Asturias, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPrimeira División Española e Campionato Nacional de Fútbol de Cuba Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña
  Racing de Ferrol
  Cultural y Deportiva Leonesa


Laureano José Rodríguez, coñecido como Cachán, nado na Coruña c. 1906 e finado en Asturias o 15 de setembro de 1937,[1] foi un futbolista galego, que xogou no Deportivo da Coruña nas décadas de 1920 e 1930.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orfo e analfabeto,[2] viviu na Casa da Misericordia da Coruña ata os 19 anos.[3] Tras xogar no Rápido FC,[4] no Deportivo da Coruña[5] e no Emden FC,[6] emigrou a Cuba en 1926. Na Habana incorporouse ao Fortuna,[7] vencedor o ano anterior do Campionato Nacional de Fútbol de Cuba e en 1927 pasou brevemente polo Iberia,[8] no que xogaban outros galegos como Pepe Torres, Cosme ou os irmáns Gonzalo, Edelmiro e O'Donell Lorenzo. Coa camiseta do Iberia enfrontouse en xuño de 1927 ao Nacional de Montevideo, no que militaban varios campións olímpicos coa selección uruguaia (Mazali, Scarone, Lorenzo Fernández, Ghierra, os irmáns Antonio e Santos Urdinarán, Castro, Cea e Saldombide).[9] Ademais chegou a formar parte da selección cubana.[10]

Ese mesmo ano volveu a Galicia. Xogou varios partidos co Deportivo e en xullo de 1928, asinou pola Cultural Leonesa.[11] Estivo no club leonés até outubro de 1930, cando volveu ao Deportivo.[12] En 1933 marchou ao Racing de Ferrol[13][14] volvendo ao Dépor ao ano seguinte.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 entrou nunha armería da rúa de San Andrés, que foi asaltada por sindicalistas que buscaban armas para facer fronte ao golpe.[2] Foi detido e interrogado e, grazas á mediación de Ramón de Llano, librouse do cárcere, pero foi forzado a combater na guerra civil, dentro das milicas de Renovación Española. Destinado á fronte de Asturias, morreu o 15 de setembro de 1937, e os seus restos foron recollidos polo doutor Cardama, tamén xogador do Deportivo da Coruña.[15][16]

  1. Corcuera, José Ignacio. "Futbolistas fallecidos en la Guerra Civil (1)". www.cihefe.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Pobés, José (1 de xullo de 2010). "Españoles en el fútbol cubano". Cuadernos de fútbol (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  3. "Boletín oficial de la provincia de La Coruña" (en castelán) (3). 5 de xaneiro de 1926. p. 4. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  4. "Un partido". El Ideal Gallego (en castelán). 28 de febreiro de 1924. p. 2. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  5. "En La Coruña". El Correo Gallego (en castelán). 12 de xuño de 1925. p. 1. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  6. "Un "match" de relleno". El Ideal Gallego (en castelán). 20 de outubro de 1925. p. 2. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  7. "El Match Final del Campeonato". Diario de la Marina (en castelán). 5 de novembro de 1927. p. 19. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  8. "Resumen anual de 1927". Diario de la Marina (en castelán). 1 de xaneiro de 1928. p. 21. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  9. Carmona Herrera, Alexis Alberto (31 de xullo de 2023). "Cuando los cubanos les ganaron a los uruguayos campeones de fútbol" (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2025. 
  10. "Selección Cubana que se enfrentará al equipo de Chile los días 11, 18 y 25". Diario de la Marina (en castelán). 4 de xaneiro de 1927. p. 18. Consultado o 20 de decembro de 2021. 
  11. "Deportes". El Progreso (en castelán). 27 de xullo de 1928. p. 1. 
  12. "Sabemos que...". El Orzán (en castelán). 28 de outubro de 1930. p. 4. 
  13. "Racing-Orense". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 1933. p. 7. 
  14. "El Nacional y el Racing de Ferrol empatan en El Parral" (PDF) (en castelán). 16 de xaneiro de 1934. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  15. "¡Pobre Cachán!". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de outubro de 1937. p. 4. 
  16. Corcuera, José Ignacio (1 de decembro de 2018). "Futbolistas nacionales fallecidos en la Guerra Civil (2)". Cuadernos de fútbol (en castelán) (104). ISSN 1989-6379. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2021. Consultado o 8 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]