25 de agosto
Aparencia
<< | Agosto | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
2024 Todos os días |
O 25 de agosto e o 237º día do ano do calendario gregoriano e o 238º nos anos bisestos. Quedan 128 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1580 - na Batalla de Alcántara, as tropas de Filipe II derrotan ás do prior de Crato, na loita pola coroa de Portugal.
- 1800 - Batalla de Brión, na que os ferroláns derrotaron a armada inglesa mandada polo almirante Warren.
- 1997 - Lanzamento do satélite artificial ACE.
- 2003 - Mark R. Showalter e Jack J. Lissauer descobren as lúas Mab e Cupido do planeta Urano, usando o telescopio Hubble.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1530 - Iván o Terrible, tsar de Rusia.
- 1845 - Lois II de Baviera, rei de Baviera.
- 1858 - Perfecto Feijoo, gaiteiro e musicólogo galego.
- 1881 - Ricardo Samper, avogado e político republicano español (m. 1938).
- 1911 - André Leroi-Gourhan, arqueólogo e historiador francés.
- 1914 - Dionisio Gamallo Fierros, escritor galego.
- 1918 - Leonard Bernstein, compositor, pianista e director de orquestra estadounidense (m. 1990).
- 1923 - Álvaro Mutis, escritor colombiano.
- 1930 - Sean Connery, actor escocés (m. 2020).
- 1934 - Akbar Hashemi Rafsanjani, presidente de Irán.
- 1951 - Víctor Freixanes, xornalista, editor e escritor galego.
- 1952 - Luís González Tosar, escritor galego.
- 1958 - Tim Burton, director de cine norteamericano.
- 1959 - Antón Rodríguez Castro, xornalista e escritor galego.
- 1976 - Susana Seivane, gaiteira galega.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1776 - David Hume, filósofo escocés.
- 1819 - James Watt, matemático e enxeñeiro escocés (n. 1736).
- 1822 - William Herschel, astrónomo alemán.
- 1867 - Michael Faraday, químico e físico inglés.
- 1904 - Henri Fantin-Latour, pintor francés.
- 1908 - Henri Becquerel, físico francés.
- 1936 - Castor Sánchez Martínez, agrarista e político galego (n. 1894).
- 1956 - Alfred Charles Kinsey, sexólogo estadounidense.
- 1984 - Truman Capote, escritor estadounidense.
- 2012 - Neil Armstrong, astronauta e primeiro home en pisar a Lúa (n. 1930)
- 2012 - Francisco Fernández Buey, filósofo e ensaísta español (n. 1943).
- 2015 - Bento da Cruz, escritor e médico portugués (n. 1925).
- 2018 - John McCain, político republicano estadounidense (n. 1936)
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Romaría dos Caneiros, tamén o 18 de agosto
- Día Mundial de Bicar con Pintalabios [1]
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral:
Notas
[editar | editar a fonte]Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro