Jorge Parra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parra
Información persoal
Nome Jorge Parra Fernández
Nacemento c. 1892
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 4 de xaneiro de 1940
Lugar de falecemento A Coruña
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1911–1914 Deportivo da Coruña
1914 Real Club Coruña
1914–1915 Deportivo Auténtico
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jorge Parra Fernández, nado na Coruña c. 1892 e finado na mesma cidade o 4 de xaneiro de 1940, foi un futbolista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou no Deportivo da Coruña poucos anos despois da fundación do club, e gañou con este o Concurso España en 1912, tras derrotar ao Vigo FC.[1] Deixou o club despois de que a directiva lles impedise aos futbolistas xogar contra o Real Club Coruña, pasando brevemente polo propio Coruña,[2] e formando parte logo do cadro de xogadores e da directiva do novo Deportivo Auténtico, a escisión creada polos futbolistas do Deportivo descontentos.[3]

Posteriormente arbitrou partidos de fútbol e foi presidente do Jubias FC.[4][5] Durante a guerra civil foi sometido polas autoridades franquistas a un consello de guerra, acusado de rebelión, e condenado a cadea perpetua.[6] Faleceu o 4 de xaneiro de 1940, aos 47 anos de idade.[7]

Familia[editar | editar a fonte]

Casou con Leonor Campos e tiveron tres fillos: Francisco, Manuel e Arturo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copa España de la Federación Española de Clubs de football" (PDF). Vida Sportiva (en castelán) (17). 15 de setembro de 1912. p. 5. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  2. "Notas de sport". El Eco de Galicia (en castelán) (2535). 31 de agosto de 1914. p. 2. Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  3. "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de outubro de 2014. p. 3. 
  4. "El Jubias FC". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de febreiro de 1928. p. 5. 
  5. "Directiva del club de foo-ball Jubias F.C.". El Pueblo Gallego (en castelán). 14 de febreiro de 1928. p. 11. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  6. "Varios Consejos de Guerra". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 1937. p. 3. 
  7. "Letras de luto". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 1940. p. 2. 
  8. "Necrolóxica". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 1940. p. 3.