Campionato Mancomunado Galaico-Ástur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Campionato Mancomunado Galaico-Ástur foi un torneo interterritorial de fútbol de carácter oficial xogado por clubs galegos e asturianos durante as tempadas 1934/35 e 1935/36. Estaba situado xerárquicamente por riba do Campionato de Galicia e do Campionato Rexional de Asturias, de xeito que os clubs que tomaban parte no mancomunado non participaban no campionato galego nin no asturiano. Foi creado debido a unha reestruturación levada a cabo pola RFEF[1]. A edición de 1934/35 viuse interrompida por causa da Folga xeral revolucionaria de 1934, dividíndose a competición en dous grupos: o asturiano e o galego[2], nos que resultaron gañadores o Oviedo F.C. e o Celta de Vigo respectivamente[3]. Ao ano seguinte volveuse disputar, desta volta sen os problemas do ano anterior, proclamándose campión o Oviedo F.C. e subcampión o Unión Sporting Club de Lavadores[4].

Campións[editar | editar a fonte]

Tempada Campión (grupo asturiano) Campión (grupo galego)
1934-35 Oviedo F.C. Celta de Vigo
Campión Subcampión
1935-36 Oviedo F.C. Unión Sporting Club

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El plan de competiciones para la temporada 1934-35". Luz nº 811 (en castelán). 11 de agosto de 1934. p. 10. 
  2. "Cosas del balón. En torno a la desintegración galaicaastur". La Voz nº 4.309 (en castelán). 1 de novembro de 1934. p. 6. 
  3. "Los campeonatos superregionales de fútbol". La Voz nº 4.330 (en castelán). 26 de novembro de 1934. p. 11. 
  4. "El Oviedo, vencedor; el Unión, segundo". El Pueblo Gallego nº 3.703 (en castelán). 5 de novembro de 1935. p. 4. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]