Silvino Fernández Lozano
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 13 de setembro de 1956 Peñarroya-Pueblonuevo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1978 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Silvino "Silvi" Fernández Lozano, nado en Pueblo Nuevo (Córdoba) o 13 de setembro de 1956, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa e desenvolveu a maior parte da súa carreira no Deportivo da Coruña, co que disputou 305 partidos oficiais en oito tempadas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militou catro tempadas no Sabadell, co que disputou máis de 100 partidos oficiais. Debutou en 1976 na Terceira División e na tempada 1976/77 conseguiu o ascenso á Segunda División, categoría na que xogou durante os seguintes dous anos. Para a 1980/81 fichou polo Deportivo da Coruña, club ao que acababa de chegar Pepe Martínez, o seu adestrador no Sabadell.
Militou durante oito campañas no club galego, con presenza constante nas aliñacións titulares, sumando ata 305 partidos oficiais. Durante a súa estadía como branquiazul foi compañeiro de zaga de xogadores como Ramón Piña, Jordi Carreras, Carlos Ballesta, José Ignacio Marro, Mauri, Joaquín López Argüello, Antonio Dacosta, Tomás Blesa ou Cayetano, entre outros.
Deixou o Deportivo en 1988, fichando polo Racing Vilalbés, de Rexional Preferente, debido á súa relación de amizade co adestrador Miguel Santiago.[1] Xogou no club chairego ata marzo de 1989, cando asinou co Bergantiños, onde militou ata a súa retirada en 1991.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El ex-deportivista Silvi jugará con el Racing". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 1988. p. 37.
- ↑ "El defensa Silvi, procedente del Villalbés, cerró ayer su fichaje por el Bergantiños". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de marzo de 1989. p. 54.