José Ramón Lamelo
| Nome orixinal | José Ramón Lamelo Pérez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacemento | 25 de abril de 1942 Monforte de Lemos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 25 de xuño de 2025 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
José Ramón Lamelo Pérez, nado en Monforte de Lemos o 25 de abril de 1942 e finado en Pontevedra o 25 de xuño de 2025, foi un futbolista e adestrador galego. Xogaba de dianteiro e desenvolveu case toda a súa carreira como xogador no Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras xogar no Español SD da Coruña asinou co Deportivo en setembro de 1959, con 17 anos, xunto ao seu compañeiro do Español, Guillermo.[1] Debutou co primeiro equipo en Segunda División o 18 de setembro de 1960, no partido da segunda xornada fronte ao Salamanca en Riazor, anotando un dos tres goles do seu equipo (3-2). Disputou un total de 12 partidos esa tempada. Na tempada 1961/62 marchou cedido ao Racing de Ferrol, de novo xunto a Guillermo.
Tras dous anos en Ferrol volveu ao Deportivo no verán de 1963, facéndose cun posto de titular. Anotou 14 goles durante a tempada, na que o Deportivo se proclamou campión da Segunda División. Na 1964/65 debutou en Primeira División, aínda que participou tan só en 6 partidos, sen marcar ningún gol. Os seus números foron semellantes nas seguintes tempadas, nas que o Deportivo descendeu e ascendeu varias veces. Permaneceu no club até xuño de 1968, momento no que rematou o seu contrato, pechando o seu paso polo Deportivo cun total de 62 partidos e 18 goles
A continuación foi contratado polo Granada, pero finalmente o club non lle fixo ficha. Disputou un partido co Racing de Santander na Terceira División, na derradeira xornada da tempada 1968/69 contra o Bilbao Athletic.
Trala súa retirada tivo unha modesta carreira como adestrador, dirixindo a Cultural Leonesa, o Cacereño, o Lugo, o Tenerife e o Mensajero.[2] Foi tamén o encargado de confeccionar a selección coruñesa de modestos que disputou o histórico partido amigable contra a selección do Camerún en Elviña, que serviu de preparación ao combinado africano para o Mundial de 1982.[2]
Fóra do fútbol rexentou durante anos unha tinturaría no barrio dos Castros da Coruña.[3][4] Faleceu en Pontevedra o 25 de xuño de 2025, sendo soterrado no cemiterio de Santo Amaro de Mourente.[2]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo
- Segunda División (3): 1963–64, 1965–66, 1967–68
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "José Ramón Lamelo, delantero centro juvenil, firmó ayer por el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de setembro de 1959. p. 5.
- 1 2 3 Novo, Lois (26 de xuño de 2025). "Moncho Lamelo, delantero deportivista de la década de los 60, fallece a los 83 años". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2025.
- ↑ "Lamelo, en libertad". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xuño de 1968. p. 10.
- ↑ "Dos ex-deportivistas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de outubro de 1968. p. 22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1942
- Finados en 2025
- Nados en Monforte de Lemos
- Futbolistas de Monforte de Lemos
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do Racing de Santander
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores da Cultural Leonesa
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do CP Cacereño
- Xogadores do CD Tenerife
- Xogadores do CD Mensajero